Skip to Content

Agregador de novas

Listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas, período extraordinario, das prazas nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Portal Educación Xunta - Ven, 09/10/2020 - 08:35
Idioma Gallego

Resolución do 9 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e a relación de suplentes, de ser o caso, correspondentes ao período extraordinario, de acordo co previsto nos artigos 5.2 e 34 da Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21 (DOG núm. 111, do 9 de xuño).

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 13 de outubro e 9 de novembro de 2020), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

 

Anuncio principal: 

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas Xunta

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, Organización e procesos de mantemento de vehículos

Portal Educación Xunta - Xov, 08/10/2020 - 13:23
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 8 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Publicación da Resolución do 30 de setembro de 2020, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

Portal Educación Xunta - Xov, 08/10/2020 - 09:28
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

File: 

Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Consellos escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas Xunta

Publicación da modificación da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas...

Portal Educación Xunta - Xov, 08/10/2020 - 08:54
Idioma Gallego

Publicada a Orde do 7 de outubro de 2020 de modificación da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

Anuncio principal: 

Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación de Investigación

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Publicación da composición da comisión de selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20

Portal Educación Xunta - Xov, 08/10/2020 - 08:33
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311E)

Publicada a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20.

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas Xunta

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de FP, Sistemas e Aplicacións informáticas

Portal Educación Xunta - Mér, 07/10/2020 - 11:28
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 7 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227). Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, especialidade Informática

Portal Educación Xunta - Mér, 07/10/2020 - 11:16
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 7 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107). Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia especialidade de fagot

Portal Educación Xunta - Mar, 06/10/2020 - 08:14
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 5 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores música e artes escénicas, especialidade de fagot (594408).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución do 2 de outubro de 2020 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Portal Educación Xunta - Lun, 05/10/2020 - 09:32
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de outubro de 2020, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

Neste curso escolar ofrécense 41 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta.

Prazo de solicitude: do 6 ao 23 de outubro de 2020.

Solicitude: a traves da aplicación de Plan Proxecta (https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/)

Servizo relacionado: 

Plan Proxecta

File: 

Resolución do 2 de outubro de 2020

Tema: 

Plan Proxecta

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

O Plan Proxecta incorpora este curso dúas novas modalidades centradas no Patrimonio cultural

Portal Educación Xunta - Sáb, 03/10/2020 - 08:20
Idioma Gallego

Summary: 

A Xunta abre o prazo ata o 23 de outubro para que os centros se inscriban nesta iniciativa, que aglutina os 41 programas desenvolvidos polos diferentes organismos en relación coa educación O obxectivo é avanzar no desenvolvemento da innovación educativa a través do traballo por proxectos vinculado a áreas como a saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía ou a convivencia, entre outros moitos No pasado curso participaron nesta iniciativa preto de 148.000 alumnos de 579 centros que desenvolveron máis de mil proxectos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica a convocatoria para este curso 2020/2021 do Plan Proxecta, a iniciativa que aglutina todos os programas que os diferentes organismos da Xunta desenvolven arredor do eido educativo. Este ano incorpóranse á oferta dúas novas modalidades dentro do programa Educación Patrimonial, en concreto Museos e Patrimonio e Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

Museos e Patrimonio pretende promover unha colaboración estreita entre a comunidade educativa e o museo para facer deste un instrumento eficaz para a educación formal. Neste sentido, os participantes coñecerán o variado e rico patrimonio museístico e o patrimonio inmaterial asociado a este a través da implicación da comunidade educativa nas actividades destas institucións culturais. A través delas, promoverase a investigación do alumnado sobre aspectos culturais relacionados co patrimonio material e inmaterial que acaben por fomentar os valores asociados á súa conservación.

A modalidade Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning ten como obxectivo potenciar o coñecemento e a valoración do patrimonio cultural europeo material e inmaterial, propiciando o diálogo intercultural, e a cohesión social; ao tempo que se fomentan enfoques centrados na súa contribución á creación de emprego e ao crecemento económico e que persigan a súa conservación e sustentabilidade. Esta iniciativa funcionará tamén como un promotor da internacionalización dos centros educativos galegos e, neste sentido, para mellorar a comprensión doutras culturas e a comunicación intercultural, así como para promover a diversidade lingüística da Unión Europea e poñer en valor a lingua galega.

