Skip to Content

Agregador de novas

Conferencia Neurociencia

Próximos Eventos - Mar, 07/01/2020 - 19:03
Comezo: 14/01/2020 - 19:01 End: 14/01/2020 - 19:01

O alumnado de Filosofía e Sicoloxía de 1º e 2º de bacharelato e de 4º de ESO asistirán a unha conferencia sobre Neurociencia na biblioteca do centro

Categorías: Eventos

Obradoiro de Radio Escolar

Próximos Eventos - Mar, 07/01/2020 - 19:01
Comezo: 09/01/2020 - 18:54 End: 09/01/2020 - 18:54

Alumnado de 1º de ESO comeza o Obradoiro de Radio Escolar impartido pola empresa MilComunicación. Todos os xoves de 15:00 a 16:30 h traballarán os distintos elementos que compoñen un programa de radio. Asemade, visitarán as instalacións de varias radios locais onde grabarán os programas que vian elaborando.

Este obradorio está programado dentro do Contrato- Programa asinado coa Conselllería de Educación e máis concretamente na actuación 2b.- Mellora da Competencia Comunicación Lingüística

Categorías: Eventos

Carmen Pomar asiste á entrega da Insignia de Ouro do Concello de Ferrol ao IES Leixa

Portal Educación Xunta - Mar, 07/01/2020 - 17:27
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu hoxe ao acto de entrega da Insignia de Ouro do Concello de Ferrol ao IES Leixa, concedida polo traballo levado a cabo polo conxunto da comunidade educativa deste centro contra a violencia de xénero, que lle valeu tamén o Premio Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Durante o acto, que tivo lugar no Teatro Jofre, recibiron insignias de ouro outras persoas e colectivos vinculados á cidade de Ferrol, e efectuouse o outorgamento da distinción de Ferrolán do Ano.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación convoca os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP

Portal Educación Xunta - Mar, 07/01/2020 - 11:41
Summary: Destínase un orzamento de 800.000 euros para estes galardónsO prazo de presentación de iniciativas está aberto ata o 31 de xaneiro de 2020 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000 euros, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na formación profesional, e o fomento do emprendemento.

O departamento educativo da Xunta aposta nas súas políticas de FP a transformar os ciclos en ensinanzas que se adapten ao contorno produtivo e ao novo modelo económico baseado no coñecemento como forza impulsora. Deste xeito estase a camiñar cara a un sistema de formación profesional máis áxil, flexible e eficiente, estreitamente vinculado ás demandas formativas da poboación e ao impulso de valores como a creatividade, a innovación e o traballo en equipo, así como á estimulación do espírito emprendedor.

A convocatoria segue as directrices marcadas pola Estratexia Europa 2020, que incorpora como obxectivo o impulso dunha formación profesional que propicie novas experiencias nos campos da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.

Modalidades

Os proxectos poden presentarse a dúas modalidades. A primeira delas, de Innovación tecnolóxica ou científica, está dirixida ás iniciativas que teñan como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica que redunde na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos e que estean orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deben ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

A segunda modalidade, de Innovación Didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Criterios de valoración

Entre os criterios para escoller os proxectos premiados valoraranse, en especial, aqueles nos que se fomente a colaboración do profesorado e do alumnado de formación profesional con empresas e institucións do seu contorno, e con outros centros educativos; así como os que fomenten a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.

Tamén se terá en conta que impliquen unha mellora na calidade da formación e na empregabilidade e a inserción laboral do alumnado, o nivel de impacto do proxecto no contorno produtivo desde o punto de vista tecnolóxico e ambiental ou o grao de transferencia e resposta a un reto empresarial.

Así mesmo darase prioridade ás iniciativas que favorezan o acceso da muller aos perfís relacionados con profesións STEAM e actividades industriais, así como o acceso dos homes a sectores que contan con escasa representación masculina.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes, que deberá facer un centro educativo de formación profesional dependente da Consellería, está aberto ata o 31 de xaneiro de 2020. O proxecto ten que ser colaborativo e contar cun mínimo de dous participantes. Deberán figurar como socios outros centros educativos de formación profesional, entidades ou empresas, a nivel autonómico.

