Skip to Content

Agregador de novas

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000147436

Novas de FP - Xov, 14/03/2024 - 11:01

Publícase a Resolución do 13 de marzo de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA131-HED-000147436.

Categorías: Novas FP

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000147436

Portal Educación Xunta - Xov, 14/03/2024 - 10:57
Idioma Gallego

Publícase a Resolución do 13 de marzo de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA131-HED-000147436.

Máis información

Tema: 

Programas e plans Programas europeos e internacionais Erasmus

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

A Xunta reparte nos Polos Creativos un ‘kit’ con materiais específicos para poñer en valor figuras históricas femininas co gallo do 8-M

Portal Educación Xunta - Mér, 13/03/2024 - 14:44

Summary: 

Esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos de Educación Infantil, Primaria e ESO

Román Rodríguez explica que o obxectivo “é facer fincapé na importancia do papel das mulleres en diferentes ámbitos profesionais e estimular as vocacións científicas entre as nenas”

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, visitou hoxe o Colexio CPI Plurilingüe de Vedra, onde comprobou como o alumnado traballa co kit de Polos Creativos elaborado polo seu departamento para a celebración do 8-M. Tal e como explicou o representante da Xunta, o obxectivo deste equipamento especial é poñer en valor figuras históricas femininas das artes e das ciencias desde unha reivindicación lúdica.

Tal e como explicou Román Rodríguez, “esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos que imparten Educación Infantil, Primaria e ESO, o que supón a instalación deste espazos en máis de 1.200 centros, cun investimento próximo aos 19M€”. 

“Este novo kit ten como obxectivo facer fincapé na importancia do papel das mulleres en diferentes ámbitos profesionais e seguir avanzando no estímulo das vocacións científicas entre as nenas, amosándolles exemplos de mulleres relevantes neste eido”, salientou o conselleiro en funcións. “Ademais, búscase que os estudantes descubran que a creatividade non só se ampara na tecnoloxía, senón tamén no coñecemento artístico e na capacidade inventiva, que tamén incentivan a matemática, a xeometría, a cooperación”, puntualizou.

Materiais do ‘kit’

Deste xeito, o novo kit inclúe un xogo de cartas con imaxes de ilustradoras científicas elaboradas por mulleres artistas que serve para que os estudantes descubran as figuras históricas, e que o fagan dunha maneira desenfadada. 

A maiores, contén ilustracións inspiradas en autoras históricas para recrear con materiais dixitais, así como un vídeo documental sobre o traballo das redeiras, e indicacións para realizar redes similares empregando materiais impresos en 3D. 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria do programa Retorna Talento FP 2024-2025

Portal Educación Xunta - Mér, 13/03/2024 - 10:51
Idioma Gallego

Publicada a Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B)

Máis información

 

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Novidades na configuración do boletín informativo de avaliación de educación infantil

Portal Educación Xunta - Mér, 13/03/2024 - 10:47
Idioma Gallego

Novas funcionalidades para a configuración na aplicación Xade do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil: posiblidade de desmarcar criterios de avaliación e automatización da avaliación individual do alumnado ao cualificar a área de forma global.

 

File: 

Configuración na aplicación Xade do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Educación infantil

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas

Portal Educación Xunta - Mér, 13/03/2024 - 10:33
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 12 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.

Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Anuncio principal: 

Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria do programa Retorna Talento FP 2024-2025

Novas de FP - Mér, 13/03/2024 - 09:58

Publicada a Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B)

Máis información

Categorías: Novas FP

Rueda destaca a formación profesional especializada en hostalería e turismo como un dos grandes alicerces do récord de visitantes que recibe Galicia

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 19:41

Summary: 

Salienta o labor dos centros integrados de FP cos que conta a comunidade para estas familias profesionais, entre os que se atopa o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e no cal a Xunta vén de investir 2,8 M€ para a súa ampliación

Indica que esta actuación serve para aproveitar o dobre boom que está a vivir tanto o turismo como a FP galega en xeral con esa “revolución silenciosa” que cada vez é máis certa

Idioma Gallego

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Formación Profesional especializada nas ramas de hostalería, gastronomía e turismo como un dos factores que xustifican o récord de visitantes que está a recibir Galicia. “O ano pasado foron sete millóns de visitantes e todas as previsións apuntan a unha consolidación, que é case máis importante que o crecemento, polo que hai que estar preparados para atendelos como merecen”, asegurou.

Neste sentido, Rueda puxo en valor os oito centros integrados de FP de Hostalería e Turismo cos que conta Galicia, entre os que se atopa o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, o cal vén de rematar un proceso de ampliación gracias a un investimento da Xunta de 2,8 M€. O titular do Goberno en funcións, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou esta mañá na inauguración dos novos espazos, baseados nun novo edificio de tres plantas para aulas, un viveiro de empresas, unha zona administrativa e vestiarios.

Así, as obras permitiron crear dúas novas clases de FP Básica de Cociña e Restauración, novas aulas do ciclo superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos e outra de catas, así como mellorar a eficiencia enerxética do centro e a súa accesibilidade.

Centro de referencia para un sector referente

Alfonso Rueda enxalzou a posición de referencia da que goza o CIFP Carlos Oroza, ao mesmo tempo que asegurou que a intención do Goberno galego con esta mellora pasa por consolidar o seu papel como un espazo fundamental a nivel internacional.

Non en balde, é o mellor centro de FP de España, segundo se confirmou ao acadar a máxima puntuación por parte do Ministerio entre todas as comunidades autónomas.

“Esta ampliación, a terceira que se fixo en moi pouco tempo, serve para aproveitar este dobre boom que estamos vivindo, tanto no turismo como na FP galega en xeral con esa revolución silenciosa que cada vez é máis certa”, indicou, facendo referencia a que o número de persoas matriculadas neste tipo de formación duplicouse en apenas 10 anos.

Así mesmo, salientou que o labor que deste centro contribúe a dar resposta á demanda do mercado de profesionais cualificados nun sector como é o turismo, “a industria da felicidade” que, tal e como apuntou supón xa o 12% do PIB galego.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Román Rodríguez pide axilidade na elaboración do Plan Especial de Conxo para construir un Centro de FP

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 19:33

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa no Consello de Administración do Consorcio de Santiago

Lembra que a Xunta vai actuar de urxencia no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres á espera dun plan integral de rehabilitación liderado polo Consorcio

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na sesión ordinaria do Consello de Administración do Consorcio da cidade de Santiago, que se celebrou na Casa Vaamonde.

O representante da Xunta de Galicia aproveitou para pedir axilidade na elaboración do Plan Especial de Conxo, un plan que posibilitará a futura construción dun Centro Integrado de FP especializado en ciencias da saúde en Conxo. “A creación deste centro busca mellorar a oferta educativa vinculada ao campo sanitario e ás necesidades profesionais neste ámbito”, explicou Román Rodríguez sobre a repercusión deste proxecto e a importancia de desbloquealo a nivel urbanístico, así como a creación de prazas educativas no sur da cidade.

Así mesmo, durante a reunión, o conselleiro de Cultura en funcións lembrou que a Xunta de Galicia está a actuar de urxencia na Igrexa de Bonaval debido as humidades provocadas pola entrada de auga das últimas choivas, á espera dun plan integral de rehabilitación da igrexa que acolle o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres liderado polo Consorcio de Santiago.

Neste senso, Román Rodríguez avanzou que os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa se desprazaron á igrexa para avaliar a intervención de urxencia e poder acometela canto antes.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Unha vintena de alumnos do colexio Terra Chá de Vilalba achéganse á actividade da Xunta a través do programa ‘Coñece as túas institucións’

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 19:32
Idioma Gallego

Unha vintena de alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio CEIP Terra Chá, de Vilalba, visitaron esta mañá a Xunta de Galicia no marco do programa Coñece as túas institucións. A través desta iniciativa, o Goberno galego e o Parlamento de Galicia ofrecen visitas guiadas ás súas sedes para promover o achegamento e dos escolares sobre os poderes lexislativo e executivo de Galicia. De feito, o grupo de escolares visitou tamén esta mañá o Pazo do Hórreo. 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, acompañou os nenos nesta visita, na que se lles explicou o funcionamento da Xunta e as súas principais funcións e se lles proporcionou material didáctico específico. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou o valor deste programa para fomentar unha cidadanía democrática e responsable entre o alumnado e respondeu ás dúbidas dos escolares sobre a actividade diaria dunha persoa que traballa na sede do Goberno galego.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 14:47

Summary: 

O secretario xeral de Política Lingüística participa nas XVI Xornadas Martín Sarmiento, nas que se entrega a IV edición do Premio Morales

A celebración está dirixida fundamentalmente á comunidade educativa do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria

Idioma Gallego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na localidade leonesa de Cacabelos na XVI edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León, entre outras entidades.

