Skip to Content

Agregador de novas

Educación recoñece o traballo de seis estudantes cos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 14:49
Summary: Na modalidade de Música resultaron premiados tres alumnos dos conservatorios profesionais de Música da Coruña e de Vigo, e do centro autorizado Manuel Peleteiro de SantiagoNa modalidade de Artes Plásticas e Deseño foron galardoadas dúas alumnas das escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago)Na modalidade de Danza o premio foi para unha estudante do Conservatorio de Danza Profesional de Lugo Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes plásticas e Deseño.

Con eles recoñécense e valóranse publicamente os méritos académicos e artísticos excepcionais baseados no esforzo e no traballo de seis alumnas e alumnos que remataron os seus estudos no curso 2018/19 cun excelente resultado académico.

Na modalidade de Música, os galardoados foron Miguel Iglesias Lista, do Conservatorio de Música Profesional da Coruña; Jaime Estévez Moureira, do Conservatorio de Música Profesional de Vigo; e Pedro Budiño Pinaque, do Centro autorizado de Música Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.

Na modalidade de Artes plásticas e Deseño outorgáronse dous premios, un a Paula Andrea Brea, que cursou os seus estudos na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña), e outro a Naiara Ayelén Carrazza Ibáñez da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (Santiago). Pola súa parte, a única premiada na modalidade de Danza é Andrea Carolina Arrechedera Colosimo, estudante do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

A maiores da dotación económica, de 850 euros por premio, os galardoados recibirán un diploma acreditativo e anotarase esta distinción tanto nos seus expedientes como nas certificacións académicas que se lles emitan.

Para optar a estes premios as persoas aspirantes debían contar cunha nota media igual  ou  superior  a  8,75  nos  dous  últimos  cursos  das  ensinanzas profesionais, nas modalidades de Música e Danza, ou no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Na modalidade de Música deberon, ademais, realizar unha interpretación como solista e presentar tres copias dunha gravación de vídeo na cal se interpretasen tres pezas de diferentes estilos, dunha dificultade  non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música. No caso dos estudantes de Danza, tiveron que presentar tres copias dunha gravación de vídeo na que interpretasen dúas obras da especialidade, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza. Pola súa banda as persoas aspirantes na modalidade de Artes Plásticas e Deseño tiveron que presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorrían.

Premios autonómicosEnsinanzas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria do Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans.

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 13:12
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data 2 de marzo de 2020, o Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans, destinado a centros públicos de educación infantil e primaria, ou centros específicos de educación especial, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo de 2020.
     
File:  ConvocatoriaTema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: CentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Os estudantes con Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior participan nunha xornada formativa sobre motivación, emprego e emprendemento

Portal Educación Xunta - Lun, 02/03/2020 - 12:41
Idioma Gallego

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Secretaría Xeral de Emigración, organiza hoxe unha xornada formativa dirixida aos estudantes universitarios e de grao superior de FP beneficiados coas Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior (BEME).

O obxectivo desta xornada -que hoxe abriu a Conselleira da Educación, Carmen Pomar, acompañada polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o vicerreitor da USC, Víctor Arce- é que os bolseiros coñezan experiencias da man de expertos en inserción laboral e de compañeiros que xa foron bolseiros, co fin de adquirir formación e orientación cara aos seus procesos de busca activa de emprego e de autoemprego.

Así, para a xornada de hoxe deseñouse un programa completo na que se abordan temáticas relacionadas coa motivación e a posta en valor do talento de cada un; co emprego, coas claves para o desenvolvemento da marca persoal ou orientacións para afrontar unha entrevista de traballo; e co emprendemento, coas ferramentas e axudas para o desenvolvemento de proxectos ou a posta en común de casos de éxito. Estas sesións de formación que teñen lugar na Universidade de Santiago de Compostela completaranse nos vindeiros días con xornadas similares nas universidades da Coruña (UDC) e de Vigo (UVigo).

Na súa intervención a conselleira Carmen Pomar destacou a colaboración dos distintos departamentos do Goberno galego xunto coas propias universidades para fomentar o retorno dos mozos e mozas que viven no exterior, e subliñou o compromiso “coa formación e xestión do talento”. Rodríguez Miranda, pola súa banda, invitou aos bolseiros a “aproveitar a súa experiencia e os seus coñecementos nesta nova etapa que están a emprender en Galicia”.

