Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Martes Abril 11, 2023

Para máis información preme aquí.

Mércores Abril 12, 2023
Comezo:12/04/2023 11:15
Fin:12/04/2023 13:25

O alumnado de 4º ESO asistirá dende o 12 de abril acompañado da súa profesora de Educación Física, á piscina municipal de Chantada para practicar natación. O horario da actividade desenvolverase entre as 11:15 e as 13:25 horas todos os mércores ata final de curso.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Piscina Municipal de Chantada.
Organiza: Departamento de Educación Física.

Luns Abril 17, 2023
Comezo:17/04/2023 15:15
Fin:17/04/2023 16:45

A vicepresidenta 1ª da Real Sociedad Matemática Española, e catedrática da USC, Victoria Otero Espinar, visitará o IES Val do Asma para felicitar en persoa ao alumnado de 4ºESO, premiado no concurso MaThyssen 22/23 co vídeo Hopper el vacío na Modalidade C (Secundaria). Para ler a nova sobre o premio preme aquí.

Mércores Abril 19, 2023
Comezo:19/04/2023 17:00
Fin:19/04/2023 18:30

O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Chantad, está a organizar un obradoiro "Educacion Emocional e Sexual na Familia" que impartirán dende o Centro Quérote + de Lugo. Este obradoiro que está dirixido a nais, pais, avós, avoas, tíos/as, educadores/as, etc., terá lugar o mércores, 19 de abril de 17:00 a 18:30 no Telecentro. Poderán ir acompañados/as das crianzas, xa que facilitarán un espazo de conciliación da man de Velaisca noutra aula do Telecentro.
Para participar as familias teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a este enderezo (educacionfamiliar@concellodechantada.org), indicando nome completo e teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Xoves Abril 20, 2023

Data de celebración das probas de acceso a CS. Acceso á toda a información.

Luns Abril 24, 2023
Comezo:24/04/2023 12:35
Fin:24/04/2023 14:15

Con esta proposta achegamos contidos da xestión emocional ao alumnado do IES Val do Asma. No obradoiro daranse  pautas claras para xestionar as emocións e escoitaranse as súas necesidades.
Mediante  tarefas de reflexión guiada buscarase  co alumnado amose unha capacidade superior de entendemento emocional propio e alleo, o que suporá un desenvolvemento da súa intelixencia emocional e as súas habilidades comunicativas.

Relatoras: Verónica Ledo e Natalia González, fundadoras da cooperativa  de formación ecosocial Educalecrín.
Dirixido a: Alumnado de 1º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Mércores Abril 26, 2023
Comezo:26/04/2023 20:00
Fin:26/04/2023 21:00

Nova reunión do presidende de APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, co alumnado do CB Mantemento de vehículos e o profesorado que participará nas mobilidades de Italia do mes de maio.

Dirixido a: Alumnado de CB de automoción.
Lugar: En liña
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración de APAGA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut