Convocatoria de probas de idoneidade de mariña mercante. Xuño 2024

PROBAS DE IDONEIDADE DE MARIÑA MERCANTE

CONVOCATORIA XUÑO 2024

(Resolución do 3 de xaneiro de 2024. BOE nº 27 do 31 de xaneiro)

https://www.boe.es/boe/dias/2024/01/31/pdfs/BOE-A-2024-1842.pdf

PROBAS PARA:

  • PATRÓN DE ALTURA
  • PATRÓN DE LITORAL
  • MECÁNICO MAIOR NAVAL
  • MECÁNICO NAVAL

CALENDARIO

  • O calendario pode sufrir modificacións que se comunicarán pola mesma vía de publicación deste anuncio.
  • Solicitudes de admisión de prácticas validas: formularanse preferiblemente vía sede electrónica do ministerio de transportes, mobilidade e axenda urbana. A documentación requirida e o enlace á sede electrónica figura na base segunda da convocatoria.
  • Solicitude de proba de idoneidade: Farase xunto coa solicitude de admisión de prácticas válidas. A documentación requirida e o enlace á sede electrónica figura na base terceira da convocatoria
  • O Libro de Formación será revisado antes da proba. Aqueles que estean navegando presentarano en Capitanía Marítima oo antes posible para ser revisado polo Tribunal.