O centro solicitante actuará como coordinador da iniciativa e un dos seus docentes asumirá as funcións de coordinación do proxecto, co fin de asegurar o contacto e a comunicación regulares entre os participantes, promover unha colaboración eficaz e facilitar a distribución e a realización do traballo en equipo.

As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Premios autonómicosFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Un total de 247 centros escolares participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2019-20

Portal Educación Xunta - Lun, 06/01/2020 - 12:00
Summary: Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe Idioma Gallego

O programa Clubs de Lectura impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional chega este curso a 247 centros escolares de toda Galicia e a aproximadamente 12.700  alumnos.

O programa vai dirixido a centros públicos titularidade da consellería que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou de réxime especial. Por provincias, do total de participantes neste curso, 105 centros pertencen á provincia da Coruña, 37 centros á de Lugo, 25 á de Ourense e 80 á provincia de Pontevedra.

A iniciativa, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.

Para tal fin, a Consellería destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro que se destina, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club de lectura (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.

Estes clubs actúan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá; ao tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas con pouco interese por este hábito. Estanse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe.

Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

Provincia da Coruña:

Centro

Concello

Provincia

IES de Viós

Abegondo

A Coruña

IES do Milladoiro

Ames

A Coruña

IES Plurilingüe de Ames

Ames

A Coruña

CPI As Mirandas

Ares

A Coruña

IES de Pastoriza

Arteixo

A Coruña

IES de Sabón

Arteixo

A Coruña

IES Manuel Murguía

Arteixo

A Coruña

IES de Arzúa

Arzúa

A Coruña

IES As Mariñas

Betanzos

A Coruña

IES Francisco Aguiar

Betanzos

A Coruña

CPI Armando Cotarelo Valledor

Boimorto

A Coruña

IES Brión

Brión

A Coruña

CPI As Revoltas

Cabana de Bergantiños

A Coruña

IES Plurilingüe Pedra da Aguia

Camariñas

A Coruña

IES Afonso X O Sabio

Cambre

A Coruña

IES David Buján

Cambre

A Coruña

IES Isidro Parga Pondal

Carballo

A Coruña

IES Monte Neme

Carballo

A Coruña

IES Cabo Ortegal

Cariño

A Coruña

IES Lamas de Castelo

Carnota

A Coruña

IES Punta Candieira

Cedeira

A Coruña

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

IES Fernando Blanco

Cee

A Coruña

CPI Plurilingüe O Cruce

Cerceda

A Coruña

CPI Alcalde Xosé Pichel

Coristanco

A Coruña

EOI da Coruña

Coruña, A

A Coruña

EPAPU Eduardo Pondal

Coruña, A

A Coruña

IES A Sardiñeira

Coruña, A

A Coruña

IES Agra do Orzán

Coruña, A

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

Coruña, A

A Coruña

IES Monelos

Coruña, A

A Coruña

IES Monte das Moas

Coruña, A

A Coruña

IES Plurilingüe Adormideras

Coruña, A

A Coruña

IES Plurilingüe Elviña

Coruña, A

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Coruña, A

A Coruña

IES Plurilingüe Rafael Dieste

Coruña, A

A Coruña

IES Ramón Menéndez Pidal

Coruña, A

A Coruña

IES Salvador de Madariaga

Coruña, A

A Coruña

IES Urbano Lugrís

Coruña, A

A Coruña

IES Eduardo Blanco Amor

Culleredo

A Coruña

IES Rego de Trabe

Culleredo

A Coruña

IES Universidade Laboral

Culleredo

A Coruña

EPAPU de Teixeiro

Curtis

A Coruña

IES de Curtis

Curtis

A Coruña

CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón

Dodro

A Coruña

CPI A Xunqueira

Fene

A Coruña

IES de Fene

Fene

A Coruña

EOI de Ferrol

Ferrol

A Coruña

IES Canido

Ferrol

A Coruña

IES Concepción Arenal

Ferrol

A Coruña

IES de Catabois

Ferrol

A Coruña

IES Ferrol Vello

Ferrol

A Coruña

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

A Coruña

IES Saturnino Montojo

Ferrol

A Coruña

IES Sofía Casanova

