Skip to Content

Instalacións

Organización dos espazos e recursos.

Organízanse os espazos en función das características das actividades e das necesidades do alumnado, de forma que faciliten a realización de tarefas deseñadas segundo os principios do DUA. Así as aulas de 1º e 2º son de grupo e están no corredor da planta baixa. Deste xeito propíciase unha continuidade con primaria, favorecendo que o alumnado destes niveis se sinta mais cómodo e seguro ao ter un espazo propio. Na planta alta están as aulas de materia (matemáticas, francés, inglés, física…) para 3º e 4º ESO. No corredor do soto están as aulas de Bacharelato. Desta forma o alumnado está repartido por idades dando pé a unha mellor convivencia.

Para as materias integradas, os proxectos interdisciplinares, clubs ... hai espazos comúns que permiten unir grupos, dividir en equipos ou traballar con varios profesores ou materias simultaneamente. O centro conta cunha entrada ampla e luminosa  que se emprega coas seguintes funcións: catro recunchos de lectura-xogos-faladoiros con sofás, sillóns e mesiñas.

Dúas fotos de espazos comúns no IES Valadares

No espazo exterior: Dúas canchas polideportivas, un xardín con 7 mesas e bancos de madeira onde se reúnen grandes grupos de alumnado e, ás veces, son utilizadas polos docentes para dar as súas clases no medio da natureza. Un patio semicuberto con croma e mesas multitareas.

Biblioteca inclusiva: PLAMBE dende o curso 2016-2017. Programa LÍA-2 dende o 2018-2019. O deseño dos espazos da biblioteca pretende dar resposta ás diferentes necesidades, habilidades, motivacións e intereses do alumnado. Por iso divídese en catro espazos: Espazo para ler e escribir. Espazo para traballar e investigar. Espazo creativo. Espazo para falar e escoitar: laboratorio de radio (Onda Valadares).

Tamén é o espazo prioritario utilizado polo alumnado TEA nos recreos e nos días de grandes eventos e celebracións (magosto, entroido, fin de curso…). Abrímola para atender a este alumnado, e a calquera outro que, moitas veces, se sente perdido nestes días. Na biblioteca organízanse actividades especiais para estas xornadas: películas, obradoiros, xogos,...

Unha aula de informática con 18 ordenadores, canón e pantalla. Utilizada principalmente por alumnado de bacharelato xa que non disponen de ordenadores persoais.

Laboratorios de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía: bancos de traballo, ordenador do profesor/a e pizarra dixital, material específico.

Dous talleres de Tecnoloxía: robots, ordenadores, impresoras 3D, placas Arduino, material neumática....

Dúas Aulas de Plástica e debuxo con mesas de debuxo e material específico.

Taller de Artes para bacharelato con material específico, ordenador e pizarra dixital.

Todos os espazos, incluídas aulas, talleres, informática e laboratorios, teñen unha ocupación dinámica e flexible segundo as tarefas e proxectos que se están a desenvolver en cada momento. Calendarios semanais para a reserva de espazos, tanto en conserxería como en cada lugar, axudan á organización do centro e á planificación por parte de cada equipo de traballo.

Aula de Música

Ximnasio co chan de parqué, espaldeiras, redes para deportes, canastas e material deportivo.

Aula de Audovisuais con croma, iluminación, focos, cámara fotográfica e vídeo, ordenador, impresora...

Aula Magna multiusos, espazo polivalente: clases, charlas, obradoiros, xogos, deportes...Dúas pizarras dixitais, ordenadores profesorado e WIFI, escenario con tarima.

Sala de profesorado con mobiliario flexible, multiusos, para favorecer o traballo en equipo, o intercambio de experiencias e información.

Espazo de Traballo compartido entre alumnado e profesorado con distintas zonas para descanso, investigación, lectura, estudo, traballo persoal e de equipo, ordenadores...

Cafetaría

Aula de Pedagoxía Terapéutica, despachos de dirección e conserxería completan os espazos específicos do centro.

 Montaxe de fotos coas instalacións do centro

 

Montaxe de fotos das instalacións do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut