Novas
Reserva de praza para alumnos dos centros adscritos
En relación coa reserva de praza no noso centro, todo o alumnado dos centros adscritos ao IES Torrente Ballester que a solicitaron foi admitido. Lembramos ao alumnado e ás familias deste alumnado que no mes de xuño deberán formalizar a matrícula no centro no día ou días que se sinalen coa antelación suficiente.
Calendario admisión curso 2020-21
CALENDARIO DE ADMISIÓN para o próximo curso 2020-21
Publicación de vacantes escolares |
Antes do 1 de marzo |
Presentación de solicitudes para novo alumnado |
Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión (de non haber vacantes suficientes para todas as solicitudes) |
Do 23 de marzo ao 2 de abril 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao prazo de presentación de solicitudes) |
Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de abril |
Prazo para reclamacións ante o Consello Escolar |
5 días hábiles desde a publicación de listaxes |
Publicación das listaxes definitivas |
Antes do 15 de maio |
Presentación de solicitudes de admisión de novos alumnos
a)
PRAZO: do 1 ao 20 de marzo
b)
PROCEDEMENTO:
a.
Presencial (nas oficinas do centro que se solicita en primeiro lugar (de facerse en máis de un perderíase o dereito de prioridade)
b.
A través de sede electrónica: http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
c)
DOCUMENTACIÓN:
a.
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (cando denegue consulta)
b.
Documento acreditativo da idade da alumna ou alumno
c.
Documento acreditativo dos requisitos académico exixidos en cada nivel educativo
d.
Se é o caso, convenio regulador do divorcio ou separación
Prazas vacantes no IES Torrente Ballester para o próximo curso 2020-21
nivel |
Número de prazas vacantes |
1º ESO |
5 |
2º ESO |
0 |
3º ESO |
5 |
4º ESO |
18 |
1º BACH |
39 |
2º BACH |
76 |
O centro publicará listaxes provisionais de admitidos/non admitidos antes do 25 de abril e definitivos antes do 15 de maio
Para a consulta do estado do procedemento de tramitación as familias poden consultar na web http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Para conservar o dereito á praza solicitada, os alumnos deberán formalizar a matrícula nos prazos que seguen:
a)
Prazo ordinario: 25 de xuño ao 10 de xullo
b)
Prazo extraordinario (alumnos con pendentes de xuño): 1 ao 10 de setembro
Teléfono contra a violencia
TELÉFONO CONTRA A VIOLENCIA
Desde a ANPA “El Pino” queremos presentarvos o Teléfono contra a Violencia de Xénero. É unha das actividades de promoción da igualdad e da prevención da violencia de xénero, financiadas para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e coordinadas pola Secretaría de Igualdade e pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de eliminar a discriminación entre homes e mulleres e a promoción da igualdad, xunto coa prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.
Este servizo estará activado desde o 30 de noviembre do 2019 e está dirixido a todo o ecosistema educativo do centro, é dicir, alumnado, profesorado, pais e nais e cualquera persoa que teña relación co centro educativo.
O teléfono é o 688 655 099 , número en que os espertos do Equipo WATS atenderán calquera consulta relacionada con casos de violencia de xénero que se poidan dar no noso centro.
Se es vítima, ou coñeces alguén que está a ser vítima de violencia de xénero, manda unha mensaxe de WhatsApp para que se poida dar solución o antes posible.
O uso é moi sinxelo, con enviar unha mensaxe a través do WhatsApp ao número 688 655 099 o Equipo WATS estuda o caso e dá resposta nun máximo de 24 horas. Un esperto contactará coa persoa que pide axuda e a aconsellará sobre a mellor maneira de proceder, garantindo o respecto á privacidade do relatado.
Listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Curso 2018-2019
Faise pública a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Nesta listaxe hai que ter en conta que:
- Só aparece o alumnado que entregou a solicitude no noso centro antes do verán. Polo tanto non aparecen nin o alumnado repetidor de 4º que o solicitase en setembro nin o alumnado que trasladou a súa solicitude ao noso centro ao matricularse en setembro. Este alumnado será comunicado á maior brevidade posible dos libros asignados.
- O alumnado de 1º de ESO non ten dereito ao préstamo deste fondo xa que o noso centro é centro e-dixgal nese nivel. Os fondos que aparecen na listaxe son os das materias que non teñen libro dixital e que ata o ano pasado prestáronse neste fondo solidario.
A listaxe pode consultarse no seguinte ENLACE.
Formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias
A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no CFR de Pontevedra (Celso Emilio Ferreiro, 4) nas seguintes datas:
- 13 de abril, de 17:00 a 20:00
- 14 de abril, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Pontevedra 986872888 ata o día 23 de marzo. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, vén de ditar unha circular pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións finais outorgadas no 2º curso de Bacharelato.