Ferrol

A Coruña

IES Fin do Camiño

Fisterra

A Coruña

CPI de Ponte Carreira

Frades

A Coruña

IES Agra de Leborís

Laracha, A

A Coruña

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

IES Urbano Lugrís

Malpica de Bergantiños

A Coruña

CPI Plurilingüe da Picota

Mazaricos

A Coruña

IES de Melide

Melide

A Coruña

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Monfero

A Coruña

IES As Insuas

Muros

A Coruña

IES As Telleiras

Narón

A Coruña

IES Terra de Trasancos

Narón

A Coruña

IES Xulián Magariños

Negreira

A Coruña

IES Campo de San Alberto

Noia

A Coruña

IES María Casares

Oleiros

A Coruña

IES Miraflores

Oleiros

A Coruña

IES Nº 1

Ordes

A Coruña

IES Plurilingüe Maruxa Mallo

Ordes

A Coruña

IES Macías o Namorado

Padrón

A Coruña

IES da Pobra do Caramiñal

Pobra do Caramiñal, A

A Coruña

IES Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

IES Breamo

Pontedeume

A Coruña

IES Fraga do Eume

Pontedeume

A Coruña

IES Moncho Valcarce

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

IES Plurilingüe Castro da Uz

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

IES Félix Muriel

Rianxo

A Coruña

IES Leliadoura

Ribeira

A Coruña

IES Nº 1

Ribeira

A Coruña

CPI Plurilingüe dos Dices

Rois

A Coruña

IES Isaac Díaz Pardo

Sada

A Coruña

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

IES Terra de Xallas

Santa Comba

A Coruña

CEE A Barcia

Santiago de Compostela

A Coruña

CIFP Politécnico de Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

EOI de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

A Coruña

IES A Pontepedriña

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Antonio Fraguas Fraguas

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Arcebispo Xelmírez I

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Arcebispo Xelmírez II

Santiago de Compostela

A Coruña

IES de Sar

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Lamas de Abade

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Santiago de Compostela

A Coruña

IES de Cacheiras

Teo

A Coruña

CPI Pecalama

Tordoia

A Coruña

CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz

Touro

A Coruña

CPI de Viaño Pequeno

Trazo

A Coruña

CPI de Bembibre

Val do Dubra

A Coruña

CPI Plurilingüe de Vedra

Vedra

A Coruña

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

CPI de Zas

Zas

A Coruña

IES Maximino Romero de Lema

Zas

A Coruña

 

Provincia de Lugo:

CPI Luís Díaz Moreno

Baralla

Lugo

IES de Becerreá

Becerreá

Lugo

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castro de Rei

Lugo

CPI Plurilingüe de Castroverde

Castroverde

Lugo

CPI de Cervantes

Cervantes

Lugo

IES Lama das Quendas

Chantada

Lugo

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Cospeito

Lugo

CPI Dr. López Suárez

Friol

Lugo

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz

Lugo

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Guntín

Lugo

EOI de Lugo

Lugo

Lugo

IES Ánxel Fole

Lugo

Lugo

IES Leiras Pulpeiro

Lugo

Lugo

IES Muralla Romana

Lugo

Lugo

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

Lugo

Lugo

IES Sanxillao

Lugo

Lugo

IES Xoán Montes

Lugo

Lugo

IES Pedregal de Irimia

Meira

Lugo

IES Plurilingüe San Rosendo

Mondoñedo

Lugo

EOI de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Lugo

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

Lugo

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

IES de Monterroso

Monterroso

Lugo

CPI Plurilingüe de Navia de Suarna

Navia de Suarna

Lugo

IES do Camiño

Palas de Rei

Lugo

IES Fonmiñá

Pastoriza, A

Lugo

IES Enrique Muruais

Pontenova, A

Lugo

IES de Quiroga

Quiroga

Lugo

CIFP Porta da Auga

Ribadeo

Lugo

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Sarria

Lugo

CPI Dr. López Suárez

Saviñao, O

Lugo

IES Lois Peña Novo

Vilalba

Lugo

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

EOI de Viveiro Luz Pozo Garza

Viveiro

Lugo

IES María Sarmiento

Viveiro

Lugo

IES Illa de Sarón

Xove

Lugo

 

Provincia de Ourense:

