Taboleiro

Asistencia a un xuízo na Audiencia Provincial

Os alumnos de 4º A e B de ESO tiveron onte a oportunidade de asisitir a un xuízo por tráfico de drogas na Audiencia Provincial. Despois de seguir o desenvolvemento deste e de comprobar in situ todos os pasos que se deben seguir nun proceso xudicial, puideron conversar cos xuíces, co fiscal, coa avogada da defensa e coa secreataria do xulgado. Aquí tedes unha imaxe desta actividade.

Actividades na semana do 22 ó 26 de abril

Durante a semana do 22 ó 26 de abril os alumnos do instituto van participar nas seguintes actividades complementarias:

     .- asistencia a un xuízo na Audiencia Provincial (alumnos de 4º A e 4º B de ESO; martes 23 de abril);

     .- asistencia a dous concertos didácticos no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela (alumnos de Música de

        3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato; mércores 24 e xoves 25 de abril);

     .- visita ás instalacións dos PCPI do IES de Montecelo (alumnos de 1º e 2º de ESO; venres 26 de abril).

 

Actividades da Biblioteca (abril-maio de 2013)

Durante os meses de abril e maio o Equipo de Biblioteca vai organizar unha serie de actividades relacionadas co mundo do libro, da literatura e da música. Inclúense entre elas concursos, exposicións, charlas con autores, actuacións musicais, etc. Na biblioteca poderedes atopar máis información sobre o desenvolvemento e as bases de todas estas actividades. Nós, polo momento, deixámosvos aquí o cartel deste conxunto de eventos que demos en chamar "Entre o libro e as letras": portada e contraportada.

I Certame de deseño de portadas

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de traballo da biblioteca María Victoria Moreno do noso instituto convocan o "I Certame de deseño de portadas". Aproveitando a exposición montada no centro ó redor da vida e a obra do noso compañeiro Manuel Lourenzo González, profesor e escritor, o obxectivo deste certame é deseñar unha nova portada para un dos libros publicados por Manuel Lourenzo. Facendo clic neste enlace poderedes acceder ás bases deste concurso. Lembrade que o prazo de presentación dos traballos estará aberto entre o 12 de abril e o 6 de maio (ambos os dous días incluídos). Animádevos a participar.


 

Exposición sobre Manuel Lourenzo

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do instituto elaboraron e montaron na biblioteca unha exposición sobre a persoa e a obra do noso compañeiro profesor Manuel Lourenzo González. Esta exposición pretende ser un xeito de recoñecer o seu labor como escritor, unha carreira que nos últimos anos foi distinguida con diferentes premios (Xerais 2008, Barco de Vapor 2011 e Blanco Amor 2011). A mostra, que permanecerá montada ata os últimos días do mes de maio, inclúe paneis informativos sobre a súa vida e a súa obra, unha selección dos seus textos publicados e unha pequena colección de "obxectos dunha realidade ficticia". Os organizadores da exposición e o equipo directivo animan a todos os membros da nosa comunidade educativa a visitar a exposición. Aquí quedan algunhas imaxes (1, 2, 3).

Día Internacional do Pobo Xitano

O día 8 de abril está recoñecido como o Día Internacional do Pobo Xitano. Para conmemorar esta data sinalada, montouse no instituto unha exposición sobre a orixe, a historia, a música e outros elementos culturais propios deste pobo. Esta mostra púidose levar a acabo grazas ós paneis cedidos pola Fundación Secretariado Xitano. A exposición estará no centro ata o venres 12 de abril. Aquí vos deixamos algunhas imaxes (1, 2, 3).

Actividades na semana do 8 ó 12 de abril

Durante a semana do 8 ó 12 abril os alumnos do instituto van participar en dúas actividades complementarias, que consistirán en:

      .- visita á factoría de reciclaxe de SOGAMA (alumnos de 4º B, C e D de ESO; xoves 11 de abril);

      .- charla sobre riscos ó navegar por internet impartida por membros da Policía Nacional (alumnos de 1º de ESO; 

         venres 12 de abril).

Visita á Facultade de Bioloxía da UVigo

O pasado venres os alumnos de 1º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía visitaron a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Alí tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións e o funcionamento dun centro universitario, así como de tomar contacto co plan de estudos dun grao e de participar nalgunhas clases prácticas nos laboratorios. Aquí vos deixamos algunha imaxe desta visita. 


