Taboleiro
Listado libros de préstamo de 2º de ESO
No taboleiro interior do centro está exposto o listado de libros de préstamo que ten o centro para 2º de ESO para o curso 2022-2023.
Pregamos póñanse en contacto con nós ante calquer erro no listado ou calquera dúbida ou aclaración.
Apertura do prazo de matrícula para o curso 2022/2023 para o Ciclo Superior de proxectos de edificación
Enlaces:
Enlaces a las empresas colaboradoras:
Entrega de notas curso 2021/2022
A entrega de notas da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato realizarase:
- Día 23 de xuño, ás 13:30 horas na aula de referencia entregaremos as cualificacións en papel.
- Dís 23 de xuño, a partir das 14 horas estarán dispoñibles as notas en Abalar.
A entrega de notas da avaliación ordinaria de ESO realizarase:
- Día 27 de xuño, a partir das 21-22 horas estarán dispoñibles as notas en Abalar.
- Día 28 de xuño, ás 11 horas na aula de referencia entregaremos as cualificacións en papel.
Exames convocatoria extraordinaria 1º e 2º Bacharelato
As datas e horarios dos exámes da convocatoria extraordinariade bacharelato do curso 2021/22 son as
Calendario de matrícula para o curso 2022/23
O periódo de matrícula para o curso 2022/23 realizarese en horario de 9:30 a 13:30 nas fiestras de administración segundo o seguinte calendario:
Día | Curso |
29 xuño | 1º de ESO |
1 xullo | 1º de Bacharelato |
4 xullo | 2º de Bacharelato |
5 xullo | 2º de ESO |
6 xullo | 3º de ESO |
7 xullo | 4º de ESO |
8 de xullo | Incidencias |
Entrega de notas da terceira avaliación en ESO e da avaliación ordinaria en 1º de Bacharelato
A entrega de notas da terceira avaliación nos grupos da ESO realizarase do seguinte xeito:
- O luns, 6 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
- O martes, 7 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas xunto cos informes específicos asinados por cada profesor/a das materias que teñen que recuperar cara á avaliación ordinaria. As actividades de recuperación e ampliación de cada materia realizaranse ata o 22 de xuño incluído.
A entrega de notas da avaliación ordinaria nos grupos 1º de Bacharelato realizarase do seguinte xeito:
- O mércores, 8 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
- O xoves, 9 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas. As actividades de preparación das materisa para a avaliación extraordinaria e de ampliación realizaranse ata o 22 de xuño incluído.
- O periodo de reclamacións contra as calificación da avaliación ordinaria será o 9 e o 10 de xuño.
O Clube de Ciencias en Ponteciencia 2022
O noso clube de ciencias participa en Ponteciencia 2022.con 3 proxectos chulísimos sobre a aplicación da tecnoloxía a resolver problemas da vida cotiá para invidentes e daltónicos, sobre o aproveitamento da auga para regar plantas e sobre sobre a producción de bioelectricidade con plantas.
Todos os proxectos se poderán visitar no horario de visita libre:
- O venres 27 de maio de 2022 de 18;30 a 19:30.
- O sábado 28 de maio de 2022 de 11:00 a 13:30
O Programa é o seguinte:
Entrega de notas e reclamacións alumnado 2º Bacharelato
A entrega de notas da terceira avaliación e avaliación ordinaria do alumnado de 2º de Bacharlelato será:
- Mércores 18 de maio entre as 20 e as 21 h. por Abalar. A partir desta comunicación electrónica comezará a contar o prazo para realizar reclamacións ás calificacións.
- Xoves 19 de maio ás 11 h. en papel na súa aula de referencia.
O prazo de presentación de reclamacións será ata o venres 20 de maio ás 14h. na oficina do centro.
Charlas informativas para familias e profesorado
CONCURSO DE FRANCÉS
Con motivo do fin do curso o departamento de francés convoca un concurso para esta semana "Questions pour un champion" desde o luns 8 até o venres 12. Para máis detalles ver a imaxe. Moita sorte aos participantes
Listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Curso 2018-2019
Faise pública a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Nesta listaxe hai que ter en conta que:
- Só aparece o alumnado que entregou a solicitude no noso centro antes do verán. Polo tanto non aparecen nin o alumnado repetidor de 4º que o solicitase en setembro nin o alumnado que trasladou a súa solicitude ao noso centro ao matricularse en setembro. Este alumnado será comunicado á maior brevidade posible dos libros asignados.
- O alumnado de 1º de ESO non ten dereito ao préstamo deste fondo xa que o noso centro é centro e-dixgal nese nivel. Os fondos que aparecen na listaxe son os das materias que non teñen libro dixital e que ata o ano pasado prestáronse neste fondo solidario.
A listaxe pode consultarse no seguinte ENLACE.
Premios Extraordinarios de Bacharelato
Pódese acceder a toda a información dos premios extraordinarios de Bacharelato no seguinte enlace:
Premios extraordianrios de bacharelato
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, vén de ditar unha circular pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións finais outorgadas no 2º curso de Bacharelato.
Toda a información relativa a este procedemento estará exposta nos taboleiros de todas as aulas de 2º BAC e no vestíbulo do noso centro a partir de mañá mesmo, mércores 3 de Maio de 2017, coa finalidade de que todos os alumnos poidan ter acceso á mesma. Igualmente, a circular mencionada anteriormente pode ser consultada e/ou descargada premendo na seguinte ligazón:
BEN VEÑAS MAIO 2017
Din que as boas novas son contaxiosas, e así debe de ser, porque ultimamente o noso alumnado está a pisar forte e a conseguir que o nome do IES Gonzalo Torrente Ballester se escoite con forza en toda a cidade e, tamén, fóra dela.
Pois ben, nesta ocasión comprácenos poder felicitar a tres estudantes do noso centro que acadaron cadanseu premio na presente edición do certame literario, musical e audiovisual “Ben Veñas Maio” que, como cada ano, organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización da Lingua Galega dos institutos e colexios públicos de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.
Os alumnos e alumna premiados son:
ROI VARELA BERNÁRDEZ (1º ESO A): 2º Premio na Categoría A de Narrativa
GONZALO VALIÑAS BAÑOS (2º ESO D): 2º Premio na Categoría A de Narrativa
PABLO BOLEAS FRANCISCO (3º ESO C): 1º Premio na Categoría B de Narrativa
NOEMIA VEIGA GONÇALVES (2º BAC A): 1º Premio na Categoría B de Poesía
Cómpre sinalar que, en realidade, Noemia presentara dúas composicións, “Altea” e “Sombras”, sendo ambas, respectivamente, a primeira e segunda poesías máis votadas polo xurado, pero dado que as bases do concurso impiden conceder ambos premios a unha mesma persoa, soamente lle foi adxudicado o primeiro deles.
Como xa sabedes, a entrega dos galardóns a todos os premiados realízase nun acto público que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Animádevos e asistide para aplaudir a rabiar aos vosos compañeiros! Pero, ademais, se o preferides, dende as 17:00 horas poderedes gozar das actuacións dos grupos musicais participantes neste “Ben Veñas Maio”.
PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO
Completada a fase de reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos, procedemos a publicar a listaxe de rapaces e rapaces que xa teñen praza asignada no noso instituto en 1º ESO para o vindeiro curso 2017/2018.
Ademais, tendo en conta que proximamente comezará tamén a seguinte fase do proceso de admisión, facemos pública as instrucións e os prazos que deben ter en conta as familias que desexen matricular aos seus fillos nun centro non adscrito, así como o criterio complementario de baremación decidido polo IES Gonzalo Torrente Ballester.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL
Sorriso. Optimismo. Ánimo. Son as palabras que me veñen á cabeza cando penso en Antón. E, por suposto, "GENIAL!", porque seguramente é a palabra que máis veces lle escoitei pronunciar.
- Que tal o curso, Antón?
- GENIAL!
- Que tal o verán, Antón?
- GENIAL!
- E o grupo deste ano, Antón?
- GENIAL!
E ti sabes que un día por semana Antón ten que ir a un hospital fóra de Pontevedra. E sabes que Antón ten que pasar por operacións e por fisioterapia. Pero sabes que Antón volverá entrar no instituto co seu sorriso. E volverá contestar "GENIAL!!" cando lle preguntes. E Antón participará no Samaín e no Entroido, disfrazándose, pasándoo ben e facéndollo pasar ben aos demais.
E agora, ademais de sabelo nós, os que con el compartimos o Torrente, sábeo máis xente, porque a Consellería recoñeceulle o seu traballo e o seu esforzo cun premio.
O que igual os demais non saben e que, ANTÓN, TI SI QUE ES "GENIAL" !!