Toda a información relativa a este procedemento estará exposta nos taboleiros de todas as aulas de 2º BAC e no vestíbulo do noso centro a partir de mañá mesmo, mércores 3 de Maio de 2017, coa finalidade de que todos os alumnos poidan ter acceso á mesma. Igualmente, a circular mencionada anteriormente pode ser consultada e/ou descargada premendo na seguinte ligazón:
BEN VEÑAS MAIO 2017
Din que as boas novas son contaxiosas, e así debe de ser, porque ultimamente o noso alumnado está a pisar forte e a conseguir que o nome do IES Gonzalo Torrente Ballester se escoite con forza en toda a cidade e, tamén, fóra dela.
Pois ben, nesta ocasión comprácenos poder felicitar a tres estudantes do noso centro que acadaron cadanseu premio na presente edición do certame literario, musical e audiovisual “Ben Veñas Maio” que, como cada ano, organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización da Lingua Galega dos institutos e colexios públicos de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.
Os alumnos e alumna premiados son:
ROI VARELA BERNÁRDEZ (1º ESO A): 2º Premio na Categoría A de Narrativa
GONZALO VALIÑAS BAÑOS (2º ESO D): 2º Premio na Categoría A de Narrativa
PABLO BOLEAS FRANCISCO (3º ESO C): 1º Premio na Categoría B de Narrativa
NOEMIA VEIGA GONÇALVES (2º BAC A): 1º Premio na Categoría B de Poesía
Cómpre sinalar que, en realidade, Noemia presentara dúas composicións, “Altea” e “Sombras”, sendo ambas, respectivamente, a primeira e segunda poesías máis votadas polo xurado, pero dado que as bases do concurso impiden conceder ambos premios a unha mesma persoa, soamente lle foi adxudicado o primeiro deles.
Como xa sabedes, a entrega dos galardóns a todos os premiados realízase nun acto público que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Animádevos e asistide para aplaudir a rabiar aos vosos compañeiros! Pero, ademais, se o preferides, dende as 17:00 horas poderedes gozar das actuacións dos grupos musicais participantes neste “Ben Veñas Maio”.
PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO
Completada a fase de reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos, procedemos a publicar a listaxe de rapaces e rapaces que xa teñen praza asignada no noso instituto en 1º ESO para o vindeiro curso 2017/2018.
Ademais, tendo en conta que proximamente comezará tamén a seguinte fase do proceso de admisión, facemos pública as instrucións e os prazos que deben ter en conta as familias que desexen matricular aos seus fillos nun centro non adscrito, así como o criterio complementario de baremación decidido polo IES Gonzalo Torrente Ballester.
LIBROS DE TEXTO: VALES DE AXUDA E FONDO SOLIDARIO
Os alumnos e alumnas que aprobaron todas as materias na convocatoria ordinaria de Xuño e que xa formalizaron a súa matrícula en 2º ESO ou 4º ESO, poden pasar pola Secretaría do centro a recoller os vales de axuda para a adquisición de libros de texto para o curso académico 2016/2017. O resto dos vales serán entregados en Setembro, unha vez realizada a avaliación final extraordinaria.
Por outra banda, a cotinuación aparecen publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO no vindeiro ano académico.
APLICACIÓN ABALARMÓBIL
Coa intención de continuar a integrar as novas tecnoloxías no ámbito educativo, a Xunta de Galicia pon a disposición das familias e dos centros escolares galegos a aplicación abalarMóbil, a cal permite que vostedes consulten a información relativa aos seus fillos e fillas a través do teléfono móvil dende calquera lugar e dun xeito inmediato.
Esta aplicación é totalmente gratuíta e a súa descarga pode ser feita dende Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
Deben vostedes ter presente que o teléfono no que descarguen a aplicación ten que ser o móbil que indiquen no impreso de matrícula dos seus fillos ou fillas como número de contacto, mencionando, ademais, no momento de formalizar esta matrícula, que pretenden darse de alta na aplicación ou que xa a teñen habilitada nese mesmo número de teléfono.
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer en calquera caso das seguintes informacións:
- Acceder aos datos persoais.
- Consultar as cualificacións.
- Consultar as faltas de asistencia e puntualidade.
- Consultar as faltas de conduta.
- Consultar os datos do centro educativo.
- Consultar os avisos ou notificacións enviadas polo centro educativo.
Dependendo de se o profesorado do alumno ou alumna está, a súa vez, dado de alta como docente no Espazo Abalar e das funcionalidades que desexe habilitar, as familias tamén poderán ter a súa disposición:
- Xustificar as faltas de asistencia e de puntualidade.
- Consultar os avisos ou notificacións do profesorado.
- Consultar as incidencias creadas polo profesorado.
- Solicitar unha entrevista cun profesor ou profesora.
No seguinte vídeo explícanse dun xeito moi sinxelo os pasos que vostedes deben seguir para darse de alta na aplicación abalarMóbil e o modo de manexarse dentro dela. A continuación, aparece tamén unha ligazón á guía de abalarMóbil para as familias en formato PDF, que poden descargar, se así o desexan.
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2016-17
Solicitudes de admisión para 1º de E.S.O, 2º de E.S.O e para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
Xa que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, faise necesario presentar a documentació que xustifique os criterios do baremo.
O prazo de presentación é do 1 ao 12 de abril, ámbos os dous inclusive
Solicitudes de admisión para 3º de E.S.O, 1º de Bacharelato de Ciencias e 2º de Bacharelato
Nestes casos, xa que o número de solicitudes é inferior ao de prazas ofertadas, todas as solicitudes están admitidas e non é necesaria a presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo
Pontevedra a 29 de marzo de 2016
O secretario
Francisco Pacios Álvarez
PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2016-17
No vindeiro mes de Marzo comeza o proceso de admisión e matrícula do alumnado para o curso 2016-17.
Tanto no taboleiro do centro, como nos arquivos que van xunto a esta entrada, podedes atopar os segunites documentos:
Proceso de Admisión e Matriculacion 2016-17.
Calendario Orientativo de Admisión e Matrícula.
Criterio de Baremación complementaria do Centro
Listaxes de Admitidos e Existencia de Libros para o Fondo Solidario de Libros de Texto
Xa está á vosa disposición a Listaxe Provisional de Admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto , premendo aquí, a podedes ver e descargar.
Por outra banda, se premedes aquí, poderedes ver e descargar as Existencias de Libros do devandito Fondo solidario dispoñibles no Instituto.
ATENCIÓN: A lista de ADMITIDOS é PROVISIONAL e, por problemas do programa informático, non se actualizará ata SETEMBRO. Os erros que podades ver nos documentos publicados, xa están emendados e non é necesario que pasedes polo centro ata SETEMBRO.
Libros de texto para o curso 2015-2016
Facendo clic nos enlaces que tedes máis abaixo poderedes acceder ós libros de texto de cada curso para o ano académico 2015-2016. Fixádevos ben en que nalgunhas materias non se usará libro de texto, en que noutras haberá que agardar ata os primeiros días de clase para mercalo e en que noutras quizais volo poida prestar o centro.
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BACH. 2º BACH.
Obradoiro de prensa - A voz do Quinto
O pasado venres día 19 tivemos a ocasión de presentar no Salón de Actos do instituto "A voz do Quinto", o xornal solidario resultante do obradoiro de prensa que este curso organizamos no centro. A el asistiron sete alumnos/as, aínda que inicialmente eran trece, e tiveron a ocasión de aprender cuestións relacionadas co xénero xornalístico e coa educación en valores e para o desenvolvemento. Como monitora desta actividade actuou Carmen Novas, responsable de comunicación para o desenvolvemento de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), organización que xunto con Asemblea de Cooperación pola Paz leva xa varios cursos colaborando co noso centro. "A voz do Quinto" é un pequeno xornal cuxa intención é a de promover valores solidarios e concienciar fronte ás inxustizas. Esta edición inclúe artigos sobre igualdade entre homes e mulleres, a protección animal e ambiental, o comercio xusto, o desenvolvemento dos países do Sur... Os que queirades ler a versión completa do xornal, podedes facelo a través desta ligazón.
Matrícula en 2º de Bacharelato para o curso 2015-2016
Proceso de contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do instituto
Para dar cumprimento á INSTRUCIÓN 4/2015 de 1 de xuño de 2015, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da consellería, ábrese un prazo para que calquera persoa física ou xurídica, con capacidade de obrar, poida presentar as ofertas oportunas.
O procedemento a seguir, as condicións esixidas e os criterios para a valoración das ofertas veñen reguladas na citada orde.
Prazo de presentación das ofertas: DO 22 DE XUÑO Ó 10 DE XULLO DE 2015.
Lugar de presentación: OFICINA ADMINISTRATIVA DO IES GONZALO TORRENT BALLESTER
Datos de contacto:
IES GONZALO TORRENTE BALLESTER. Rúa Herminia Fariña, s/n – Pontevedra
Tlfo. 986 863 612
Correo electrónico: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester/
Para máis INFORMACIÓN, pódense consultar, facendo clic enriba deles, os arquivos que se achegan a continuación:
- Instrución 4/2015 de 1 de xuño de 2015.
- Especificacións técnicas.
- Prego de condicións do centro.
- Modelo de instancia de solicitude.
A memoria das mulleres
Representacións teatrais
Dentro da mostra de teatro organizada con motivo do "Ben veñas, maio", dous grupos de teatro do noso instituto van representar cadansúa obra. As actuacións terán lugar o vindeiro xoves 7 de maio. Por unha banda, ás 12.30 horas todos os alumnos de 1º C de ESO, dirixidos pola súa titora Sara Valenzuela, representarán a obra O Entroido, unha adaptación dun texto de Manuel Lourenzo. Por outra banda, ás 18.00 horas o grupo "Os autorizados", formado por alumnos de diferentes cursos, representará a obra Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala. "Os autorizados" son: Adrián López, Alexandre Balea, Celia Martínez, Cristina Rodríguez, Daniel Veiga, Esteban Carballude, Joaquín Méndez, Lucía González, Nara Mahou, Noemia Veiga e Julien F. Courcier (director do grupo). As funcións serán no Teatro Principal de Pontevedra e dende o equipo directivo convidamos a todos os membros da nosa comunidade educativa a asistir a estas actividades.
![]() |
![]() |
II Certame de fotografía matemática - Premio popular
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
