A través da campaña "Cultivando a autoestima", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma pretendemos fomentar a reflexión crítica da mocidade fronte á cantidade de imaxes e mensaxes que recibe sobre os modelos de beleza e patróns estéticos, que dalgún modo invisibilizan a realidade. Acceso ao material.
Listado de proxectos admitidos para a participación do IES Val do ASma, no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018: 14.Proxecto Terra 32.Quérote + 37.Proxecto didáctico Antonio Fraguas
O PLAN PROXECTA é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Para máis información preme AQUÍ