|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Novas FP
Resolución das axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
Publicada no DOG a Orde 8 de agosto de 2024 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024.
Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025
Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025 e a relación das persoas responsables da dinamización, no marco do Plan de recuperación, trans-formación e resiliencia.
Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025
Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade no curso 2024-2025 para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.
Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2024-2025
Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024-2025.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 13 de setembro ata o 14 de outubro de 2024, ambos os dous incluídos.
Listaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 24/25
Publicada a listaxe definitiva de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada, persoas excluídas e renuncias na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025.
Admisión FP: Ciclos liberados ou con prazas vacantes. Curso 2024-2025
Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas.
- Oferta dual intensiva.
- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
- Cursos de especialización
- FP básica.
Formación Profesional 3ª Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025
Resolución de prazas adxudicadas en formación profesional para o curso 2024-2025.
- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
As persoas con praza adxudicada deberán matricularse ou, no seu caso, renunciar antes das 13:00 horas do día 5 de setembro.
- Instrucións matrícula/renunica oferta ordinaria e cursos de especialización.
- Instrucións matrícula oferta modular.
Listaxe provisional de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 24/25
Publicada a listaxe provisional de persoas seleccionadas e excluídas para cada ensinanza ofertada na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación para interpor reclamacións ou renuncias ante a presidencia da Comisión de Valoración.Resolución da Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024/25
Publicada a Resolución do 2 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se dá continuidade á Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024/25, creada pola Resolución do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Listaxe definitiva de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües. Curso 2024-2025
Publicada a Resolución do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Admisión FP: Ciclos liberados ou con prazas vacantes. Curso 2024-2025
Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas
- Oferta dual intensiva
- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
- Cursos de especialización
Formación Profesional 2ª Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025
Resolución de prazas adxudicadas en formación profesional para o curso 2024-2025.
- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
As persoas con praza adxudicada deberán matricularse ou, no seu caso, renunciar antes das 13:00 horas do día 31 de xullo.
Admisión FP básica. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025
Resolución de prazas adxudicadas en formación profesional básica para o curso 2024-2025.
Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.
Listaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade A do programa Retorna Talento FP 24/25
Publicada a listaxe definitiva de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
Relación de miniempresas premiadas no Concurso Miniempresas Lugo 2023-2024
Publicada a Resolución do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de miniempresas premiadas no Concurso Miniempresas Lugo 2023-2024, convocado na Resolución do 1 de marzo de 2024.
Resolución pola que se ditan instrucións dos graos D e E de FP para o curso 24/25
Resolución do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25
Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 24/25.
Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25.
Listaxe provisional admitidos e excluídos da 2ª convocatoria 2024 de carnés e habilitacións profesionais.
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da segunda convocatoria 2024 de probas de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 2 de agosto de 2024.
Admisión FP: Ciclos liberados ou con prazas vacantes. Curso 2024-2025
Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas:
- Oferta dual intensiva
- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
- Cursos de especialización
Relación de proxectos premiados no concurso Atrévete a ter unha idea 23/24
Publicada a Resolución do 17 de xullo de 2024 pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Atrévete a ter unha idea 2023/2024.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »