Taboleiro

CONFIRMADA - Charla sobre acoso escolar

Despois de que se conseguise reunir un grupo o suficientemente numeroso, podemos confirmar que o vindeiro mércores 6 de febreiro terá lugar a charla sobre acoso escolar para familias. Será impartida por persoal de Cruz Vermella e desenvolverase entre as 20:30 a as 21:30 horas. Terá lugar na aula 27, sempre e cando non se reciban máis confirmacións de asistencia e sexa preciso cambiala para o Salón de Actos. Dende o equipo directivo queremos animar a todas as familias de alumnos a participar neste interesante actividade.

Xornada de orientación universitaria e laboral

O Departamento de Orientación organizou unha serie de charlas de orientación universitaria e laboral dirixidas ós alumnos de primeiro e segundo curso de Bacharelato e Ciclos Formativos. Estas actividades desenvolveranse entre o venres 9 e o venres 16 de xaneiro. Nas charlas participarán representantes das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, que ofrecerán información sobre aspectos como: a capacidade emprendedora, a aplicación NERTA, as bolsas de estudo, as titulacións coas que contan, as notas de corte, a estruturación dos estudos universitarios, os servizos que ofrecen os distintos campus, etc. Facendo clic neste enlace poderase acceder ó programa completo das charlas.

O equipo directivo quere aproveitar esta ocasión para convidar a todas as familias que teñan interese a asistir e participar nestas xornadas informativas, que se desenvolverán no Salón de Actos do noso centro.

 

Saída ó teatro

Os alumnos de 3º de ESO farán unha saída didáctica o venres 1 de febreiro para asistir á representación teatral da obra "Azos de esguello" de Euloxio R. Ruibal. A función terá lugar no Teatro Principal. A saída desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 horas.

CONOCATORIA 2013:PROBAS PARA OBTER O TÍTULO ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria
obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

Prazos de matrícula

- Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

LUGAR

Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.

 

Realización das probas
1. As probas realizanse en sesións de mañá e tarde os días 31 de maio e 12 de setembro para as respectivas convocatorias.

A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das Materias de Matemáticas,Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
Na segunda parte, de 12.30 horas ás 14.00 horas, realizarase a proba do ámbito social,que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. Comprenderán os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. O tribunal elixirá un tema de actualidade para llelo propor ás persoas aspirantes. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua Galega e Literatura.

b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013.

O MERCADO LABORAL EN ALEMAÑA

O Centro de Desenvolvemento Local de Mos, realizará un curso os días 8 e 9 de febreiro de 2013, destinado ás personas que teñen interese no mercado laboral en Alemaña.Recoméndase levar C.V redactado en alemán.O prezo do curso é de 15 euros.Inscrición no teléfono: 986487786.Prazo de inscrición ata o 5 de febreiro de 2013.www.uned.es/ca-ourense.

translate.google.es/?hl=es (Tradutor google)

GRAO EN CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS GALICIA

Grao en conservacionrestauración de bens culturais
A escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia(ESCRBCG) éun centro oficial dependente da consellería de educación da Xunta de Galicia e imparte o único titulo oficial de grao en conservación e restauración de bens culturais na comunidade autónoma de Galicia.
Trátase dun título oficial de grao que capacita ó alumnado para conservar e restaurar o patrimonio cultural material,sexa na administración pública,en centros de investigación,en museos ou en empresas especializadas.
A escola pretende non sói mpartir unha ensinanza de calidade,senón abrir ó alumnado as portas do mercado profesional,mediante prácticas de traballo(en museos ou empresas)ó longo do mundo.
O grao consta de catro cursos(240ECTS)e organízase en dúas fases:
Módulo común, dous anos de formación xeral : conservación , fotografía , informática debuxo,bioloxía,química,historia,etc.
Módulo de especialidade, dous anos de formación específica ( conservación , análise tecnoloxía,historia)dos bens característicos de cada unha das especialidades da ESCRBCG(arqueoloxía,esculturaoupintura),.No último ano desenvólvense as prácticas en museos e empresas e otraballo de fin de grao.
O acceso é directo para técnico superior en artes plásticas e deseño, e mediante unha proba específica para os que cursaron 2º bacharelato.

Escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia
r/ Xeneral Martiteguis/n, 36002 Pontevedra
Tlf.986 861251
gradoconservacionbbcc.es
info@gradoconservacionbbcc.es

PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: YOUTH IN ACTION Acción 1.1. People of the sea


Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.

O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 2 titores, un de Chipre e outro de Galicia.

  • Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.

  • Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.

  • Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor


Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013

Lugar: Cidade Príncipe Felipe

Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.

Prazas: 15

Duración: 8 días.

Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)


Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.

Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel. 986 84 03 67 ou 652 809 080 xuventude@pontevedra.eu

-- 
Concellaría de Xuventude
Concello de Pontevedra
"Casa Azul", r/ Sor Lucía 2-3ºCP36002 Pontevedra
tel.986 840367 / fax 986 848018
www.xuventude.pontevedra.eu
facebook/xuventudepontevedra

 

Actividades no mes de xaneiro

Durante os vindeiros días os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO van participar nunha serie de actividades complementarias e extraescolares, que se desenvolverán nas instalacións do centro. Estes son os eventos ós que asistirán:


      .- 1º de ESO: curso de iniciación ó triatlón, impartido pola Federación Galega de Triatlón.


      .- 2º de ESO: obradoiro "Sen violencia - Convivencia", impartido por Cruz Vermella.


      .- 3º de ESO: obradoiro sobre sexualidade, impartido por Cruz Vermella.


      .- 4º de ESO: obradoiro sobre infeccións e enfermidades de transmisión sexual, impartido por Cruz Vermella.


      .- 1º a 4º de ESO: obradoiro de radio e televisión, impartido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios.


Premios extraordinarios de ESO

O equipo directivo do IES Gonzalo Torrente Ballester, en nome de toda a súa comunidade educativa, quérelle transmitir á súa alumna Sara Vidal García as súas máis fondas felicitacións despois de obter un premio extraordinario de ESO ó rendemento académico. Actualmente Sara está matriculada no primeiro curso do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e acadou unha puntuación total de 41,1 puntos, que lle serviron para gañar o vixésimo destes premios (7,7 na proba de Lingua Galega; 7,3 na de Lingua Castelá; 6,4 na de Matemáticas; 5 na de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia; 7,7 na de Inglés; 7 na de Bioloxía e Xeoloxía). ¡¡¡Parabéns Sara!!!

OFERTA DE TRABALLO: DELINEANTE

Publicada: 08/01/2013

Localidade: A Coruña

Descrición: Interpretación de planos e modificación dos mesmos, realización de pedidos aos proveedores franceses e resolución de incidencias.

Requisitos: Imprescindible francés bilingüe e manexo de autocad 2D e 3D.Incorporación inmediata.

Contacto: http://www.construyendoempleo.com

Grao DIRECCION E XESTION PUBLICA

 

 O Grao en Dirección e Xestión Pública que se imparte na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Pontevedra) da Universidade de Vigo., pertence ao ámbito xurídico-social e consta de 240 créditos ECTS a cursar en 4 anos. A partir dun enfoque multidisciplinar (ciencia política, dereito, economía, socioloxía), diríxese ao estudio da dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración Pública. Configúrase, pois, como unha alternativa real e unha opción a valorar, de xeito especial, por aqueles alumnos que teñan o propósito de estudiar graos da rama xurídico-social (Dereito, Ciencia Política, Socioloxía, Economía...).  

  

   Saídas profesionais.- O/as graduados/as en Dirección e Xestión Pública poden atopar empregos no sector público –Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales como mancomunidades, comarcas ou consorcios. No ámbito privado o/a graduado/a en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de traballo en empresas (xestorías administrativas, asesorías e consultorías) en ONGs ou en fundacións.


http://webs.uvigo.es/victce/index.php?option=com_content&task=view&id=1522&Itemid=603


Información sobre as titulacións na Facultade de Humanidades

O alumnado interesado en desenvolver os seus estudos futuros no ámbito humanístico no campus lucense dispón de información actualizada relativa ás titulacións de grao e posgrao que no momento actual é posible cursar 

― Título de Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

― Título de Grao en Lingua e Literatura Españolas

― Título de Posgrao en Servizos Culturais

FACULTADE DE HUMANIDADES
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS DE LUGO
http://www.usc.es/gl/centros/humanidades/index.jsp

Titulacións de grao impartidas na Facultade de Economía e Empresa de Universidade da Coruña

Ofértanse tres grados

· Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)

· Grao en Ciencias Empresariais

· Grao en Economía

así como un programa de simultaneidade dos graos en Dereito e en ADE.

