Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Mércores Marzo 29, 2023
Comezo:29/03/2023 08:45
Fin:29/03/2023 15:30

O alumnado, de 3º ESO, participante no Carballo Interplay, acompañado do profesor de Plástica, Iván Capón, acudirá a este festival a presentar a súa curtametraxe Flipped Classroom que está entre as finalistas da sección do concurso Dinoescolas.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO.
Lugar: Carballo (A Coruña).
Organiza: Departamento de Plástica.

Xoves Marzo 30, 2023
Comezo:30/03/2023 12:35
Fin:30/03/2023 14:15

A xornada, que inicialmente se ía desenvolver o 24 de febreiro, constará de dous eixos fundamentais, un sobre a elaboración do planisferio e o outro acerca da contaminación lumínica e será impartida polo divulgador científico Martín Pawley.

Dirixido a: Alumnado de 1º ESO.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Bioloxía.

Martes Abril 11, 2023

Para máis información preme aquí.

Mércores Abril 12, 2023
Comezo:12/04/2023 11:15
Fin:12/04/2023 13:25

O alumnado de 4º ESO asistirá dende o 12 de abril acompañado da súa profesora de Educación Física, á piscina municipal de Chantada para practicar natación. O horario da actividade desenvolverase entre as 11:15 e as 13:25 horas todos os mércores ata final de curso.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Piscina Municipal de Chantada.
Organiza: Departamento de Educación Física.

Distribuir contido


by Dr. Radut