Taboleiro

Concurso de reciclaxe de cartuchos de impresión

O instituto participará nun concurso nacional de recollida de cartuchos e tóners de impresión promovido pola empresa moañesa Recoatlántico. Por cada cartucho ou tóner recollido a empresa pagará unha pequena cantidade de cartos que será destinada a financiar a viaxe de fin de estudos para os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Neste enlace poderase atopar toda a información relativa ó concurso. O instituto anima a todos os membros da súa comunidade educativa a participar nesta iniciativa pola conservación do medio.


Concurso de postais de Nadal

Os departamentos de Artes Plásticas e de Relixión, e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan un ano máis o tradicional concurso de postais de Nadal. A tarxeta elixida será utilizada polo centro como postal de felicitación institucional do Nadal. Nesta ligazón poderedes atopar as bases do concurso. Lembrade que o prazo remata o día 12 de decembro. Animádevos a participar.


CULTURGAL.FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS.PAZO DA CULTURA.PONTEVEDRA

LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra

Días: 30 de novembro, 1 e 2 de decembro 2012

Acceso gratuíto

Habrá música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo,maxia, novas tecnoloxías.Programas en direto da TVG e da RG,Redelibros que emitirá en streaming a programación literaria da feira.

Conta coa participación dun nutrido grupo de asociacións sectoriais que se instalarán na casa da cultura galega, a súa casa, e aproveitarán a oportunidade para achegarse ao público: Aaag (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración),Agpti (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Afearte (Asociación de Festivais das Artes Escénicas), Asociación de Gaiteiros, Asociación Músicos Ao Vivo, Asociación Oral de Galicia, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), Cgendl (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística), Crea (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia), Ctnl (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua), Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Gatea,Danesga e Unima Galicia.

DELINEANTE

EMPRESA: Aplicanor

LOCALIDADE: A Coruña

DESCRICIÓN:Interpretación de planos e modificación dos mesmos.Trato directo cos provedores. Francés: realización de pedidos,resolución de incidencias.

REQUISITOS: Nivel alto de francés,manexo do programa AUTOCAD 2D e 3D.

CONDICIÓNS: Incorporación inmediata.

CONTACTO:www.construyendoempleo.com

PONTEemprego 2012

A Feira de emprego PONTEemprego, celebrarase os días 21 e 22 de novembro no Pazo de Congresos.Busca ser un punto de encontro e reflexión para a búsqueda de emprego e ou autoemprego.Está orientada aos demandantes de emprego e estudantes dos derradeiros cursos. A apertura da Feira dará comezo o día 21 de novembro de 2012 ás 10:00 horas no salón de actos.Desenvolveranse distintas charlas en horario de mañá e tarde, nos distintos espazos habilitados: Salón de actos,Auditorio+Ideas,Workshops.

Inscricións: Envía teus datos ao email inscricions@feiraemprego.es

OFERTA DE EMPREGO:DELINEANTE INDUSTRIAL

Empresa: Eulen Flexiplan selecciona para empresa do sector do metal

Localidade: Porriño

Requisistos: FP de Delineación,Mecanizado ou Titulación equivalente.Nivel alto en autocad e solidworks.Imprescindible nivel alto falado e escrito en francés.

Enviar C.V a aares.flexiplan@eulen.com

Distribuir contido