Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Luns Novembro 05, 2018
Comezo:05/11/2018 11:15
Fin:05/11/2018 11:45

Por mor das eleccións ao Consello Escolar, a Xunta Electoral reunirase para:

  • Facer públicas as convocatorias de eleccións dos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais, persoal de administración e servizos e alumnado
  • Facer públicos os censos provisionais dos sectores educativos citados.
  • Solicitar ao Concello de Chantada, a Asociación de Empresarios de Chantada e á AMPA do IES Val do Asma as designacións dos/as seus/súas representantes.
Comezo:05/11/2018 15:05
Fin:05/11/2018 16:45

O próximo día 5 de novembro o alumnado de 3º da ESO participará na primeira sesión dun obradoiro de educación afectivo emocional impartido pola Cruz Vermella.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 3º ESO

Organiza: Departamento de Orientación

Martes Novembro 06, 2018
Comezo:06/11/2018 09:35
Fin:06/11/2018 11:15

O día 6 de novembro o alumnado de 3º de ESO participará na segunda parte do obradoiro de educación afectivo emocional impartido pola Cruz Vermella.

Lugar: IES Val do Asma

Grupo: 3º ESO

Organiza: Departamento de Orientación

Venres Novembro 09, 2018
Comezo:09/11/2018 11:45
Fin:09/11/2018 14:15

Como xa é tradición no IES Val do Asma, o vindeiro venres 9 de novembro celebrarase un magosto para toda a comunidade educativa.

Despois do recreo haberá xogos para o alumnado da ESO e 1º de BACH, e durante a última hora da mañá poderemos degustar castañas, e outros manxares, que nos preparará o alumnado e profesorado de Automoción.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: ESO, BACH, Ciclos Formativos

Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e Departamento de Automoción

 Podes ver imaxes do día no seguinte vídeo.

 

Luns Novembro 12, 2018
Comezo:12/11/2018 11:15
Fin:12/11/2018 11:45

O vindeiro luns 12 de novembro o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participará nunha charla impartida polo Centro Superior de Hostalería de Galicia, explicaranse as distintas titulacións que ofrecen e as posibles saídas profesionais das mesmas.

É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa, polo que poderán achegarse todas aquelas persoas que poidan estar interesadas.

Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma

Grupo: CS Administración e Finanzas

Organiza: Departamento de Administración e Departamento de Orientación

Mércores Novembro 14, 2018
Comezo:14/11/2018 08:45
Fin:14/11/2018 13:00

Prazo de admisión de candidaturas dende o luns 5 ata o mércores 14 de novembro de 2018 ás 13:00 horas. As persoas interesadas deberán pasar pola secretaría do IES Val do Asma para rexistar a súa candidatura.

Xoves Novembro 15, 2018
Comezo:15/11/2018 09:00
Fin:15/11/2018 16:30

O día 15 de novembro o alumnado de 3º de ESO asistirá a dous Obradoiros, un sobre Linguaxe Publicitaria e Publicidade Ilícita, e outro sobre Consumo Responsable no Supermercado, terán lugar na Escola Galega de Consumo.

O alumnado de Turismo realizará unha ruta turística por Santiago de Compostela.

Lugar: Santiago de Compostela

Grupo:3º ESO e CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

Participa: Departamento de Turismo

Preme nas fotos para ver máis imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut