Skip to Content

Xeral

Documentos xerais

Información IMPORTANTE para o alumnado que remata o 2º de Bacharelato

Información importante para o alumnado que remata 2º de Bacharelato sobre o pago das taxas para a expedición do título e a matriculación nas probas ABAU.

Aberto o prazo solicitude de AXUDAS para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Abrese prazo para a solicitude das axudas de alumnado NEAE  para o curso escolar 2024/25 ao Ministerio de Educación

      Prazo de presentación: dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024

Lembrade que estas bolsas son incompatibles cas Bolsa xeral para estudos postobrigatorios

AXUDASLE 2024 Listaxe provisional admitid@s

Informamos de que foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado de bacharelato seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación para o programa de estadías no estranxeiro Axudasle.

 Información completa na páxina de AXUDASLE Ou desprega aquí mesmo a información.

Axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de Bacharelato.

O alumnado interesado en solicitalas pode dirixirse ás súas profesoras de inglés e/ou ao equipo directivo se precisa axuda para a solicitude.

Ligazón á orde:

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Información sobre a viaxe de 4ºESO 23/24

Neste apartado "Familias" da nosa web iremos publicando as circulares con información sobre a viaxe de 4ºESO e a documentación necesaria en cada momento.

A Circular 2 pode entregarse presencialmente en papel no centro ou enviala por correo á dirección: vicedireccion.ies.valadares@edu.xunta.gal antes do 20 de outubro.

Deixamos aquí os pdf para que leades as condicións da viaxe e descarguedes a Circular 2 que hai que entregar cuberta. Mañá tamén entregaremos ao alumnado que veña ao centro esta documentación en papel.

Distribuir contido


by Dr. Radut