Retorna Talento FP 2024/2025

 

Información xeral

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 12 de xuño incluído.

Menores de 45 anos poderán iniciar neste 2024 en Galicia estudos de FP, que se ofertarán en dúas modalidades:

Modalidade A

48 Bolsas de 6.500 euros para cursar programas específicos de formación profesional:

  1. Formación específica básica de albanelaría e fontanería (597 horas), en A Coruña
  2. Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas) en Ferrol, A Coruña
  3. Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas) en Culleredo, A Coruña

Non hai requisitos de titulación.

Valorarase a experiencia laboral e formación relacionada coa praza que se solicite.

Modalidade B

60 Bolsas de 10.800 euros para cursar un ciclo oficial de FP en modalidade semipresencial e a distancia dual.

Nesta modalidade a formación terá unha duración de dous cursos académicos. Durante o curso 2024/2025, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, que poderá desenvolver desde o seu país de residencia, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá na empresa. O curso 2025/2026 desenvolverase na modalidade semipresencial e a distancia dual, cunha primeira parte de formación no centro educativo seguido dunha formación no centro de traballo.

Os ciclos que se ofertarán son:

As persoas solicitantes poderán concorrer a unha única modalidade das distintas ensinanzas ofertadas, escollendo entre a modalidade A ou a modalidade B, elixindo a súa primeira opción como preferente, e sinalando na solicitude as restantes opcións segundo a súa orde de preferencia.

Para optar a esta axuda é necesario acreditar titulación homologada ou en proceso de homologación (Título da ESO ou equivalente para ciclos medios, e título de bacharelato ou equivalente para ciclos superiores).

Documentación a achegar coa solicitude:

  1. Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade ou nacionalidade española, para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade) español.
  2. Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.
  3. Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de fin de presentación da solicitude.
  4. Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia:
    • Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.
    • Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/s concello/s galego/s onde residiron.
    • Descendentes por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa emigrante nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.
  5. Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), ou calquera outra documentación acreditativa deste aspecto.
  6. Para as persoas solicitantes da modalidade A, documentación acreditativa da experiencia laboral e formación relacionada coa praza que solicita.
  7. Para as persoas solicitantes da modalidade B, titulación homologada ou solicitude de homologación da formación necesaria para acceder ao ciclo ofertado e currículum vitae actualizado.

Máis información: retorna.talento.fp@edu.xunta.gal.

Convocatorias anteriores