Curso de carretillas elevadoras
Curso escolar 2023-24
Está aberto o prazo de inscrición para o curso de Prevención de riscos e manexo seguro de carretillas elevadoras.
Este curso só está dispoñible para alumnado dos cursos de especialización e de 2º cursos matriculados actualmente no CIFP Universidade Laboral.
Para inscribirte no curso tes que introducir os teus datos e envialos a través do formulario Formulario de inscrición
O curso ten unha parte teórica que se fará online e unha parte práctica, que se desenvolverá presencialmente o martes día 30 de abril en xornada de mañá, nas seguintes quendas:
- Martes 30 de abril de 08:30 a 10:30 h.
- Martes 30 de abril de 10:30 a 12:30 h.
- Martes 30 de abril de 12:30 a 14:30 h.
As prazas serán asignadas por orde de inscrición.
O prezo do curso son 30 €. Farase un ingreso na conta ES91 2080 0065 3231 1000 0146 e entregarase o resgardo impreso ao profesor do curso o día da parte práctica.
Tras superar o curso emitirase un diploma.
Data límite para facer a inscrición: venres 26 de abril ás 12:00 h.
A realización deste curso non suporá a xustificación de faltas de asistencia aos ciclos formativos.