Actividades
O Clube de Ciencias en Ponteciencia 2022
O noso clube de ciencias participa en Ponteciencia 2022.con 3 proxectos chulísimos sobre a aplicación da tecnoloxía a resolver problemas da vida cotiá para invidentes e daltónicos, sobre o aproveitamento da auga para regar plantas e sobre sobre a producción de bioelectricidade con plantas.
Todos os proxectos se poderán visitar no horario de visita libre:
- O venres 27 de maio de 2022 de 18;30 a 19:30.
- O sábado 28 de maio de 2022 de 11:00 a 13:30
O Programa é o seguinte:
Obradoiros para as familias Concello de Pontevedra
Dende o Concello de Pontevedra ofertamos Obradoiros Familiares que están pensados como un espazo puntual de reunión para familias, no que se aborda un tema de interese de forma monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartidos por profesionais expertos en educación e prevención.
As temáticas son as seguintes:
Obradoiro 1. “Familias dixitais I. Aprendendo conceptos.
Obradoiro 2. “Familias dixitais II. O novo mundo virtual”.
Obradoiro 3. "Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas".
Obradoiro 4. “Falando de sexualidade en familia”.
Obradoiro 5. "O papel da familia nos hábitos de estudo".
Tendes máis información no documento adxunto.
Pregamos difusión entre as familias.
GRAZAS
Actividade para Nais e Pais contra a Violencia de Xénero
Informamos do obradoiro para promover a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero, dirixido ás nais e pais do alumnado do Ies Torrente Ballester que se realizará no centro o próximo mércores 7 de novembro e adxuntamos o cartel en arquivo.
Presentación do libro "Corazóns e coitelos"
Probas de acceso a ciclos formativos
Proxección do vídeo "Torrente de valores" na Casa das Campás
Charla sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores
Magosto
Visita ó IES de Montecelo

Escolas sen racismo
A placa será entregada por representantes da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e da Asemblea Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), entidades que desenvolven este proxecto en Galicia. No acto participarán todos os alumnos de 1º e 2º de ESO, que en distintas actividades elaboraron unha serie de materiais relacionados coa educación en valores, feito polo que nos unimos á citada rede.
Dende o equipo directivo invitamos a participar nesta actividade a todos os membros da nosa comunidade educativa que estean interesados.

Asistencia a un xuízo na Audiencia Provincial

Actividades na semana do 22 ó 26 de abril
Actividades da Biblioteca (abril-maio de 2013)
I Certame de deseño de portadas

Exposición sobre Manuel Lourenzo
Día Internacional do Pobo Xitano
Actividades na semana do 8 ó 12 de abril
Visita á Facultade de Bioloxía da UVigo


Club de debate

