Skip to Content

Taboleiro

Reclamacións ás cualificacións de ESO e BAC curso 21-22

Publicación da Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Modelos de reclamación:

  • Ante o Centro nos seguintes prazos:
    • Convocatoria ordinaria só para 2º BAC: 19 e 20 de maio de 2022.
    • Para ESO, 1º BAC e convocatoria extraordinaria de 2º BAC: 27 e 28 de xuño de 2022.
  • Ante a Xefatura Territorial no caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, poderá presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2021/2022

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato. Requisitos:

  • Ter finalizado o bacharelato no curso 2021/22
  • Ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75

Prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.
Enlace á convocatoria do 2022.

Obradoiro Prevención de adicións (I)

27/04/2022 08:45
27/04/2022 11:15

Primeira sesión do obradoiro sobre a prevención de adicións que se desenvolverá en dous días. Na data de hoxe realizarase no seguinte horario:

1º ESO ás 8:45

2º ESO ás 10:25

Lugar: IES Val do Asma

Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º ESO

Organiza: Departamento de Orientación

Probas de acceso aos ciclos de grao superior

28/04/2022 09:00
28/04/2022 18:30

Probas de acceso a ciclos de grao Superior:

9.00 Presentación
9.30 a 13.00 Parte común.
16:00 a 18:30 Parte específica.

Vacacións Semana Santa 2022

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 11 ata o luns 18 de abril de 2022, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Asamblea Xeral ANPA

Convócase as familias do alumnado a unha Asemblea Xeral que terá lugar o venres, día 8 de abril, ás 17:00h. no IES Val do Asma e na que se tratarán os seguintes asuntos:
1º.-Lectura e aprobación da acta de votación e presentación/constitución da Xunta Directiva
2º.-Inscrición de socios/ as e establecemento de cotas, conta bancaria e prazos
3º.-Opción de crear un grupo de difusión para informar a través das redes sociais.
4º.-Explicación da situación actual no referente ao instituto e debate sobre as futuras accións a levar a cabo.
5º.- Rogos e preguntas

Acceso á convocatoria.

Obradoiro Prevención de adicións (II)

08/04/2022 10:25
08/04/2022 13:25

Obradoiro sobre a prevención de adicións para alumnado de 3º e 4º ESO e FP Básica que se desenvolverá en dúas sesións:

  • FP Básica (xoves 7 ás 12:35 e venres 8 ás 10:25)
  • 3º ESO e PMAR (xoves 7 ás 11:45 e venres 8 ás 11:45)
  • 4º ESO (xoves 7 ás 10:25 e venres 8 ás 12:35)

Organiza: Departamento de orientación

 

 

 

Obradoiro Prevención de adicións (I)

07/04/2022 10:25
07/04/2022 13:25

Obradoiro sobre a prevención de adicións para alumnado de 3º e 4º ESO e FP Básica que se desenvolverá en dúas sesións:

  • FP Básica (xoves 7 ás 12:35 e venres 8 ás 10:25)
  • 3º ESO e PMAR (xoves 7 ás 11:45 e venres 8 ás 11:45)
  • 4º ESO (xoves 7 ás 10:25 e venres 8 ás 12:35)

Organiza: Departamento de Orientación

 

 

Día do Libro 2022 - Concurso de carteis

A Biblioteca do IES Val do Asma convoca un concurso de carteis para conmemorar o Día do Libro. Acceso ás bases.

Entrega notas 2ª avaliación 21-22

08/04/2022 13:30
08/04/2022 13:30

A entrega de boletíns de notas, prevista para o venres 8 de abril de 2022, terá lugar:

  • ás 14:00h a través de abalar no caso dos ciclos superiores
  • ás 13:30h, en papel, na aula de referencia, por parte dos titores/as no caso da FPB, ciclos medios e ESO e Bacharelato.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut