Tecnoloxías do Hidróxeno no I.E.S. Universidade laboral

Durante o curso 2010/2011 o Departamento de Enerxía e Auga do IES Universidade Laboral participou no Proxecto de Innovación H2G.
Trátase dun Proxecto de innovación tecnolóxica ao redor das tecnoloxías do vector enerxético que supón o hidróxeno. H2G O Hidróxeno como vector enerxético e as pilas de hidróxeno.


O Proxecto foi desenvolto en colaboración co CIFP Usurbil do País Vasco, co Centro de Investigación CIDETEC e coa empresa CEGASA.
Como Parte da difusión do Proxecto, celebrouse unha xornada de Tecnoloxías do Hidróxeno e a Pila de Hidróxeno no I.E.S. Universidade Laboral. A este evento asistiron profesionais do contorno da enxeñaría, profesorado e os estudantes de diversos  centros educativos así coma do propio IES.
Os relatores foron os participantes no Proxecto H2G, I.E.S. Universidade Laboral, IFPS Usurbil, la empresa CEGASA.
A xornada desenvolveuse en dúas partes, unha primeira no salón de actos, na que os participantes en el Proxecto expuxeron as actividades desenvolvidas durante o Proxecto, así coma os fundamentos técnicos relacionados co hidróxeno e a pila que emprega este combustible para producir electricidade.