Skip to Content

2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Bo día!

Dende o Departamento de Orientación queremos facervos chegar unha proposta de actividade para toda a comunidade educativa a desenvolver ao longo desta semana con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril.

Como veredes, o lema deste ano é "Unha feliz viaxe pola vida" e preténdese reflexionar sobre que nos fai felices, ben a través dun debuxo ben a través dunha redacción.
Achegamos descrición da actividade completa en arquivo adxunto e unha plantilla para desenvolver ditos traballos. Animamos ás persoas titoras da ESO a desenvolvela nesas sesións, de ser posible, e ao resto do profesorado a colaborar coa mesma nas vosas materias. As familias tamén podedes participar dende casa enviando os traballos a través do alumnado ou do correo do centro. Esperamos que nolos fagades chegar para ser expostos no centro.

Tedes toda a información acerca desta conmemoración neste enlace.

Podedes descargar o documento para os vosos traballos aquí.

 



page | by Dr. Radut