 

Probas de clasificación, certificación e promoción.ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA

Probas de certificación 2013

PROBAS DE CERTIFICACIÓN

Quen pode presentarse

Todas as persoas que quixeren, incluído o profesorado asistente aos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) no ano lectivo 2012-13;  non pode presentarse pola modalidade libre o alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel na modalidade oficial.

Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior.

 

Organización das probas

Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.

  • O calendario de xuño (convocatoria ordinaria) e setembro (convocatoria extraordinaria) para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita) é único para todas as EOI de Galicia.
  • O calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario definitivo das probas orais e as diferentes convocatorias por linguas será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, nesta categoría desta mesma páxina web.

Por último, recomendamos ao alumnado candidato consultar os modelos de exames de anos anteriores. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoipontevedra/probas

 

Francés - nivel básico 3 de xuño.16:00 h
Francés - nivel intermedio 7 de xuño.16:00 h
Francés - nivel avanzado 18 de xuño16:00 h
Inglés - nivel básico 17 de xuño.16:00 h
Inglés - nivel intermedio 10 de xuño16:00 h.
Inglés - nivel avanzado 4 de xuño.16:00 h
Inglés - nivel C1 20 de xuño.10:00 h
As probas de expresión e interacción oralserán fixadas por cada EOI. Estas datas deberán facerse
públicas por cada EOI cando menos cunha semana de antelacióncon respecto á de realización da
proba.Poderán realizarse antes ou despois das probas escritas.
Nas datas das probas de acceso á universidade (12, 13 e 14 de xuño) só se inclúe aparte escrita de
español para estranxeiros, e, na medida do posible, as escolas nonfixarán probas orais das restantes
linguas nestas datas.

PONTE NA REDE: EMPREGO

Aplicaciónde balde que axuda a atopar emprego usando Twuiter:
http://software-el-cazador-de-ofertas-en-twitter/
Como usar internet de xeito eficaz na busca de emprego?
http://dondehaytrabajo.com
Consellos interesantes para xestionar adecuadamente a nosa presencia na rede
http://gestionar-presencia-en-redes-sociales
Cómo escribir un correo electrónico para solicitar empleo
http://como-escribir-un-correo-electronico-para-solicitar-empleo
Que buscan as empresas nos/as candidatos/as?
http://competencias-máis-valoradas-nas-empresas
Un correo electrónico de solicitude de emprego, xunto cunha carta de presentación oficial e un CV, é un reflexo da competencia dun/a buscador/a de traballo,a profesionalidade e experiencia.Como escribilo?
http://como-escribir-un-correo-electronico-para-solicitar-empleo

ROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS NAS CONVOCATORIAS DE MAIO E SETEMBRO DE 2013

Convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Os prazos de matrícula serán:
.- Para a convocatoria de maio (exame o 31 de maio): do 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluidos.
.-Para a convocatoria de setembro (exame o 12 de setembro): do 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluidos.
Máis información:www.edu.xunta.es

ORDE do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013 e se procede

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Traballo e Benestar inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2013.

A participación na oferta da Campaña de verán 2013 realizarase a través de inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión do/a participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2013, cómpre destacar o seguinte:

– Os/as nacidos/as no ano 1995 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2004 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

3. O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión da solicitude.

Presentación de solicitudes.

A presentación da solicitude poderá facerse, a elección do/a solicitante, por vía electrónica ou por vía escrita:

a) Vía electrónica:https://sede.xunta.es.

b) Vía escrita:Se a solicitude se presenta por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de Correos correspondente se faga constar o selo e a data antes de proceder ao seu envío postal.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (Curso 2013-2014)

Hoxe, venres 5 de abril, comezou o prazo de solicitude de praza para o curso 2013-2014. Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013). Facendo clic neste enlace atoparase un resumo dos aspectos máis salientables do proceso de admisión. En todo caso, lémbrase a todos os interesados que o PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO DO 5 Ó 17 DE ABRIL, ambos os dous días incluídos.

Actividades de formación en linguas estranxeiras (2013)

No DOG do 22 de marzo publicouse a Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013. Facendo clic neste enlace poderedes consultar os aspectos máis salientables desta convocatoria. De todos os xeitos pódese acceder ó texto íntegro da convocatoria dende esta ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/8911

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 22 DE ABRIL.

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Destinatarios:Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.- 1º e 2º Bacharelato.

- Ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.

Requisitos:

- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.

- Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6 no curso 2011/2012.

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.

- Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda. Exento o alumnado menor de 14 anos.

 

Prazo aberto do 23 de marzo ata o 22 de abril (ambos incluídos)

Becas 2013 para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharela

Becas  2013 para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grado Medio e Idiomas.