Neste obxecto enmárcase o programa de Bolsas de Excelencia da Mocidade Exterior (BEME) a través do cal se facilita a realización de másters nas tres universidades galegas así como de ciclos superiores de Formación Profesional. Trátase dunha iniciativa que se puxo en marcha de xeito pioneiro no ano 2017 para fomentar o retorno dos mozos galegos que viven no exterior, ofrecendo nos últimos tres anos un total de 550 prazas entre as dúas modalidades.

BolsasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnado
Categorías: Novas Xunta

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2020

Novas de FP - Lun, 02/03/2020 - 09:52

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

Categorías: Novas FP

Educación convoca 1.600 prazas para estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

Portal Educación Xunta - Dom, 01/03/2020 - 13:00
Summary: A convocatoria vai dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato co fin de que melloren as súas competencias en linguas estranxeirasA Consellería sufragará entre o 87 e o 50% do custo destas estadíasAdemais de na Comunidade, as estadías poderán facerse en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, en réxime residencial ou familiar Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar 1.600 prazas para que o alumnado galego realice estadías lingüísticas en Galicia e no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias nun idioma estranxeiro.

Tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia, o prazo para tramitar as solicitudes está aberto desde mañá ata o 26 de marzo, e poderán formalizarse a través do enderezo web http://www.edu.xunta.es/axudasle, mediante presentación telemática a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal), ou nos rexistros que establece a normativa.

Beneficiarios

No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 1025 prazas, en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia, en estadías dende 1 semana ata 2 semanas e con profesorado nativo.

No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 575 prazas, en réxime de familia ou residencial, tanto na Comunidade Autónoma de Galicia como no estranxeiro (Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal), con profesorado nativo, segundo as diversas opcións en estadías dende 1 semana ata 3 semanas en verán e de 4 semanas na actividade de integración (opción de 1º Bacharelato).

En todos os casos a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sufragará entre o 87% e o 50% do custe das estancias, que serán en réxime residencial ou familiar.

Requisitos

Para obter as bolsas os candidatos e as candidatas terán que estar cursando, no réxime xeral, 1, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019-2020, na Comunidade Autónoma de Galicia; ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2018-2019, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico.

Para a actividade de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverá no inicio do curso 2020-2021), ademais das condicións xa citadas, estar matriculado/a, no curso 2019-2020, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.

 

Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a cualificación media do expediente académico no curso 2018-2019 e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, contar cun membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez. Igualmente, o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado.

Contacto idiomático e cultural

O propósito desta iniciativa, enmarcada en EDUlingüe 2020, non é só conseguir que o alumnado aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, entre as que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total na lingua estranxeira.

Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos e alumnas de diversas nacionalidades.

En concreto, a distribución de prazas é a seguinte:

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

TOTAL BACH.

 

 

 

575

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

325

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

TOTAL ESO

 

 

 

1025

 

AxudasleEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Un cento de docentes de todas as etapas educativas participan nunha xornada de formación en igualdade

Portal Educación Xunta - Sáb, 29/02/2020 - 13:00
Summary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron na apertura dos relatorios Idioma Gallego

Arredor dun cento de docentes de todas as etapas educativas participan hoxe nunha xornada de formación baixo o lema “Igualdade e retos en educación”, con relatorios sobre o papel das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, no cine ou na literatura, así como talleres de boas prácticas sobre  os patios educativos e as maletas de igualdade, entre outros.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participaron na inauguración da xornada, que contou coa presenza da enxeñeira informática e coordinadora dos cursos INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías y Formación de Profesorado do Ministerio de Educación), Lorena Fernández Álvarez; e da doutora e investigadora da Universidade de Valencia, Ana López Navajas; entre outras profesionais e docentes.

Na súa intervención, a conselleira Carmen Pomar subliñou que a tarefa de educar sen distinción de xéneros require dun “enfoque integral” no que debe colaborar o conxunto da sociedade. Neste senso, puxo en valor o espírito de colaboración entre os distintos departamentos da Administración autonómica, como é o caso da Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Igualdade, que deu lugar ao “I plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020” e que, segundo dixo, “permitiu o reforzo, tanto para o alumnado como para os docentes, da formación en igualdade de mulleres e homes, da non discriminación por identidade sexual, ou da necesidade de rexeitar e combater a violencia de xénero”.

Pomar reafirmou o compromiso do seu departamento coa equidade e coa educación, que se reflicte nunha firme aposta pola formación específica do profesorado -como é o caso desta xornada- e coa posta en marcha de accións concretas para o alumnado como son as materias de libre configuración autonómica Igualdade de Xénero, dirixida a estudantes de 1º e 2º de ESO, e Coeducación para o século XXI, para alumnado de 1º de Bacharelato.