IES de Allariz

Allariz

Ourense

IES Aquis Querquernis

Bande

Ourense

IES Lauro Olmo

Barco de Valdeorras, O

Ourense

CPI Virxe dos Remedios

Castro Caldelas

Ourense

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

Celanova

Ourense

CPI Antonio Faílde

Coles

Ourense

CPI Terras de Maside

Maside

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Ourense

Ourense

CIFP Portovello

Ourense

Ourense

CPI Plurilingüe José García García

Ourense

Ourense

EOI de Ourense

Ourense

Ourense

IES 12 de Outubro

Ourense

Ourense

IES As Lagoas

Ourense

Ourense

IES Julio Prieto Nespereira

Ourense

Ourense

IES Universidade Laboral

Ourense

Ourense

EPAPU de Pereiro de Aguiar

Pereiro de Aguiar, O

Ourense

IES Xermán Ancochea Quevedo

Pobra de Trives, A

Ourense

IES O Ribeiro

Ribadavia

Ourense

IES Cosme López Rodríguez

Rúa, A

Ourense

IES Castro de Baronceli          

Verín

Ourense

IES Xesús Taboada Chivite

Verín

Ourense

IES Carlos Casares

Viana do Bolo

Ourense

IES de Vilamarín

Vilamarín

Ourense

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

Ourense

IES Lagoa de Antela

Xinzo de Limia

Ourense

 

Provincia de Pontevedra:

