You are hereCorrespondentes Xuvenís / Información Xuvenil

Información Xuvenil


Información para o alumnado en temas do seu interese

Avaliación e acreditación das competencias profesionais

Avaliación e acreditación das competencias profesionais

O Instituto Galego das Cualificacións convoca para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación para un total de 1.800 prazas nas seguintes cualificacións profesionais

Parlamento Xove 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo para a inscrición nunha nova edición de Parlamento Xove.

1 m2 polo Campo, o Monte e os Bosques

Saber o porqué, o onde, o cando e canta basuraleza nos rodea é o principio para liberarnos dela. Por iso, desde LIBERA convidanvos a participar na nova convocatoria de ‘1 m2 polo Campo, o Monte e os Bosques‘, que se celebrará entre o 7 e o 15 de decembro de 2019.

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia

Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, participación e Voluntariado presentou o programa SON Voluntaria que pretende fomentar a participación activa da mocidade nos festivais de música de Galicia.

SON Voluntario/a nace coa finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e vivirán a experiencia do festival desde dentro.

Algunha das tarefas das que se encargarán son: ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental. Cómpre destacar que as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día.

Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?

Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?

A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza.

Nortear

Nortear

A Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan a V edición do premio literario Nortear.

Canto podes ponderar na ABAU??

Canto podes ponderar na ABAU??

No DOG do 27 de maio de 2019 publícanse os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/20.

DOG do 27 de maio de 2019

http://ciug.gal/PDF/ponderaciones0403.pdf

Premios extraordinarios de ESO

Premios extraordinarios de ESO

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

English Week para centros educativos

English Week para centros educativos

A Consellería de Educación fai unha convocatoria para seleccionar centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e da ESO.

Axudas económicas para libros de texto e material escolar

Axudas económicas para libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.