A titular de Educación manifestou, así mesmo, a necesidade dunha evolución social e normativa aplicable ao sistema educativo “que demandan enfoques máis ambiciosos e integrais para situar a igualdade como un elemento consubstancial á organización educativa”, cuestións para as que a formación do profesorado resulta imprescindible.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade incidiu na necesidade de promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e concienciar ao alumnado de que cada un pode ser o que queira ser sen importar ser muller ou home. López Abella resaltou que a educación en igualdade e un modelo educativo que fomente a equidade entre mulleres e homes contribúe a impulsar o cambio de valores, así como a eliminar os prexuízos e estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero. Nesta liña, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa igualdade de oportunidades e para recoñecer o traballo das mulleres que se adiantaron ao seu tempo e inculcaron estes valores.

IgualdadeXornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar destaca o papel da escola na consecución da igualdade

Portal Educación Xunta - Ven, 28/02/2020 - 19:33
Idioma GallegoSummary: A conselleira de Educación participou na presentación do proxecto Referentes GalegasA Xunta colaborou no desenvolvemento do programa ‘EduReferentes’, para levar a experiencia das mulleres líderes nos seus ámbitos profesionais aos centros educativos

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no acto de presentación de Referentes Galegas, un proxecto impulsado pola Asociación Executivas de Galicia co obxectivo de darlles visibilidade ás mulleres galegas que son líderes nos seus respectivos sectores. En colaboración coa Xunta de Galicia, esta entidade desenvolveu o pasado curso a iniciativa piloto EduReferentes, a través do que diversas profesionais visitaron 5 centros educativos para dar a coñecer a súa experiencia ao alumnado. No acto participaron tamén a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca.

Na súa intervención Carmen Pomar destacou a importancia da escola na consecución da igualdade. Neste sentido explicou que os centros galegos poden ofertar dúas materias de libre configuración autonómica – Igualdade de xénero e Coeducación para o s XXI– arredor deste asunto. Ademais, a oferta formativa de FP conta co ciclo superior Promoción de igualdade de xénero. Por outra banda, e en colaboración con outras entidades, desenvólvense “numerosos proxectos transversais que analizan os factores sociais que producen desigualdade de xénero e axudan a corrixilos”, como, por exemplo, o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

A conselleira de Educación destacou a igualdade como “a única opción para lograr o avance socioeconómico e cultural de Galicia” e puxo en valor proxectos como Referentes Galegas, que axudan a “que as mulleres nos sintamos apoiadas por outras mulleres e que nos unamos nun esforzo común”.

Pola súa parte, a secretaria xeral da Igualdade sinalou a importancia de apoiar o liderado feminino e impulsar a presenza das mulleres nos espazos de decisión, incluíndo postos de responsabilidade. Deste xeito, aposta por fomentar a participación das mulleres en todas as esferas da sociedade para acadar a igualdade real entre mulleres e homes e contribuír así a que as novas xeracións tomen conciencia da importancia do talento feminino como vía para camiñar cara a unha sociedade xusta e igualitaria.

Referentes Galegas busca crear unha base de datos pública para medios de comunicación, organismos ou entidades que requiran da colaboración ou información dunha profesional. Deste xeito procúrase a paridade na presenza pública e mediática de mulleres líderes nos seus distintos ámbitos (música, medicina, universidade, empresa...).

Máis de 250 alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO de 5 centros galegos puideron coñecer o pasado curso a experiencia dalgunhas destas mulleres a través de EduReferentes, unha iniciativa que contribúe tamén ao descubrimento por parte do alumnado de novos ámbitos profesionais, á mellora das habilidades sociais e comunicativas e ao empoderamento das alumnas.

Os centros participantes na primeira edición da iniciativa foron os IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), Luis Seoane (Pontevedra) e Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña).

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

Visita as instalacións de Emalsa

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:59
Comezo: 31/03/2020 - 13:58 End: 31/03/2020 - 13:58

O alumnado de ciclos de FP visitan as instalacións de Emalsa en Cambre desde as 9:30 h ata as 14:25 h.