CPI de Cova Terreña

Baiona

Pontevedra

IES Primeiro de Marzo

Baiona

Pontevedra

IES Illa de Ons

Bueu

Pontevedra

IES Johan Carballeira

Bueu

Pontevedra

CPI Plurilingüe Alfonso VII

Caldas de Reis

Pontevedra

IES Plurilingüe Aquis Celenis

Caldas de Reis

Pontevedra

IES Francisco Asorey

Cambados

Pontevedra

IES María Soliño

Cangas

Pontevedra

IES Monte Carrasco

Cangas

Pontevedra

CPI da Cañiza

Cañiza, A

Pontevedra

IES de Cotobade

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

Pontevedra

IES Manuel García Barros

Estrada, A

Pontevedra

IES Nº 1

Estrada, A

Pontevedra

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Estrada, A

Pontevedra

IES Chano Piñeiro

Forcarei

Pontevedra

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Gondomar

Pontevedra

IES Monte da Vila

Grove, O

Pontevedra

IES Plurilingüe As Bizocas

Grove, O

Pontevedra

IES A Sangriña

Guarda, A

Pontevedra

IES da Illa de Arousa

Illa de Arousa, A

Pontevedra

IES Laxeiro

Lalín

Pontevedra

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Lalín

Pontevedra

EPAPU Nelson Mandela

Lama, A

Pontevedra

IES Chan do Monte

Marín

Pontevedra

IES de Meaño

Meaño

Pontevedra

IES Plurilingüe A Paralaia

Moaña

Pontevedra

IES de Mos

Mos

Pontevedra

IES Pazo da Mercé

Neves, As

Pontevedra

IES Escolas Proval

Nigrán

Pontevedra

IES Val Miñor

Nigrán

Pontevedra

IES de Poio

Poio

Pontevedra

IES de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas

Pontevedra

IES do Barral

Ponteareas

Pontevedra

IES Pedra da Auga

Ponteareas

Pontevedra

IES Val do Tea

Ponteareas

Pontevedra

CPI de Pontecesures

Pontecesures

Pontevedra

EOI de Pontevedra

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira I

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Pontevedra

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

Pontevedra

IES Luís Seoane

Pontevedra

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

IES Ribeira do Louro

Porriño, O

Pontevedra

CPI Domingo Fontán

Portas

Pontevedra

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

IES Illa de San Simón

Redondela

Pontevedra

IES Mendiño

Redondela

Pontevedra

IES Pedro Floriani

Redondela

Pontevedra

CPI Manuel Suárez Marquier

Rosal, O

Pontevedra

IES Pedras Rubias

Salceda de Caselas

Pontevedra

IES de Sanxenxo

Sanxenxo

Pontevedra

IES de Vilalonga

Sanxenxo

Pontevedra

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Silleda

Pontevedra

IES de Soutomaior

Soutomaior

Pontevedra

IES Antón Alonso Ríos

Tomiño

Pontevedra

IES Indalecio Pérez Tizón

Tui

Pontevedra

IES San Paio

Tui

Pontevedra

IES de Valga

Valga

Pontevedra

CMUS Profesional de Vigo

Vigo

Pontevedra

EOI de Vigo

Vigo

Pontevedra

IES A Guía

Vigo

Pontevedra

IES Alexandre Bóveda

Vigo

Pontevedra

IES Álvaro Cunqueiro

Vigo

Pontevedra

IES Carlos Casares

Vigo

Pontevedra

IES Castelao

Vigo

Pontevedra

IES Coruxo

Vigo

Pontevedra

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

IES Politécnico

Vigo

Pontevedra

IES República Oriental do Uruguai

Vigo

Pontevedra

IES Rosais 2

Vigo

Pontevedra

IES Valadares

Vigo

Pontevedra

IES Marco do Camballón

Vila de Cruces

Pontevedra

CEE de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

EOI de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

IES Castro Alobre

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

IES Fermín Bouza Brey

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

IES Miguel Ángel González Estévez

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

IES A Basella

Vilanova de Arousa

Pontevedra

IES Faro das Lúas

Vilanova de Arousa

Pontevedra

Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación recoñece o traballo de 10 centros de ensino cos Premios Proxecta ás mellores iniciativas desenvolvidas ao abeiro destes programas

Portal Educación Xunta - Sáb, 04/01/2020 - 10:18
Summary: O obxectivo destes galardóns é consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes nos programas enmarcados nesta iniciativa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer o traballo de 10 centros de ensino públicos galegos cos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2019, dirixidos aos centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/19. O obxectivo destes galardóns é consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes neste programa.

Os centros galardoados nas dúas categorías do certame son os seguintes:

Premio

Categoría A (Infantil e Primaria)

Categoría B (ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial)

1º premio (5.000 €)

CEIP Plurilingüe Frián- Teis (Vigo. Pontevedra)

IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia. Ourense)

2º premio (4.000 €)

CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira. A Coruña)

IES Carlos Casares (Vigo. Pontevedra)

3º premio (3.000 €)

CPI Plurilingüe Laureano Prieto (A Gudiña. Ourense)

IES Santa Irene (Vigo. Pontevedra)

Accésit (1.000 €)

CRA de Ribadumia (Ribadumia. Pontevedra)

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño (Rubiá. Ourense)

 

IES Primeiro de Marzo (Baiona. Pontevedra)

IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas. Pontevedra)

 

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste curso ofertáronse un total de 44 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a creación audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros.

No actual curso 2019/20 participan no Plan Proxecta 579 centros de ensino, preto de 148.000 alumnos e alumnas (un 7,46% máis ca no curso anterior) e máis de 8.200 docentes.

Premios autonómicosPlan ProxectaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

As obras do IES Castro de Baronceli (Verín) avanzan a bo ritmo e a actividade lectiva retomarase o día 8 de xaneiro

Portal Educación Xunta - Ven, 03/01/2020 - 12:31
Summary: A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou hoxe o centro, cuxo tellado quedou levantado a raíz do temporal Elsa Nestes días estanse executando os labores de maior envergadura, que continuarán unha vez que se reinicie o curso escolar, aínda que parte da actividade lectiva se concentrará nas aulas de planta baixa para evitar molestias aos estudantes Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, desprazouse esta mañá ata Verín para comprobar o desenvolvemento das obras que se están levando a cabo na cuberta IES Castro de Baronceli, que sufriu importantes danos a raíz dos últimos temporais que afectaron a Galicia.

Precisamente, debido ao levantamento total do tellado deste centro, o día 23 do mes pasado a Consellería de Educación, adxudicou as obras de reparación pola vía do procedemento de emerxencia á empresa Vipeca, Obras Y Servicios S.L., por un importe de 252.471 euros, xa que foi a que presentou o orzamento máis completo e un menor prazo de execución. E, de feito, as obras comezaron ese mesmo día coa retirada de parte dos restos de cuberta exterior.

Nestes momentos, segundo lle explicaron os técnicos á conselleira, as obras están avanzando a bo ritmo e o vindeiro mércores día 8 retomarase a actividade lectiva no instituto.

Agora mesmo estanse levando a cabo os traballos de maior envergadura, aínda que continuarán unha vez reiniciado o curso tralas vacacións de Nadal. Non obstante, co fin de evitar molestias aos estudantes, a actividade lectiva de 1º e 2º da ESO concentrarase nas aulas da planta baixa do centro.

