Tecnoloxía

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO TECNOLOXÍA

O profesorado do Departamento para o presente curso académico esta formado por:
  • Silvia Rodríguez Arguibay.(Xef. departamento).
  • Mª Carmen Boado Aguinaga.
  • Raimundo Leirós Figueiras.
  • Fátima SIlva Cabral.
  • Miryam Fernández Suárez.

IV COMPETICIÓN DE ROBOTS

 

O pasado venres 4 de Maio de 2018, 20 dos nosos alumnos de 1º e 2º da ESO participaron na IV Competición de Robótica da Escola de Enxeñeiros Industriais deVigo.

Dun total de 47 equipos na categoría Wall-E (1º e 2º ESO), os catro equipos do IES Valadares acadaron todos eles os primeiros e segundos postos dos seus grupos na primeira rolda de clasificación, pasando así á final.

Xa na final e despois de dúas emocionantes probas de segueliñas con obstáculos e sumo, o noso equipo TecnoVal2 obtivo un merecido primeiro posto .

Os outros 3 equipos tamén quedaron en posicións mois destacadas ocupando postos entre os cinco primeiros da clasificación total.

Foi unha boa recompensa para estes rapaces e rapazas que dende xaneiro traballaron duro e con moita ilusión na montaxe e programación dos robots, adicándolle aparte do tempo da clase, moito dos seus recreos así como algunha que outra tarde.

 

Enlaces: FOTOS DO EVENTO.

 UVIGO ATLÁNTICO,

 

XORNADA DE COLABORACIÓN CON CEIP CANICOUVA

O pasado 26 de abril de 2018 alumnos de 3º ESO do IES Valadares convertíronse en profes dos rapaces e rapazas de 4º de Primaria do Ceip Canicouva de Vigo.

 

Poñendo en práctica o aprendido nas clases de Tecnoloxía, foron quen de axudar a estes pequenos na montaxe duns orixinais vehículos a motor inspirados nos debuxos animados dos “Autos Locos”.

 

Houbo que traballar duro para conseguir adaptar o circuito do motor as distintas carrocerías deseñadas polos rapaciños da Canicouva, pero o resultado final foi un éxito, pois case todos quedaron funcionando e listos para a “Gran Carreira”.

Sen dúbida foi unha bonita e gratificante xornada.

 

 

COMPETICIÓN DE ROBÓTICA

O pasado venres 28 de Abril, alumnado de 1º ESO do IES Valadares participou na III edición da Competición de Robótica organizada pola Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo. Nesta edición participaron un total de 155 equipos das catro provincias galegas.

Un dos  nosos equipos, "Valadares 3",  foi clasificado no seu tapiz para a final, tras acadar o mellor resultado na proba do Barrendeiro, quedando entre os 12 primeiros na rolda clasificatoria. Tras prepararse para competir nunha reñidísima final, acadaron  o 8º posto.

Todolos equipos de do IES Valadares tiveron unha excelente participación.

Parabéns ao alumnado polo traballo realizado !

Podes ollar as fotografías do evento premendo na imaxe inferior.

Podes tamen ollar algúns videos deste evento debaixo.

 

Video Infografía: Tecnoloxia dos 80 vs tecnoloxia actual

No seguinte video vense os avances tecnolóxicos nos últimos 30 anos. Á maior parte do noso alumnado non lle soarán nada moitas delas, e incluso outras lle sorprenderán. Nembargantes, a conclusión que un pode extraer do video é que vista a rapidez da evolución tecnolóxica, os seguintes 30 anos serán cando menos sorprendentes.

Distribuir contido