Skip to Content

Plan Proxecta

LINGUAXE PUBLICITARIA - CONSUMÓPOLIS

22/05/2019 10:25
22/05/2019 11:15

Alumnado de ESO participará nunha charla sobre Linguaxe Publicitaria impartida pola Escola Galega de Consumo dentro do Programa Cores (Plan Proxecta - Consumópolis).
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 1º e 2º ESO
Organiza: Departamento de Historia.

FROITA NA ESCOLA 2019

21/05/2019 11:15
21/05/2019 11:45

Dende o luns 6 de maio de 2019 e durante 10 días lectivos consecutivos, distribuirase froita (amorodo, cereixa, froitos vermellos- arándano, nectarina e plátano) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Destinatarios: Alumnado de ESO.

FERROL - FRAGAS DO EUME

09/04/2019 08:30
10/04/2019 19:00

Visita organizada dentro do Proxecto Terra
Programa da actividade.


Lugar: Ferrol e Fragas do Eume
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Para ver máis fotografías da visita preme na imaxe.

PLAN PROXECTA 2018-2019

Listado de proxectos admitidos para a participación do IES Val do Asma dentro do Plan Proxecta durante o curso 2018/2019:
13. Proxecto Terra
18. Consumópolis
28. Correspondentes xuvenís 3.0

DESIGUALDADE DE XÉNERO: CAUSAS E CONSECUENCIAS

30/05/2018 09:33
30/05/2018 13:25

Celebración de charlas-coloquio sobre o sexismo. Esta actividade vencéllase ao Plan Proxecta e ao Proxecto interdisciplinar no que participan distintos departamentos do centro: Plástica e Visual, Orientación, Filosofía, Francés, Inglés, Lingau Castelá, Lingua Galega, Latín, FOL, DACE, Administración, Xeografía e Historia, Música e Educación Física. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Salón de actos

Grupos Horario
1º ESO 09:35 a 11:15
2º ESO 11:45 a 13:25

Organiza e coordina: Equipo da Biblioteca.

DESIGUALDADE DE XÉNERO: CAUSAS E CONSECUENCIAS

28/05/2018 09:35
28/05/2018 16:45

Celebración de charlas-coloquio sobre o sexismo. Esta actividade vencéllase ao Plan Proxecta e ao Proxecto interdisciplinar no que participan distintos departamentos do centro: Plástica e Visual, Orientación, Filosofía, Francés, Inglés, Lingau Castelá, Lingua Galega, Latín, FOL, DACE, Administración, Xeografía e Historia, Música e Educación Física.

Lugar: Salón de actos

Grupos Horario
CM e CS  09:35 a 11:15
3º e 4º ESO 11:45 a 13:25
1º BAC e CB 15:05 a 16:45

Organiza e coordina: Equipo da Biblioteca.

SAÍDA FOTOGRÁFICA POLA VILA DE CHANTADA - PROXECTO TERRA

24/05/2018 11:45
24/05/2018 13:25

Os alumnos buscarán a localización de diversos puntos espallados pola vila nos que se pode apreciar a evolución arquitectónica de diversas tipoloxías constructivas, unha vez tomadas as fotografías continuaran o traballo na aula  facendo unha análise pormenorizada dos elementos que se aprecian nelas. Actividade enmarcada dentro do Proxecto Terra.

Lugar: Chantada
Grupos:  1º BAC.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL-QUÉROTE+

26/04/2018 12:35
26/04/2018 14:15

Charla impartida dentro do proxecto QUÉROTE+

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO
Organiza: Departamento de Orientación.

 

SAÍDA AO COUREL E CANÓNS DO SIL - PROXECTO TERRA

12/04/2018 08:45
13/04/2018 19:00

Alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC visitará os museos Xeolóxico e Etnográfico de Quiroga, mirador de Campodola e percorrido en catamarán polos Canóns do Sil, entre outros. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Terra. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugares: Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.
Grupos: Alumnado de 2º e 3º ESO e de 1º BAC
Organiza: Departamentos de Bioloxía e Xeografía e Historia.

INTERNET SEGURA - QUÉROTE+

Coa campaña Día Internacional da Internet Segura "Crea, conecta e comparte con respecto: Unha internet mellor comeza contigo", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma, pretendemos promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialemente entre a mocidade. Acceso ao material.

Distribuir contido


by Dr. Radut