Categorías: Eventos

Charla sobre Manga

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:58
Comezo: 31/03/2020 - 13:56 End: 31/03/2020 - 13:56

O alumnado participante no club de lectura de Manga participarán nunha charla de dous especialistas neste tipo de cómic. Está organizada polo profesorado dinamizador da biblioteca e terá lugar as 16:30h

Categorías: Eventos

Asistencia representación teatral " A carreta pantasma" no Forum

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:56
Comezo: 31/03/2020 - 13:52 End: 31/03/2020 - 13:52

O alumnado de 1º de bacharelato asistirá a representación da obra "A Carreta Pantasma" no Forum. Esta actividades está programada polo departamento de Lingua Galega.

Categorías: Eventos

Educación recoñece a 8 centros educativos cos primeiros Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva

Portal Educación Xunta - Ven, 28/02/2020 - 14:53
Summary: O CEIP Luís Seoane de Oleiros acadou o primeiro premio na modalidade de Infantil e Primaria, mentres que na modalidade de Secundaria recaeu no IES Manuel Murguía de ArteixoNa modalidade de Infantil e Primaria tamén resultaron galardoados o CEP Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal, o CEP de Quiroga e o CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo) Na modalidade de Secundaria o resto dos galardóns recaeron no IES Montecelo (Pontevedra), na EPAPU de Monterroso e no IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa) Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, que recoñece o traballo neste eido de oito centros educativos de toda Galicia nas dúas modalidades convocadas, a dirixida a centros de Infantil e Primaria, e a dirixida a centros de ESO, Bacharelato e FP Básica.

Tal e como está publicado no Portal Educativo, na categoría A, de centros de Infantil e Primaria, o primeiro premio foi para o CEIP Luís Seoane de Oleiros (A Coruña); mentres que na categoría B, de Secundaria, foi para  o IES Manuel Murguía de Arteixo (A Coruña).

Na modalidade de Infantil e Primaria o resto dos galardóns recaeron no CEP Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal (A Coruña), que obtivo o 2º premio; no CEP de Quiroga (Lugo), co terceiro premio; e cun accésit para o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo (Lugo).

Na modalidade de Secundaria o resto dos galardóns foron para o IES Montecelo (Pontevedra), co 2º premio; para a EPAPU de Monterroso (Lugo) co 3º premio; e o accésit para  o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Difundir as boas prácticas educativas

A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes.

O Premio está dotado cunha contía total de 18.000 euros a razón de 5.000, 2.500, 1.000 e 500 euros respectivamente para o 1º, 2º e 3º premio e para o accésit en cada unha das categorías establecidas.

As iniciativas premiadas poden ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.

Descrición dos proxectos premiados

- CEIP Luís Seoane (Oleiros-A Coruña): O seu proxecto ten como obxectivo a inclusión de todo o alumnado e en especial do alumnado con necesidades educativas especiais, xa que observaron que a súa participación na vida do centro era moi limitada. O desenvolvemento deste proxecto no centro implicou a participación activa e voluntaria do alumnado de 5º e 6º de primaria.

-CEP Pilar Maestu Sierra (A Pobra do Caramiñal-A Coruña): Baixo o título “ A escola que soñamos e soñaremos” basearon o seu bo facer na participación activa das familias, querendo nenos e nenas “felices”. É dicir, unha escola que acolle á diferenza, na que todas as capacidades son benvidas, e que constrúe contornas seguras e acolledoras.

-CEIP de Quiroga (Quiroga-Lugo): O seu proxecto fai fincapé no diálogo e a axuda entre todos os membros que forman parte da súa comunidade educativa como instrumentos favorecedores da inclusión e da convivencia.

-CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo-Lugo): O proxecto desenvolve accións que fomentan que todo o alumnado xogue nos tempos de lecer, favorecendo a igualdade de oportunidades e incrementando a responsabilidade e tolerancia a través da figura dos superdinamizadores e das superdinamizadoras (que é o propio alumnado) e con outras accións que teñen por finalidade sensibilizar, visibilizar e normalizar a realidade do centro. Entre elas figura que o alumnado aprenda a lingua de signos española.

-IES Manuel Murguía (Arteixo-A Coruña): Proxecto que ten a música e o cine como fío condutor para a inclusión; desenvolven un proxecto social que fomenta a igualdade e a non discriminación e que sirve para compensar as desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais presentes na realidade do centro.

-IES Montecelo (Pontevedra): A ensinanza de formación profesional  básica é a que máis influencia ten sobre a vida do centro, polo que puxeron en práctica un modelo educativo que ten en conta as potencialidades e o benestar emocional do alumnado para favorecer o acceso a novas oportunidades de aprendizaxe que lle permita e facilite o camiño para o acceso ao mundo laboral.