Datos xenerais:

  • Descrición:Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés de unha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.
  • Destinatarios:Alumnos becarios, que cumpran os requisitos establecidos.
  • Requisitos:

• Haber nacido entre o 1 de xaneiro de 1993  e o 31 de decembro de 1996
• Ter a condición de becario da convocatoria xeneral de becas do Mº de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución de 2 de agosto de 2012 da  Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan becas e axudas ao estudo con carácter xeneral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios para o curso 2012/2013
• Estar matriculado no curso 2012/2013 no:

  •  
    • Bacharelato
    • Ensinanzas profesionais de música e danza
    • Grao medio de Formación Profesional
    • Grao medio de artes plásticas e deseño
    • Grao medio de ensinanzas deportivas
    • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio o avanzado

• Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e  haber obtido en dito curso unha nota final mínima de 7,00 puntos na materia de inglés.
• Terán preferencia os solicitantes que obtiveran unha puntuación superior.

  • Dotación:A axuda cubre todos os gastos de ensinanza. Material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado deberá aboar á empresa  100 €.
  • Prazo de presentación
    • Desde: 20 de febreiro de 2013
    • Ata: 14 de marzo de 2013
  • ¿Cómo realizalo?:A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.

Solicitude: Máis información sobre este trámite ou servizo::http://www.educacion.gob.es/consultas-informacion/Teléfono:91 327 76 81

  • Documentación requirida:

Certificación do secretario do centro donde cursara os estudos , nos que figure que o solicitante cumpre os requisitos académicos. O modelo de certificación obtense ao presentar a solicitude. Neste documento  consta o número de fax á que enviarase.

  • Lugar de entrega:A solicitude se presentará polo procedemento telemático establecido a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación Cultura e Deporte.

Programa Xuventude Emprende

Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, puxemos en marcha este ano unha xornada formativa "Xuventude Emprende" dirixida a todos aqueles rapaces e rapazas que estean a cursar 1º e 2º de Bacharelato, ou ciclos medios formativos.

O programa Xuventude Emprende, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Son unhas xornadas formativas de balde nas que se inclúe o aloxamento e formación, durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras como: o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras.

Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre. A inscrición neste programa está planificada para que sexan as propias persoas mozas que participan as que se inscriban dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado www.xuventude.net, no enlace:

http://xuventude.xunta.es/201302269864/xornadas-educativas-xuventudeempr....

1ª Festa do ensino público

Co fin de reclamar e defender un ensino público de calidade, a FANPA e as asociacións de nais e pais de alumnos de Pontevedra organizaron unha xornada lúdica reivindicativa, á que se lle deu o nome de I FESTA DO ENSINO PÚBLICO. Este encontro terá lugar o vindeiro sábado 23 de febreiro a partir das 16:00 horas no mirador de Monte Porreiro. Os organizadores convidan a todos os sectores da comunidade educativa do ensino público: familias, profesores, alumnos e demais persoas interesadas. Facendo clic neste enlace poderase acceder á convocatoria feita dende a FANPA e ó programa de actividades do evento. Dende o equipo directivo do IES Gonzalo Torrente Ballester aproveitamos a ocasión para animar a todos os membros do noso centro a participar nesta xornada festiva.

Club de debate

O pasado sábado 2 de febreiro un grupo de dez alumnos de 4º B, dirixidos polo profesor Xosé Álvarez, participaron na fase provincial do IV Club de Debate do Concello de Pontevedra. A actividade tivo lugar no Pazo de Cultura. Os nosos alumnos acadaron un meritorio terceiro posto neste evento, no cal debateron en quendas con estudantes doutros institutos e colexios da capital e a comarca, como o IES Ponte Caldelas, o IES Sánchez Cantón, o IES Luís Seoane, o IES A Xunqueira I, o IES de Poio e o colexio Salvador Moreno. Facendo clic no seguinte enlace poderedes acceder a unha reportaxe sobre o debate publicada por Ponte.TV: http://www.ponte.tv/2013/02/a-favor-ou-en-contra.

Aquí vos deixamos unha foto do equipo que nos representou. PARABÉNS A TODOS POLO VOSO ESFORZO.


Función teatral

O pasado 1 de febreiro os alumnos de 3º de ESO asistiron á representación teatral da obra "Azos de esguello" de Euloxio R. Ruibal no Teatro Principal. Aquí queda unha foto do grupo que participou nesta actividade.
 

Distribuir contido