Bolsas e axudas

BOLSAS DE ESTUDOS 2018-2019 BAC E FP

01/10/2018 13:00
Europe/Madrid

Último día para a solicitude das bolsas de estudos 2018-19 para BAC e FP. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

BOLSAS DE ESTUDOS 2018-2019 BAC E FP

prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 1 de outubro de 2018. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

FIN PRAZO FONDO LIBROS

22/06/2018 09:30
22/06/2018 14:00
Europe/Madrid

Último día do prazo de presentación único (22 de maio ata o 22 de xuño de 2018) para solicitar as axudas do FondoLibros. Para máis información preme aquí.

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Con data 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2018/2019.

Solicitude en papel e electrónica.

Prazo de presentación único: do 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018

Recórdase que ao rematar o curso 2017/18, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para mais información preme aquí.

BOLSAS DE ESTUDOS 2017-2018 BAC E FP

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 3 de outubro de 2017. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

FIN PRAZO FONDO LIBROS ESO

23/06/2017 09:30
23/06/2017 14:00
Europe/Madrid

Para máis información preme aquí.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESO 2017-2018

Con data 22 de maio de 2017 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2016/2017.

Solicitude: ED330B
Prazo de presentación único: do 23 de maio ata 23 de xuño de 2017.

Recórdase que ao rematar o curso 2016/17, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para mais información preme aquí.

BOLSAS DE ESTUDOS 2016-2017 BAC E FP

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 3 de outubro de 2016. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

AXUDAS LIBROS, AXUDAS MATERIAL E FONDOLIBROS ESO 2016-2017

Con data 16 de maio saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2015/2016.

Os representantes do alumnado de ESO, que como en cursos anteriores cumpra determinados requisitos, presentará unha única (NOVIDADE!!!) solicitude, Anexo I (ED330B), para a axuda de material (1º, 2º, 3º e 4º ESO), a axuda de libros (2º e 4º ESO) e para participar no fondo de libros (1º e 3º ESO). Tamén a solicitude será única para todos os fillos e fillas (NOVIDADE!!!) e, de ser o caso, tutelados/as, que estean admitidos no IES Val do Asma para o curso 2016/17

O prazo de presentación único (NOVIDADE!!!) destas solicitudes iníciase o 18 de maio de 2016 e ramata o 23 de xuño de 2016.

Recórdase que ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

ACTIVIDADES EN INGLÉS NO VERÁN PARA ALUMNADO DE ESO E BAC

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Prazo de presentación de solicitudes: 30/04/2015 - 01/06/2015.

Enlace ó modelo de solicitude.

Distribuir contido