Skip to Content

Orientación

Termo principal do espazo "Orientación"

Benvid@s ao departamento de ORIENTACIÓN

Logotipo simbólico do Departamento de Orientación

 [Preme sobre a imaxe para acceder ao blog do Departamento de Orientación]

 

Accede á información do departamento nas seguintes ligazóns:


 

Aberto o prazo solicitude de AXUDAS para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Abrese prazo para a solicitude das axudas de alumnado NEAE  para o curso escolar 2024/25 ao Ministerio de Educación

      Prazo de presentación: dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024

Lembrade que estas bolsas son incompatibles cas Bolsa xeral para estudos postobrigatorios

Reclamación notas ABAU

Podedes visitar o seguinte enlace se necesitades información sobre as reclamacións das notas da ABAU.

 

2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Bo día!

Dende o Departamento de Orientación queremos facervos chegar unha proposta de actividade para toda a comunidade educativa a desenvolver ao longo desta semana con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril.

Como veredes, o lema deste ano é "Unha feliz viaxe pola vida" e preténdese reflexionar sobre que nos fai felices, ben a través dun debuxo ben a través dunha redacción.

Probas de acceso a ciclos formativos 2022

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2022.

«Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022»

Bolsas Ministerio 22-23: amplíase o prazo ata o 16 de maio!!

cerdito encima de libros coas letras Bolsas de estudo Este ano hai cambios importantes en canto ás bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP. O prazo para as solicitudes destas axudas adiántase uns meses do habitual, comezando o 30 de marzo, e ata o 16 de maio.

 Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.
 Requisitos e contías para o acceso á Universidade.
 

Deixámosvos un enlace á páxina web dende onde é preciso darse de alta para comezar coa solicitude. Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut