ORIENTACIÓNS SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO E HÁBITOS ALTAMENTE EFICACES.
1. Autoavaliación.
Expresión dos coñecementos de xeito activo: explicamos a outras persoas o que aprendemos e permitimos que nos fagan preguntas ao respecto.
A autoavaliación é útil incluso cando apenas temos coñecementos sobre algo. Antes de aprender algo novo podemos preguntarnos e dicirnos o que sabemos sobre o tema. Esta reflexión axuda a incorporar os novos coñecementos e a xuntalos cos xa existentes.
2. Aprender en pequenas doses.
Aprender pouco a pouco ao longo do tempo é mellor que tragarse unha grande cantidade de coñecementos de xeito concentrado.
Debe distribuírse o plan de estudos en segmentos pequenos e introducir de xeito regular as fases de comprobación e de distensión entre as unidades didácticas.
3. Preguntarse: “porqué”.
Tratar de investigar e descubrir por un mesmo. En vez de aprender en base a respostas e solucións, é mellor procurar a inferencia do coñecemento. É certo que leva máis tempo pero funciona mellor.
4. Saber o que (aínda) non se sabe.
Buscamos a relación entre o novo aprendizaxe e o que xa sabíamos. “¿que ten isto que ver co que xa sabía?”, “onde teño dúbidas ou lagoas sobre isto?”.
5. Aprender de xeito diverso.
Ler, anotar conceptosclave, autoexplicarse as interrelacións, contárllelo a outros e facerse preguntas.
Erros a evitar:
1. Estudar moito dunha vez. Mellor un pouco todos os días.
2. Fronte ás técnicas rutinarias illadas (subliñar, resumir,...) usar diversas.
3. Recoller datos e memorizalos sen pensar. O importante é entender.
4. Medo a equivocarse. A timidez é contraproducente.
5. Xeralmente, escoitar música estridente e co volume alto.
REGLAS DE OURO:
1. Para aprender hai que escoller, discriminar, distinguir o importante do irrelevante,...
2. Hai que relacionar: todo o que aprendemos está relacionado...
3. Tamén hai que esquecer: a información mais recente despraza á antiga,...
4. Para aprender hai que sentir. Procurar aplicar sentimentos positivos ao que aprendemos: emocionarmos,...
FINALMENTE:
Expresar o coñecemento coas propias palabras é mais proveitoso que o estudio pasivo.
Con respaldo emocional (amigos) aprender é mais doado.
Aprendido non é igual a recordado.