A celebración, que xira arredor do aniversario do ilustre berciano Frei Martín Sarmiento o 9 de marzo, reuniu como cada ano arredor dun milleiro de estudantes de lingua galega do Bierzo, que se deron cita no Cine Faba para comezar a xornada festiva. Alí, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, acompañado de varios representantes locais e autonómicos, expresou a súa satisfacción “polo interese que a lingua galega esperta máis aló das nosas fronteiras, especialmente na xente nova, que aposta por formarse nela e garantir o seu futuro nestas terras”.

Programa da xornada

A primeira parte da xornada estivo orientada ao estudantado de secundaria e da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada adscrito ao Programa de promoción do galego no Bierzo e Sanabria, que reforza os vencellos históricos entre as dúas comunidades autónomas.

Os asistentes empezaron a traballar nunha proposta didáctica arredor do Dicionario do Galego do Bierzo, da autoría de Sara Rodríguez Fernández, co obxectivo de difundir os contidos do volume e ampliar o número de entradas desta primeira edición.

De seguido, uniuse a rapazada dos centros de Primaria para asistir á entrega da IV edición do Premio Morales, que conta co patrocinio da Consellería da Cultura, Educación, FP e Universidades. Este certame promove a creatividade artística e literaria en lingua galega dos escolares ao tempo que homenaxea ao autor berciano Antonio Fernández Morales, precursor da escrita en galego en Castela e León.

O acto, que estivo amenizado pola actuación musical de Paco Nogueiras co espectáculo C@nto contigo, continuou coa presentación das novas seccións da páxina web ogalegonobierzo.org, impulsada co apoio da Xunta, e o anuncio da convocatoria da V edición do Premio Morales.

A xornada pechouse cunha mesa de debate na que se reuniron autoridades, docentes e diferentes entidades culturais para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo.

A celebración do Día do Galego no Bierzo está dirixida fundamentalmente á comunidade educativa dos 19 centros -18 en León e un en Zamora- adscritos ao Programa de promoción da lingua galega neste territorio galegofalante do exterior, xurdido da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, iniciada no ano 2001. Deles, 14 son colexios e catro son institutos, ademais da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 10:50
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 11 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional da lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 10:42
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 11 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PESSFP (598)

Portal Educación Xunta - Mar, 12/03/2024 - 10:34
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 11 de marzo de de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Román Rodríguez destaca o éxito do primeiro ciclo de FP dual de hostalaría da Costa da Morte

Portal Educación Xunta - Lun, 11/03/2024 - 16:22

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións visita os 12 alumnos do ciclo de FP Básica en Cociña e restauración do Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía

O conselleiro de Educación en funcións visita os 12 alumnos do ciclo de FP Básica en Cociña e restauración do Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, comprobou hoxe o funcionamento da nova FP Básica na modalidade dual en Cociña e restauración que se imparte desde este curso no Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía. “Trátase da primeira iniciativa deste tipo na familia profesional de Hostalaría e turismo na zona e responde á demanda detectada e transmitida polos empresarios do sector da Costa da Morte desde hai un tempo”, destacou o representante da Xunta.

Neste sentido, Román Rodríguez salientou a gran resposta do tecido produtivo a esta oferta. “Son unha decena de empresas as que van colaborar na formación destes 12 alumnos que inauguran o ciclo, todas elas de recoñecido prestixio”, explicou. “Estamos seguros de que esta primeira edición vai ser todo un éxito e de que o sector vai seguir demandando esta formación para nutrirse de profesionais cualificados para seguir medrando”, afirmou o conselleiro en funcións.

En concreto, a partir deste mesmo mes os alumnos co ciclo realizarán a actividade formativa profesional no Parador Costa da Morte e nos restaurantes A Casa do Peixe, Son de Mar, A Lonxa D'Álvaro, A Furna, A Marina e As Baleas, todos eles de Muxía; en O Semáforo, de Fisterra; no Hotel Insua, de Cee, e en Villa de Oro, de Camariñas. 

No transcurso da visita, o conselleiro interesouse pola experiencia persoal do alumnado nestes primeiros meses na FP e animounos a continuar mellorando a súa formación ao remate do mesmo na oferta de ciclos de grao medio. A visita completouse cun petisco ofrecido polos estudantes para amosar o aprendido no que vai de curso.

