Obradoiros para as familias Concello de Pontevedra

Dende o Concello de Pontevedra ofertamos Obradoiros Familiares que están pensados como un espazo puntual de reunión para familias, no que se aborda un tema de interese de forma monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartidos por profesionais expertos en educación e prevención.

 

As temáticas son as seguintes:

Obradoiro 1. “Familias dixitais I. Aprendendo conceptos.

Obradoiro 2. “Familias dixitais II. O novo mundo virtual”.

Obradoiro 3. "Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas".

Obradoiro 4. “Falando de sexualidade en familia”.

Obradoiro 5. "O papel da familia nos hábitos de estudo".

 

Tendes máis información no documento adxunto.

Pregamos difusión entre as familias.

GRAZAS