Así, toda a estrutura de cuberta da ala sur está completa e o panel de sándwich executado acada unha superficie superior a dous terzos do total do tellado, polo que se poderá iniciar as actividades docentes dende o primeiro día de volta de vacacións de nadal.

Unha vez rematada toda esta fase, -que inclúe baixantes e canalóns-, acometerase a cuberta da ala norte do centro educativo, que alberga usos administrativos e docentes.

Simultaneamente aos traballos no exterior, estase a repoñer o falso teito afectado pola entrada de auga, así como as luminarias.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Educación convoca as axudas complementarios do programa Erasmus+ para o presente curso, dotadas de 1.517.000 euros

Portal Educación Xunta - Ven, 03/01/2020 - 10:22
Summary: Deste xeito, todos os estudantes universitarios galegos que tiveran dereito ás axudas europeas no marco desta iniciativa, tamén poderán solicitar a bolsa complementaria autonómicaEstas axudas van desde os 125 €/mes ata os 195 €/mes en función dos países de destino Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario "Erasmus+", para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020, que conta cun orzamento de 1.517.000 euros. Deste xeito, todos os estudantes galegos que tiveran dereito ás axudas europeas poderán ter acceso tamén ás axudas complementarias autonómicas.

A duración das axudas e a súa contía pode ser de 125 euros/mes, 165 euros/mes ou 195 euros/mes, en función dos países de destino. Cómpre lembrar que a convocatoria galega contempla axudas para estancias de ata nove meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a sete meses de duración.

Tal como queda reflectido na convocatoria, a solicitude da axuda deberá realizarse exclusivamente por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal), incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). O prazo para tramitar as solicitudes estará aberto desde mañá ata o día 3 de febreiro.

No curso 2018/19 beneficiáronse destas bolsas a totalidade dos alumnos solicitantes que participaron no programa Erasmus Estudos, que foron total de 1.154 estudantes.

Contías mensuais

Os universitarios beneficiados percibirán bolsas que oscilan entre os 125 e os 195 euros/mes (que se suman ás axudas europeas), en función do país de destino, durante a estadía que pode durar entre os tres e os nove meses. En concreto, o importe será de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Irlanda, Islandia, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Luxemburgo e Noruega), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Bélxica, Alemaña, Austria, Grecia, Francia, Italia, Malta, Chipre, Países Baixos e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía).

Para solicitar a bolsa o estudante deberá estar matriculado no curso 2019/20 en calquera das universidades públicas do SUG, para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao; e participar no devandito programa de mobilidade universitaria, sendo tamén beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación. Non poderán optar á axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e mais o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

Estas axudas enmárcanse dentro das iniciativas do Goberno galego a prol dun sistema educativo de calidade e con igualdade de oportunidades independentemente dos recursos económicos das familias. Así, a Consellería de Educación apoia aos estudantes para que poidan completar os seus estudos universitarios fóra do territorio español; e favorece un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

BolsasErasmusUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Universidades Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Ven, 03/01/2020 - 10:17
Idioma Gallego

Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/20 (código de procedemento ED417A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
     
File:  Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG)Tema: BolsasErasmusEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Educación reparte 595.012 libros gratuítos do Fondo Solidario

Portal Educación Xunta - Xov, 02/01/2020 - 11:46
Summary: Sete de cada 10 alumnos que participan no programa recibiron seis ou máis manuais con cargo a dito fondoA Consellería tamén concedeu preto de 26.600 axudas para mercar libros no caso dos rapaces de 1º e 2º de primaria e de Educación Especial, que non se xestionan a través do Fondo SolidarioPreto de 93.000 alumnos beneficiáronse de vales para adquisición de material escolar Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional repartiu de forma gratuíta no presente curso escolar un total de 595.012 libros de texto do Fondo Solidario, o que alcanza a un total de 101.824 alumnos de 3º a 6º curso de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO. Así mesmo, outros 26.592 alumnos se beneficiaron das axudas da Consellería para a adquisición de manuais, destinadas aos rapaces matriculados en 1º e 2º de Educación Primaria ou Educación Especial (que quedan fóra do sistema do Fondo Solidario, xa que se trata, con carácter xeral, de material non reutilizable).

