Premios extraordinarios de bacharelato
Obxectivo:
-
A finalidade destes premios é a de recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Para dar cumprimento a tal fin créase a proba dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (proba PEB).
Destinatarios:
- Alumnado que rematase os seus estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha determinada cualificación media.
Características:
-
O procedemento de solicitude para optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
-
Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba PEB.
-
Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato.
-
-
Os alumnos e alumnas que obtivesen un Premio extraordinario de bacharelato:
- Recibirán un premio en metálico.
- Exención de pago de matrícula no primeiro curso da Universidade.
- Optarán aos Premios Nacionais de Bacharelato.
Convocatoria 2026:
-
A proba PEB terá lugar o 16 de xuño de 2026. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
-
O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 2 ao 8 de xuño de 2026, ambos inclusive.
-
A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.
-
Instrucións para os centros educativos: Matrícula na proba PEB
-
Resolución do 1 de xuño de 2026: Composición do tribunal (DOG)
-
Cualificacións provisionais da proba PEB (orde por etiqueta ALU)(actualización)
-
Cualificacións provisionais da proba PEB (orde descendente por cualificación total) (actualización)
- Anexo III para reclamar as cualificacións provisionais
- Cualificacións definitivas da proba PEB (orde por etiqueta ALU)
- Cualificacións definitivas da proba PEB (orde descendente por cualificación total)
- Anexo IV (Solicitude)
- Listaxe provisional de solicitudes da subvención do premio admitidas por orde alfabética
- Listaxe provisional de solicitudes da subvención do premio admitidas por orde de cualificación total
- Listaxe provisional de solicitudes da subvención do premio excluídas