Poderedes obter información de cada unha destas opcións, na web do centro (http://www.economicas.udc.es).

CAMPUS DE LUGO.OFERTA EDUCATIVA



Os estudos universitarios que ofrece a Facultade de Ciencias do Campus de
Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) son os correspondentes aos
Graos e Máster que se relacionan a continuación e que podedes consultar
pinchando nos seus   respectivos enlaces:

*
<http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoennutricionhumanaedietetica.html>
Grado en Nutrición Humana y Dietética. Titulación que capacita para ejercer
la profesión regulada de  <http://agalegadn.es/> Dietista-Nutricionista.

*       <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoenepqi.html> Grado en
Ingeniería de Procesos Químicos Industriales. Titulación que capacita para
ejercer la profesión regulada de
<http://www.cogiti.es/Paginas/Ficha.aspx?IdMenu=a2238bd0-3048-4d9d-ab8c-c91c
6fdfd475> Ingeniero Técnico Industrial.

*       <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivprevrislab.html>
Máster en Prevención de Riesgos Laborales y Salud Medioambiental. Titulación
que capacita para ejercer como Técnico Especialista en Prevención de Riesgos
Laborales  en sus tres especialidades.

*       <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivenxind.html> Máster
en Ingeniería Industrial. Titulación que capacita para ejercer la profesión
regulada de  <http://www.icoiig.es/el-ingeniero-industrial.htm> Ingeniero
Industrial.

Saídas didácticas do 21 de decembro

O vindeiro 21 de decembro distintos grupos de alumnos do instituto van participar en dúas saídas didácticas:

  • Visita á exposición de obras de Picasso "El equilibrio y el vértigo" no Centro Cultural Novacaixagalicia-Café Moderno en Pontevedra. A esta actividade asistirán os alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º D e 4º A de ESO, e os de Historia da Arte de 2º de Bacharelato.
  • Visita ó belén artesanal en movemento de Valga. Neste caso os alumnos serán os de Relixión de 1º e 2º de ESO.

A ANPA El Pino colaborou, como vén sendo habitual, na organización destas dúas actividades, feito polo cal lles amosamos novamente o noso agradecemento.

Exposición sobre recursos enerxéticos

Na semana do 17 ó 21 de decembro a biblioteca do instituto albergará unha exposición sobre os recursos enerxéticos naturais de Galicia. A mostra foi cedida pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo, á que lle agradecemos a súa dispoñibilidade para cedernos estes materiais. A exposición, que está aberta a todo aquel que desexe visitala, está formada por tres paneis, nos que se dá información sobre os distintos recursos enerxéticos, os principais lugares de Galicia onde se explotan, as súas técnicas de extracción, etc.

DoceNadal12

O instituto está a colaborar con Xuventudes Socialistas de Pontevedra no desenvolvemento da carreira solidaria DoceNadal12, que está a ter lugar tamén noutros centros educativos da cidade. A meta desta é conseguir a maior cantidade posible de doces de Nadal (turrón, mazapán, polvoróns, améndoas, etc.) para repartilos entre as familias máis necesitadas, de xeito que poidamos contribuír á súa ledicia nestas datas tan sinaladas. A campaña desenvolverase entre o luns 10 e o mércores 19 de decembro. Haberá dispoñible unha cesta nas oficinas do centro onde alumnos, familias e traballadores poderemos depositar os alimentos que desexemos doar. Dende o equipo directivo animamos a toda a comunidade educativa a participar nunha actividade de marcado carácter solidario como é esta.


PRESENTACIÓN NA BIBLIOTECA : SIDA

O día 3 de decembro (luns) no 2º recreo, na biblioteca, haberá unha presentación en power point sobre o SIDA, con música de Queen (Who Wants To Live Forever).

Distribuir contido