Skip to Content

Destacado:

Unha illa no medio do mar

Xa temos nova creación audiovisual do noso alumnado de 2º bacharelato de Artes. O video foi premiado en varios certames e festivais: Senda Litoral, Festival de Cádiz etc. Parabéns a todas as persoas que participáchedes neste video, especialmente ao profesor Álex Mene e ao alumno Alberto Montull. No instituto estamos moi orgullosas deste traballo que ten unha calidade excepcional.

Esperamos que o disfrutedes moito. Tamén o podedes ver directamnete en youtube, pincha aquí.

Probas ABAU 2021-22

Convocatoria de matricula ABAU 2022

anexo I (Lerds)
anexo II (Comisións Delegadas)

Instrucións Bacharelato

Impreso matrícula Bacharelato

Impreso taxas

Horario probas.

MATRÍCULA ORDINARIA
PRAZO E PROCEDEMENTO

A prematrícula debe ser realizada polo alumnado nos centros correspondentes de Educación
Secundaria do 19 ao 23 de maio Esta prematrícula farase a través da aplicación Nerta
(
https://www.edu.xunta.es/nerta/).
Coa prematrícula xérase unha conta de usuario en Nerta e cada estudante recibe os datos de
acceso no seu correo electrónico. Con estes datos, e despois de activar a conta, o alumnado
pode acceder a Nerta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha
tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade
de enviar xustificante.

Se decide realizar o pagamento a través de ABANCA, debe imprimir o impreso de liquidación.
Unha vez aboados os prezos deberase entregar copia do xustificante de ingreso no centro
correspondente para que reflicta a realización do pagamento en Nerta.

Calendario fin de curso para 2º Bacharelato

Publicamos o calendario de fin de curso para 2ºBacharelato tanto para a convocatoria ordinaria como a extraordinaria: probas finais, reclamacións, probas ABBAU etc. Calquera dúbida que teñades podemos aclarala estes días.

 

Calendario 3º trimestre dos clubs

Publicamos o calendario deste trimestre para os clubs dos mediodías dos luns. Como sabedes, non todos os luns hai actividade de todos os clubs, teredes que prestar atención ao calendario para saber cando ten sesión cada club.

2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Bo día!

Dende o Departamento de Orientación queremos facervos chegar unha proposta de actividade para toda a comunidade educativa a desenvolver ao longo desta semana con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril.

Como veredes, o lema deste ano é "Unha feliz viaxe pola vida" e preténdese reflexionar sobre que nos fai felices, ben a través dun debuxo ben a través dunha redacción.

Vacacións Semana Santa

08/04/2022 14:15
18/04/2022 23:59

Presentación das liñas de investigación do StemBach

Onte, presentáronse as distintas liñas de investigación que están a desenvolver os equipos do StemBach do noso centro. Entre o público, as titoras e titores, tando da universidade como do centro, ademais do alumnado. Expuxeron os avances nas investigacións así como o proceso de formación tanto práctica, visitas a laboratorios e talleres, como teórica, búsqueda de información e presentación, exposición oral etc

A final de curso repetiremos a experiencia, invitando, a maiores, ás familias e ao profesorado do alumnado. Esperamos que sexa un éxtio como o de onte.

A continuación podes clicar na foto e ver o album completo.

Álbum: Curso 2021/22 -> StemBach

Galería de Fotos

Pouco a pouco imos avanzando na posta en marcha da nosa nova páxina web. Queremos compartir con toda a comunidade educativa todas as actividades que se van desenvolvendo no curso. Agora, ademais das nosas redes sociais, podedes visitar a Galería de Fotos desta web, veredes que xa hai moito material e estaremos actualizando continuamente con todas as actividades complementarias e extraescolares que vaimos levando a cabo. Esperamos que disfrutedes vendo este material gráfico!

Novo calendario de exames

Publicamos nesta nova web o calendario de exames para todos os cursos. Polo de agora estará publicado nesta páxina principal e sempre estará no apartado de Alumnado.

Lembrade que os responsables deste calendario son as persoas delegadas de cada curso polo que pode estar incompleto ou ter algún erro. É bo que se contraste esta información.

Distribuir contido


by Dr. Radut