Competencias clave e transversalidade

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos interdisciplinarios que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo, e os elementos transversais, nos que se inclúe a educación en valores. Así mesmo, favorécese o traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.

Neste curso ofértanse un total de 41 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade. O procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/ e o prazo de presentación rematará o día 23 de outubro de 2020.

No curso 2019/20 participaron no Plan Proxecta preto de 148.000 alumnos dun total de 579 centros de ensino que desenvolveron 1070 proxectos distintos coa colaboración de máis de 8200 docentes.

Información xeral Plan Proxecta Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Centros
Categorías: Novas Xunta

Adxudicación definitiva dos destinos provisionais obtidos para o curso 2020/21 entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ...

Portal Educación Xunta - Ven, 02/10/2020 - 08:38
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Adxudicación de destino provisional para o curso académico 2020/2021, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados,interinos,substitutos...

Xúntase a Resolución do 10 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se realiza a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo.

Servizo relacionado: 

CADP

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2020. Novo prazo de inscrición

Novas de FP - Xov, 01/10/2020 - 11:34

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade traslada a celebración do 6º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2020, ao primeiro semestre do 2021.

Ábrese un novo prazo de inscrición para aqueles centros interesados que non remitiran con anterioridade a súa solicitude.

Esta deberá remitirse, antes do día 15 de novembro de 2020, ao seguinte enderezo de correo electrónico galiciaskills@edu.xunta.gal.

Categorías: Novas FP

Premios Fundación Princesa de Girona 2021. Convocatoria aberta ata o 30 de outubro

Novas de FP - Xov, 01/10/2020 - 09:44

Presenta a túa candidatura antes do 30 de outubro. No caso do Premio Internacional, o período alongarase ata o 30 de novembro.

A FPdGi convoca anualmente os Premios Fundación Princesa de Girona coa vontade de promover e fomentar a iniciativa e o esforzo, a investigación científica e a creatividade artística, a solidariedade e o desenvolvemento do talento de mozos emprendedores e innovadores que demostran inquietude por construír un mundo máis xusto nunha contorna globalizada, e que teñen a capacidade de asumir riscos e a motivación necesaria para inducir cambios na sociedade.

Os premios ao detalle:

Premio Fundación Princesa de Girona Social (consulta as bases e presenta a túa candidatura): Dirixido a premiar a mozos que, polo seu liderado e compromiso persoal, lograsen éxitos na creación e o impulso de proxectos sociais con visións novas e logros tanxibles, no marco de entidades ou empresas sociais.

Premio Fundación Princesa de Girona Investigación Científica (consulta as bases e presenta a túa candidatura): Dirixido a premiar a mozos científicos (incluíndo as ciencias humanas e sociais) con proxectos ou experiencias de investigación destacadas na súa disciplina, emprendedoras, innovadoras e cun elevado potencial de desenvolvemento futuro.

Premio Fundación Princesa de Girona Artes e Letras (consulta as bases e presenta a túa candidatura): Dirixido a premiar a mozos cun talento e unha obra prometedora en calquera disciplina das artes e as letras, e que sirva de exemplo e inspiración para outros mozos.

Premio Fundación Princesa de Girona Empresa (consulta as bases e presenta a túa candidatura): Dirixido a premiar a mozos con iniciativa emprendedora na execución dun proxecto orixinal e viable de empresa.

Premio Fundación Princesa de Girona Internacional (consulta as bases e presenta a túa candidatura): Este premio quere recoñecer a traxectoria profesional de mozas de calquera parte do mundo que destacan polo seu traballo, os seus méritos e o seu exemplaridade. A diferenza do resto de categorías dos Premios FPdGi, o Premio Internacional outorgarase por nomeamento.

Categorías: Novas FP

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións no corpo de PES, Francés

Portal Educación Xunta - Mér, 30/09/2020 - 12:35
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 30 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010).

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Publicación das listaxes provisionais correspondentes ao período extraordinario pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21

Portal Educación Xunta - Mar, 29/09/2020 - 12:51
Idioma Gallego

Resolución do 29 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario de acordo co previsto nos artigos 5.2 e 34 da Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21 (DOG núm. 111, do 9 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración a partir da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais e o 2 de outubro de 2020 (este incluído).

Anuncio principal: 

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut