Skip to Content

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Con data 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2018/2019.

Solicitude en papel e electrónica.

Prazo de presentación único: do 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018

Recórdase que ao rematar o curso 2017/18, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para mais información preme aquí.



story | by Dr. Radut