Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Comezo:27/03/2023 11:45
Fin:27/03/2023 12:35
O alumnado de 4º ESO que cursa a materia de plástica asistirá a unha charla en liña imprartida polo CGAC. O obxectivo de "Un achegamento á arte contemporánea. O CGAC e a súa colección" é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo. Dirixido a: Alumnado de Plástica de 4º BAC Para conmemorar o Día dos Autores Europeos o IES Val do Asma realizará unha das tres actividades propostas pola Comisión Europea: Sesións de lecturas nas escolas. O profesorado de 3 das 24 linguas oficiais da Unión Europea (Español, Francés e Inglés) xunto co alumnado de ESO e 1º BAC realizarán, dentro do seu horario lectivo, lecturas de textos de autores da UE que logo compartirán nas redes sociais co hashtag #ReadWithEurope! e das que enviarán imaxes e vídeos á entidade organizadora xunto cos demais centros educativos europeos participantes. |
