Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Venres Maio 19, 2023
Comezo:19/05/2023 18:30
Fin:19/05/2023 20:00

Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)

Mércores Maio 24, 2023
Comezo:24/05/2023 08:45
Fin:24/05/2023 18:30

Ruta polo Concello de Lourenzá sobre Francisco Fdez. del Riego, autor ao que se dedica o Día das Letras galegas 2023 e visita á vila de Mondoñedo e á casa de Álvaro Cunqueiro tamén en  Mondoñedo.

Desinatarios/as: Alumnado de 4º ESO e 1º BAC.
Lugar: Mariña Lucense
Organiza:Departamento de Galego.

Xoves Maio 25, 2023

Data de celebración das probas de acceso a CM. Acceso á toda a información.

Xoves Xuño 01, 2023
Comezo:01/06/2023 13:25
Fin:01/06/2023 14:15

Charla do xornalista e sociólogo Carlos A. Rodríguez Calvo, que desenvolveu a sua traxectoria periodística en Atlántico Diario, La Región, RCE Ourense, RNE, Radio Galega, entre outros.

Destinatarios/as: Alumnado 3º ESO
Lugar: IES Val do Asma
Organiza: Departamento de Música

Distribuir contido


by Dr. Radut