Skip to Content

INICIO CURSO ESCOLAR 2018-2019

As presentacións terán lugar o Luns 17 de Setembro* de 2018 no seguinte horario:
10:00 horas    2º, 3º e 4º da ESO e PMAR
11:00 horas    1º e 2º de BACHARELATO
11:30 horas    1º ESO
12:30 horas    1º e 2º de FP Básica
13:00 horas    CM Electromecánica vehículos e CS Administración e finanzas (réxime ordinario)
13:30 horas    Ciclos formativos modalidade DUAL


* NOTA: O luns 17 non haberá servizo de transporte nen de comedor escolar.

As clases iniciaranse o Martes 18 de Setembro de 2018 ás 8:45 horas.

O IES Val do Asma deséxavos un bo curso académico 2018/2019 a toda a Comunidade Educativa.

ENTREGA NOTAS SETEMBRO CS modalidade DUAL

13/09/2018 10:00
13/09/2018 10:30

Os boletíns das notas finais de setembro, do alumnado dos 3 Ciclos Superiores na modalidade de DUAL, serán entregadas polo titor ou titora ao grupo correspondente na súa aula de referencia o xoves 13 de setembro ás 10:00h.

ENTREGA NOTAS SETEMBRO 2018 - ESO, 1º BAC E 1º CB

06/09/2018 10:00
06/09/2018 11:00

Os boletíns das notas finais de setembro, do alumnado de ESO, 1º BAC e 1º curso de FP básica, serán entregadas polo titor ou titora ao grupo correspondente na súa aula de referencia o xoves 6 de setembro ás 10:00h.

ENTREGA NOTAS SETEMBRO 2018 - 2º BAC

04/09/2018 19:00
04/09/2018 19:30

Os boletíns das notas finais de setembro, do alumnado de 2º BAC, serán entregadas o martes 4 de setembro ás 19:00h

IMPORTANTE: MODIFICACIÓNS EXAMES SETEMBRO

IMPORTANTE!! Cambios nas probas de setembro:

O exame de Relixión de 2º de Bacharelato será o día 4 de setembro de 10:15 a 11:45 da mañá na aula de 2º de Bacharelato.

A proba de Xeografía e Historia de 2º da ESO é o día 3 de setembro de 11:45 a 13:15 no Salón de Actos.

 

PRIMEIRA ADXUDICACIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

Saiu a primeira adxudicación para ciclos formativos de grao medio e grao superior, para acceder premede no seguinte enlace:

1ª ADXUDICACIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Unva vez admitidos/as tedes ata o día 24 de Xullo para formalizar a matrícula no centro adxudicado.

Os que acadastes praza no IES Val do Asma tedes que traer:

-Sobre de matrícula cuberto.

-2 fotos co nome e apelidos escrito por detras.

-Seguro escolar pagado (menores de 28 anos).

-Fotocopia de DNI*

-Fotocopia do libro de familia pola páxina onde aparecedes vos.*

*Os que non estivestes  matrículados o ano pasado.

Para calquera dúbida podedes chamar ao IES ou pasarvos polo centro.

 

 

AMPLIACÍON DO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS CICLOS DA FP DUAL

IMPORTANTE!. Amplíase o prazo para solicitar praza en calquera dos tres ciclos da FP Dual (Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, Aplicacións web e Administración e Finanzas). O prazo remata ata o momento que queden cubertas as prazas ou ata o inicio do curso escolar.

Para realizar a solicitude e/ou informarse podedes pasar polo IES.

EXAMES DE SETEMBRO 2018

Os exames de setembro realizaránse os días 3 (luns) e 4 (martes) na ESO, Bacharelato e Ciclo Básico e dende o día 3 ata o 7 de Setembro nos ciclos de FP Dual.

Calendarios de exames:

ESO e BACHARELATO E CICLO BÁSICO

FP DUAL:

  • CS Axencias de viaxes e xestión de eventos: Recursos Turísticos día 6 as 12.00

ENTREGA DE NOTAS:

2º BACHARELATO: MARTES 4 DE SETEMBRO ÁS 19:00 h

ESO, CICLO BÁSICO E 1º BACHARELATO: XOVES 6 DE SETEMBRO ÁS 10:00 h

FP DUAL: XOVES 13 ÁS 10:00 h

ADMISIÓN FP DUAL 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar as instrucións da convocatoria de xuño de admisión a ciclos formativos de formación profesional DUAL 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
Para máis información consultar aquí.

ADMISIÓN CICLOS 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude cubrirase a través de internet nos seguintes enlaces: Ciclos Medios e Ciclos Superiores.
A instancia que xera a aplicación informática débese imprimir e presentar, xunto coa documentación requerida, en calquera centro público de Galicia con oferta de formación profesional.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.

Para máis información consultar aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut