Matemáticas

VIII Certame de Fotografía Matemática

Chegado o último trimestre do curso académico, o Departamento de Matemáticas do IES Gonzalo Torrente Ballester organiza o xa tradicional Concurso de Fotografía Matemática, o cal este ano ten como título "Series e Padróns".

Escaneando o código QR incluído no seguinte cartel, poderedes ler as bases do concurso.

Un ano máis, a entrega de fotografías realizarase a través dun formulario ao que accederedes empregando a vosa dirección de correo electrónico do dominio do instituto. Despois do cartel atoparedes outro código QR que vos levará directamente a ese cuestionario.

 

 

ACCESO AO FORMULARIO PARA A ENTREGA DE FOTOGRAFÍAS:

Exposición "As Mates no Humor Gráfico"

Se pensas que todo o relacionado coas Matemáticas é un rollo, pásate polo noso centro e visita no vestíbulo a exposición "As Mates no Humor Gráfico", pois de seguro que botas unhas risas. Pero, apura, que xa quedan poucos días.

Aquí che deixamos un avance do que podes ver:

 

Programación Didáctica Departamento Matemáticas (curso 2021/2022)

 

Premendo sobre a imaxe que aparece debaixo destas liñas, accederá á Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas para o presente curso académico 2021/2022.

Se desexa consultar un apartado concreto do documento, basta con que o busque no índice e prema sobre o correspondente epígrafe.

Programación Didáctica Matemáticas (2021/2022)

 

Convocatoria do VII Certame de Fotografía Matemática

Un ano máis, o Departamento de Matemáticas do IES Gonzalo Torrente Ballester  convoca o concurso de fotografía matemática coa intención de que o alumnado aprecie ata que punto están presentes as Matemáticas na vida cotiá, ao tempo que se contribúe a que os estudantes desenvolvan a súa creatividade e competencia artística.

A temática desta convocatoria é "Xeometría ao teu Arredor", de xeito que todas as fotografías presentadas (un máximo de 2 por alumno participante) deberán levar un título no que se amose a relación existente entre a correspondente imaxe e o tema do certame.

Este concurso vai dirixido a todos os alumnos e alumnas do noso centro. Para participar e achegar as fotografías soamente haberá que encher o formulario cuxa ligazón aparece máis abaixo, accedendo a el coa dirección de correo electrónico que cada alumno do centro posúe no dominio do Instituto, @torrenteballester-edu.es. É precisamente neste formulario onde cada participante indicará os datos requiridos (categoría, grupo, nome e apelidos), xunto co/s título/s da/s fotografía/s que decida enviar.

Consideraranse 3 categorías de participación (1º ESO - 2º ESO, 3º ESO - 4º ESO e BAC - CF) e en cada unha delas serán concedidos un 1º premio de 40€ e un 2º premio de 25€. Ademais, haberá tamén outro premio de 40€ para a fotografía máis popular, a cal será elixida por votación de todo o profesorado e alumnado do centro mediante unha enquisa que se habilitará na Aula Virtual.

O prazo para encher o formulario e participar no concurso vai do 12 de Abril ao 30 de Abril de 2021.

Para máis información consulta as bases completas do certame na ligazón que vén a continuación.

 

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2020/2021

FORMULARIO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2020/2021

 

 

Programación Didáctica Departamento Matemáticas (curso 2020/2021)

 

Vostede pode ter acceso ao texto completo da Programación Didáctica das distintas áreas dependentes do Departamento de Matemáticas para o presente curso académico 2020/2021, sen máis que premer co rato sobre a imaxe que aparece baixo estas liñas.

Dada a extensión do documento, o índice ten habilitadas todas as ligazóns necesarias para levalo directamente ao apartado concreto que sexa do seu interese, evitando así ter que navegar por todas as páxinas ata atopar o que desexe ler ou consultar.

 

Programación Didáctica Matemáticas (2020/2021)

 

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas para o 3º Trimestre do curso 2019/2020

 

Segundo as instrucións ditadas pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, faise necesario adaptar as Programacións Didácticas dos diferentes Departamentos á actual situación de crise sanitaria que se está a vivir por mor da pandemia provocada pola COVID-19.

Premendo sobre a seguinte imaxe, accédese ao documento que recolle as modificacións acordadas ao respecto polo Departamento de Matemáticas. Este documento contén un índice con ligazóns que conducen á parte da Programación que se desexe consultar.

 

Adaptación Programación Didáctica Departamento Matemáticas

Programación Didáctica Departamento de Matemáticas (curso 2019/2020)

 

Premendo sobre a seguinte miniatura accédese ao documento virtual correspondente á Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas para o presente curso académico 2019/2020.

Indicar, ademais, que o índice da Programación contén as ligazóns que permiten acceder automaticamente a calquera parte do documento.

 

Programación Didáctica Matemáticas (2019/2020)

 

Comeza a andadura do STEMbach

Alumnos de tres institutos trabajarán para desarrollar su vocación científica

Los IES Torrente Ballester, A Xunqueira II y Johan Carballeira estrenan el Stembach, el bachillerato de excelencia

 

Preme na imaxe para acceder ao artigo da "La Voz de Galicia" do pasado domingo 13 de outubro

MATEMÁTICAS E COCIÑA

 

 

Cando hai xa catro anos se celebrara por primeira vez o Certame de Fotografía Matemática do IES Gonzalo Torrente Ballester, seguramente houbo quen pensou que aquilo non era máis que outra disparatada idea dun Departamento, que non acabaría por callar entre o alumnado.

Pero o certo é que en cada edición que se organiza deste concurso, os rapaces non deixan de nos sorprender; e non soamente porque a súa participación sexa máis que considerable, senón, sobre todo, porque acabamos descubrindo que algúns deles son verdadeiros artistas, capaces de relacionar os conceptos matemáticos máis abstractos con calquera faceta da vida cotiá ou da nosa contorna, e de tirar fotografías que chaman a atención de todo o mundo.

Pois isto, precisamente, é o que se pretendía conseguir: que os nosos alumnos puidesen ver as Matemáticas como algo máis que simples números cos que facer unha serie de cálculos que, segundo moitos deles, non os van levar a ningures.

Nesta ocasión, o certame versa sobre “Matemáticas e Cociña”, así que xa podedes imaxinar que entre as fotografías enviadas hai algunhas “moi saborosas”, das que sairán as gañadoras de cada unha das tres categorías (1º ESO - 2º ESO; 3º ESO – 4º ESO; 1º BAC – 2º BAC). Curiosamente, este ano participan un elevado número de alumnos de Bacharelato, polo que a competencia nesta categoría vai ser bastante disputada.

 

Pero, ademais dos premios outorgados polo Departamento de Matemáticas, concederase outro á fotografía máis popular, de xeito que non podedes deixar de visitar a exposición instalada durante todo o mes de Maio no vestíbulo do noso centro, e de votar cal é a instantánea que máis vos gusta. Se o preferides, tamén podedes ver o vídeo seguinte, no cal se inclúen todas as fotografías presentes na exposición, incluídas aquelas que quedaron fóra do concurso por ser enviadas fóra de prazo.

Por favor, animádevos e votade todos!

 

Contidos curso 2016_17

Os contidos de cada curso e materia do departamento de Matemáticas, pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos.

Procedementos, criterios e instrumentos de avaliación. Curso 2016_17

Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación para o curso 2016/17 pódense consultar premendo no arquivo adxunto.

Programacións do departamento de Matemáticas

As programacións do departamento de Matemáticas pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos

II Certame de fotografía matemática - Premio popular

O pasado 15 de abril rematou o prazo de entrega de fotografías para participar no "II Certame de fotografía matemática" do noso instituto, organizado polo Departamento de Matemáticas. Máis abaixo deixamos un vídeo no que se recollen todas as imaxes presentadas ó concurso xunto co seu título.
Tal e como establecían as bases do certame, este ano haberá un premio popular, que será escollido por todos os membros da comunidade educativa (alumnos, profesores, persoal non docente e familias). Para participar na súa elección, será preciso encher un cuestionario online, ó que se poderá acceder facendo clic neste enlace. Cada persoa poderá votar soamente unha vez e o último día para facelo será o vindeiro 1 de maio. Animámosvos a todos a participar na votación.
 
 
 
 
 
Distribuir contido