Saídas profesionais

O ciclo de FP Básica en Cociña e restauración ensina ás persoas que o cursan a desenvolver con autonomía as operacións básicas de preparación, conservación e presentación de elaboracións culinarias, alimentos e bebidas, así como a asistir nos procesos de servizo e atención á clientela. Deste xeito, os titulados poderán traballar como axudantes de cociña, de camareiro, de bar ou de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas, entre outras actividades.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

A Xunta colaborará na conservación do valioso patrimonio educativo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee cunha achega de case 50.000€

Portal Educación Xunta - Lun, 11/03/2024 - 16:14

Summary: 

O conselleiro de Cultura en funcións e a presidenta da entidade asinan senllos convenios para gastos de xestión e obras de mellora

Román Rodríguez pon en valor o papel desta entidade na salvagarda da herdanza do pasado educativo único do rural galego

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, e a presidenta da Fundación Fernando Blanco de Lema, Eva García Caamaño, asinaron hoxe senllos convenios de colaboración para mellorar e manter as instalacións do Museo Fernando Blanco, sito na localidade coruñesa de Cee. Á sinatura asistiu tamén o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Cunha achega próxima aos 50.000€, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia colaborará cos gastos de xestión desta institución cultural e sufragará as obras de mantemento necesarias. En concreto, a actuación inclúe limpeza de cuberta, substitución de pezas rotas e selado de patio de luces, impermeabilización interior, limpeza de canlóns, vernizado exterior, fachadas interiores e parámetros interiores.

A Fundación centra os seus esforzos na posta en valor da figura de Fernando Blanco de Lema e a promoción educativa e cultural da vila de Cee e da súa bisbarra, a través dos dous edificios que posúe na vila: o actual Instituto IES Fernando Blanco de Lema e a antiga Escola de Nenas, actualmente Museo Fernando Blanco.

Un pasado educativo único

Tal e como destacou Román Rodríguez, “este museo pon en valor o pobo de Cee como herdeiro dun pasado educativo único no rural, cunha etapa de esplendor a finais do século XIX e primeira metade do século XX, coincidindo precisamente coa fundación do Instituto Fernando Blanco”. “Neste sentido, a colaboración que hoxe subscribimos ten como obxectivo salvagardar non só o antigo edificio da Escola de Nenas, senón un valiosísimo patrimonio educativo”, salientou.

A colección que alberga o Museo está formada na súa maior parte polo instrumental científico e o material didáctico das antigas cátedras, laboratorio e gabinetes do vello Instituto-Escola de Cee, de finais do século XIX, entre os que se atopan medidores de diversas magnitudes, aparellos de mecánica, acústica, óptica, etc. Cabe salientar tamén as coleccións de animais, minerais e fósiles.

Xunto a este material, a colección complétase co material didáctico doutras materias incorporadas ao centro ao longo da súa historia, coa documentación histórico-educativa e con fondos artísticos e pictóricos, entre os que se atopan as obras pictóricas de Federico Madrazo, gravados da Calcografía Nacional e unha colección de ourivería relixiosa.

O Museo Fernando Blanco tamén destaca o labor deste concello no aproveitamento integral do seu patrimonio histórico e como centro de dinamización cultural da comarca.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 23 de novembro de 2023 (convocatoria 2023) das axudas de apoio á etapa predoutoral

Portal Educación Xunta - Lun, 11/03/2024 - 12:13
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 23 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

 

Anuncio principal: 

Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocatoria para o exercicio 2023

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

A Xunta aumenta un 10% as axudas para que as ANPAS de educación especial financien as súas actividades

Portal Educación Xunta - Dom, 10/03/2024 - 14:32

Summary: 

Educación dota  con 66.000€ esta liña que sufraga tamén gastos de xestión, administración, adquisición de material e mantemento das súas instalacións

Idioma Gallego

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de Educación Especial para este ano.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades habilita unha partida de 66.298€, un 10% máis que o ano pasado, a esta liña que ten como obxectivo contribuír ao financiamento destas entidades. 

As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado. A subvención é compatible con outras subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Solicitudes ata o 4 de abril

As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 4 de abril para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2024

Novas de FP - Ven, 08/03/2024 - 15:50

Publicada a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Nas seguintes ligazóns atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de presentación da documentación requirida será do 9 ao 18 de marzo, ambos os dous incluídos.

Categorías: Novas FP

Relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2024

Portal Educación Xunta - Ven, 08/03/2024 - 15:49
Idioma Gallego

Publicada a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut