Documentación institucional, Proxecto educativo

Proxecto Educativo

A través desta publicación o IES Gonzalo Torrente Ballester dá a coñecer a toda a comunidade educativa o seu Proxecto Educativo. É este un documento de carácter institucional que orienta a vida do centro, regulándoa no contexto no que está inserida, con independencia das persoas que poidan estar no instituto nun momento determinado. O seu obxectivo principal é o de converterse nunha liña de actuación do centro, na cal se establezan as metas e compromisos dos diferentes sectores da comunidade educativa na procura dun funcionamento regular e dunha coherencia nos procesos educativos. Trátase, en fin, dun conxunto de ideas e decisións relacionadas coas opcións educativas básicas e a organización xeral do centro.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en consultar o Proxecto Educativo do IES Gonzalo Torrente Ballester poderano facer descargando o documento que se xunta como anexo a esta publicación. Para facilitar o acceso a este documento, xúntanse tamén unha serie de guías por sectores da comunidade educativa coa información vinculada e pertinente a cada un deles.

Distribuir contido