PROXECTO TELEDMUS: VOCABULARIO MUSICAL

Os documentos que encontraredes a continuación forman parte do traballo desenrolado no proxecto de estudios TELEDMUS .

Este proxecto inclue un vocabulario musical sonoro que pode ser moi útil para entender determinados aspectos da linguaxe musical.

Para acceder a páxina  - PREME AQUÍ -

OLLO DE VIDRO: CERTAME AUDIOVISUAL 2ª EDICIÓN.

A fundación Érguete en colaboración ca Xunta de Galicia, a Diputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo ven de convocar a 2ª Edición do Certame Audiovisual “Ollo de Vidro”, no cal poden participar –de maneira individual ou colectiva- todos os mozos e mozas que se atopen na ESO ou nalgún programa de Garantía Social.

O tema a tratar é sobre a Emigración Galega e o Retorno, tendo que ser obras orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nalgún outro concurso. Os traballos poden ser tanto de gravación directa, animación ou ben montaxe fotográfica.

Para máis información sobre as bases, premios, prazo de presentación, etc preme na imaxe que se atopa máis abaixo.

 

 

FREE CHESS V1.2

Free Chess é un excelente xogo de xadrez gratuito que a pesares de que se atopa en inglés é moi intuitivo. Permite unha vista do taboeiro en 2D e en 3D, rotar o taboeiro, varios niveis de dificultade, etc.

Moi recomendable para aquelas persoas que lles guste o xadrez.

Podes baixar o programa premendo na seguinte imaxe.

 

 

ANTIVIRUS GRATUITO: AVAST 4 HOME EDITION

Avast! Home Edition é un dos mellores antivirus hoxe en día. Ademáis esta libre de cargo para usuarios DOMÉSTICOS con un uso NON-COMERCIAL.

Para utilizar a Home Edition (Edición Doméstica), debes rexistrala; nembargantes, despois de ter feito a instalación inicial, hai un periodo de 60 días para probar o producto antes de completar o rexistro. O proceso de rexistro é moi sinxelo, levarache só uns poucos minutos e darache direito a actualización do producto de maneira gratuita durante un ano. 

Para conseguir Avast preme na seguinte imaxe. Hai versións en multitude de idiomas.

BANCO DE IMAXES DO CNICE

O profesorado que queira facer unha páxina web ou un blog pode atopar material audiovisual na páxina do CNICE. 

O Banco de imaxes e sons é unha iniciativa do Ministerio de Educación e Ciencia, levada a cabo por medio do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa, e que ten coma obxectivo facilitar á Comunidade Educativa recursos audiovisuais que faciliten o desenrolo de contidos educativos.


O uso de ditos recursos é universal, gratuita e aberta sempre e cando se trate de uso educativo e non comercial, e polo tanto o uso das mesmas non pode xerar ningún tipo de lucro. É necesario tamén facer referencia a fonte da cal se obtivo dito material (CNICE).

Para acceder a ditos recursos preme na imaxe inferior.

 

PROGRAMA ORIENTA 2007-2008

Podes xa baixar o programa Orienta 2007-2008 premendo na imaxe que se atopa o final. Esta comprimido en formato RAR polo que hai que descomprimilo co WinRar. Se non tes o WinRar preme aqui para descargalo. Unha vez descomprimido podese instalar no ordenador ou copiar nun CD e executar dende o mesmo.

É un programa moi aconsellable para a orientación académica e profesional do alumnado, especialmente ó finalizar a Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

 

Distribuir contido