-EPAPU de Monterroso (Monterroso-Lugo): Partindo da súa realidade como centro penal, o seu proxecto céntrase en crear unha contorna de aceptación na que se xeren condutas sociais responsables, solidarias e respectuosas, promovendo a tolerancia, a liberdade, a xustiza, a igualdade entre homes e mulleres e o respecto polos dereitos de todos e todas; colaborando con asociacións sen ánimo de lucro, centros de formación e outros.

-IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): “Marzo sen fronteiras” é un proxecto que se vén desenvolvendo dende o curso 2014-2015 dentro do marco curricular dalgún dos módulos do ciclo superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e en colaboración co profesorado e alumnado da ESO. Este pretende fomentar a participación na actividade física e o deporte das persoas con discapacidade, favorecendo deste xeito a inclusión social.

Atención á diversidadePremios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Inclusión e Orientación EducativaProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Asistencia representación teatral "Invisibles" no Ágora

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:52
Comezo: 31/03/2020 - 13:51 End: 31/03/2020 - 13:51

O alumnado de 3º e 4º de ESO aistirá no Ágora á representación teatral "Invisibles" que trata o tema da violencia machista.

Categorías: Eventos

Viaxe a Roma

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:50
Comezo: 20/03/2020 - 13:47 End: 24/03/2020 - 00:00

O alumnado de 4º de ESO e 1º Bacharelato visitará Roma dende o venres 20  ata o martes 24 de marzo. Farán esta viaxe acompañados da profesora de Xeografía e Historia, Adela  Figueroa e do profesor de Lingua Castela, Alfredo Blanco

Categorías: Eventos

Concurso de Relato Corto "Cocacola"

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:47
Comezo: 13/03/2020 - 13:44 End: 13/03/2020 - 13:44

Un total de 6 alumnos e alumnas de 2º de ESO asistirán desde as 13:00 h ao Concurso de relato corto "Cocacola" acompañados do profesor de Lingua Castela, Alfredo Blanco.

Categorías: Eventos

Concurso de Relato Corto "Cocacola"

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:46
Comezo: 13/03/2020 - 13:44 End: 13/03/2020 - 13:44

Un total de 6 alumnos e alumnas de 2º de ESO asistirán desde as 13:00 h ao Concurso de relato corto "Cocacola" acompañados do profesor de Lingua Castela, Alfredo Blanco.

Categorías: Eventos

Proxección e coloquio dun documental de Rosario Sarmiento sobre as mulleres e o arte

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:44
Comezo: 12/03/2020 - 13:41 End: 12/03/2020 - 13:41

Para conmemorar o Día da Muller o departamento de Normalización Lingüística  organiza a proxección e posterior coloquio coa autora dun documental de Rosario Sarmiento sobre a presenza da muller no Arte.

Está organizado para o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e terá lugar  desde as 8:45 h ata as 10:25h.

Categorías: Eventos

Conferencia de Ana Mª Fernández

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:41
Comezo: 10/03/2020 - 13:39 End: 10/03/2020 - 13:39

O departamento de Lingua Galega e o profesorado dinamizador da Biblioteca organizan esta conferencia para o alumnado de 2º de ESO. Esta actividade realizarase as 16:30 h

Categorías: Eventos

Actividade dentro do programa PROEM

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:39
Comezo: 05/03/2020 - 13:35 End: 05/03/2020 - 13:35

O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de "Iniciación á actividade emprendedora" visitará a un notario para coñecer todos os trámites necesarios para a creación e rexistro dunha empresa. Esta visita está englobada dentro do proxecto PROEM.

Categorías: Eventos

Visita ao Museo de Belas Artes da Coruña

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:35
Comezo: 03/03/2020 - 13:33 End: 03/03/2020 - 13:33

O alumnado de 3º de ESO asistirá a unha visita guiada polo museo de Belas Artes da Coruña  desde as 11:00 h ata as 13:30 h. Esta visita está organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Categorías: Eventos

Encontro literario con Fernando Lalana

Próximos Eventos - Ven, 28/02/2020 - 14:32
Comezo: 02/03/2020 - 13:14 End: 02/03/2020 - 13:14

O alumnado de 1º de ESO asistirá a un encontro con Fernando Lalana organizado polo departamento de Lingua Castelá dende as 10:00h ata as 11:35h

Categorías: Eventos
Distribuir contido


by Dr. Radut