A asignación de manuais dispoñibles no Fondo Solidario faise por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar e, de ser necesario, o centro adquire os libros complementarios que sexan precisos para garantir unha cobertura similar á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas (6 ou 4 libros por alumno/a segundo o caso).

Deste xeito, e atendendo aos criterios de renda, case sete de cada dez alumnos de Primaria e de Secundaria beneficiarios do fondo recibiron seis ou máis libros de balde; é dicir, que tendo en conta que a media de manuais nos centros é de seis por curso, nestes casos quedou cuberta a práctica totalidade das súas necesidades.

O Fondo Solidario está deseñado para garantir que as familias con rendas máis baixas sexan as primeiras destinatarias do programa de forma que poidan ser beneficiarias do maior número de libros dispoñibles.

Axudas para compra de libros

No que atinxe ás axudas para a adquisición de libros -dirixidas a quen cursan 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial-, beneficiáronse un total de  26.592 alumnos neste curso.

Neste caso, as contías, condicións e requisitos mantéñense invariables con respecto ao curso anterior. Isto é, 170 ou 90 euros por alumnos en función dos tramos de renda; a excepción do alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (supostos no que non se ten en conta a renda), que recibe 250 euros.

Axudas para material escolar

No actual curso 2019/2020 un total de 92.966 alumnos recibiron vales para a adquisición de material escolar. Trátase de axudas de 50 euros destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria ou secundaria obrigatoria (cuxa renda per cápita familiar sexa igual ou inferior a 5.400 euros), e ao alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (con independencia da renda).

Cómpre lembrar que un requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, é ter devolto os libros recibidos do fondo o curso pasado.

Un sistema solidario con tres eixes

O sistema solidario habilitado pola Consellería de Educación para garantir unha educación accesible ao conxunto do alumnado susténtanse en tres eixes fundamentais: o Fondo Solidario de libros de texto, as axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos cuxos materiais non son reutilizables) e as axudas para a adquisición de material escolar.

O importe total destinado pola Consellería para o financiamento deste programa ascende a case 12,1 millóns de euros a razón de 5,4 millóns para os vales de material escolar, 4,6 millóns para as axudas de libros de texto, e 2,1 millóns para a adquisición -por parte dos centros educativos- de libros de texto complementarios aos existentes no Fondo Solidario, co fin de garantir a súa dispoñibilidade ao alumnado cuxo nivel de renda lle dea dereito a dito fondo.

Axudas libros de textoEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosAlumnadoFamilias
Categorías: Novas Xunta

Oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Portal Educación Xunta - Mar, 31/12/2019 - 09:48
Idioma Gallego

Decreto 164/2019, do 12 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia.
 

File:  Decreto 164/2019, do 12 de decembro (DOG)Tema: Información xeralOposiciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Cinco centros escolares participarán nun intercambio de boas prácticas educativas fóra de Galicia

Portal Educación Xunta - Lun, 30/12/2019 - 12:02
Summary: A Consellería de Educación vén de seleccionar os participantes no programa de innovación educativa Observa_Acción, que inclúe estadías en Castela e León, Asturias e A Rioxa Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de seleccionar os cinco centros escolares galegos que participarán nun intercambio de boas prácticas educativas fóra de Galicia (Asturias, Castela e León e A Rioxa) a través do programa de innovación educativa Observa_Acción: Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais

Na modalidade Innova_Acción o centro seleccionado é o CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía), mentres que na modalidade Dixitaliza_Acción os centros participantes serán o CEIP Plurilingüe da Espiñeira- Aldán (Cangas) e o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). Na modalidade Comunica_Acción seleccionouse o CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso) e o IES A Basella (Vilanova de Arousa).

De cada un dos centros participarán neste programa de innovación CATRO persoas do claustro, incluído un membro do equipo directivo.

A iniciativa -que involucra 20 docentes- ten como finalidade fomentar o desenvolvemento nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

A convocatoria deste programa divídese en tres modalidades. Innova_Acción céntrase na asociación de centros con boas prácticas en implantación de metodoloxías activas e colaborativas, educación inclusiva, novas propostas didácticas e competencias, transformación na organización de centro, espazos de aprendizaxe e avaliación, entre outras.

Pola súa parte Dixitaliza_Acción vai dirixida a centros con boas prácticas no desenvolvemento das TIC como ferramentas de aprendizaxe, robótica, realidade virtual, espazos maker e STEM; e Comunica_Acción a aqueles que son exemplo no tratamento integrado de linguas, no desenvolvemento do plurilingüismo ou en procesos de internacionalización.

Fases

Observa_Acción desenvolverase ao longo do presente curso a través de varias fases. A primeira delas será de formación inicial para todos os participantes no programa, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación; mentres que a segunda pasará pola toma de contacto entre centros irmandados.

Para iso faranse asociacións de centros que desenvolverán procesos de observación mutua. O equipo dun centro visitará os asociados ao longo de dúas xornadas lectivas completas, proceso que se desenvolverá despois á inversa.

Por último realizarase unha coavaliación e avaliación final que inclúa unha reflexión para a innovación e a mellora da propia práctica docente a nivel individual e de centro. Isto farase nun encontro que terá lugar nunha das comunidades autónomas participantes coa presenza de todos os centros educativos e na que se avaliarán os resultados do programa.

Novas vías para a innovación

Este programa procura experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa entre os docentes de Galicia, así como con centros doutras comunidades autónomas e doutros países socios en proxectos internacionais.

Non en balde, os intercambios inter-centros e inter-pares facilitan que os docentes  observen de forma directa metodoloxías, distintos enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe, outras formas de relación e comunicación, ou diferentes vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.

Ademais, o proceso que leva consigo o programa contribúe a fomentar o traballo en equipo dentro do propio centro, entre aqueles que teñen intereses compartidos.

Cómpre sinalar que a participación neste programa vai asociada ao desenvolvemento dun programa de formación do profesorado no centro (PFPP) no pasado curso 2018/19.

OBSERVA_ACCIÓNEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación convoca o maior número de prazas para a acreditación de competencias profesionais

Portal Educación Xunta - Sáb, 28/12/2019 - 12:09
Summary: Haberá 11.700 prazas en unidades de competencia de 38 ciclos formativos diferentes Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais, adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación. Trátase dun total de 11.700 prazas, un 6% máis ca no 2018 e a oferta máis grande nesta convocatoria ata o momento,

A superación deste proceso permitirá a obtención da acreditación de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e as correspondentes equivalencias en módulos profesionais. Deste xeito contribúese a mellorar a inserción laboral das persoas, ademais de facilitarlles completar a formación para a obtención dun título de FP.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre 13 de xaneiro e o 7 de febreiro, ambos días incluídos. O proceso de acreditación desenvolverase, ao igual que noutras ocasións, nos centros integrados de formación profesional e estará dividido en tres fases: asesoramento, avaliación da competencia profesional e acreditación e rexistro da mesma. A información sobre o procedemento pode consultarse no Portal de FP.

Para acceder a este procedemento, as persoas candidatas deberán ter experiencia laboral ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar e non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das devanditas unidades. Tampouco poderán posuír un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña as unidades que solicita, nin as súas equivalentes. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional nin en probas libres para a obtención dun título de FP.

Novidades da convocatoria

No referido ás novidades da convocatoria, en xeral, mantense unha oferta similar á do ano 2018, moi diversificada e que atende ás demandas dos sectores produtivos nas diferentes zonas xeográficas. En total convócanse prazas en 18 familias profesionais e 38 ciclos, dos que 5 –os reflectidos na seguinte táboa– son novos na oferta:

Familia Ciclo Agraria

Aproveitamento e conservación do medio natural

Comercio e márketing

Xestión de vendas e espazos comerciais

Imaxe persoal

Estética integral e benestar

Estilismo e dirección de peiteado

Imaxe e son

Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Cabe resaltar tamén a incorporación de novas unidades de competencia nalgúns ciclos e a reorganización da oferta nos distintos CIFP.

Máis de 91.000 prazas

O proceso enmárcase no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa recualificación e formación ao longo da vida, que lles permite ás persoas traballadoras ou en situación de desemprego enfrontarse ás esixencias do mercado laboral desde unha posición máis vantaxosa.

Este é o noveno ano consecutivo que a Consellería convoca este proceso, que foi medrando progresivamente das 3.200 prazas do ano 2011 ás 11.700 que se ofertan na convocatoria actual. Desde 2011, e contando coas actuais, lévanse convocado 91.170 prazas.

Cómpre salientar que na convocatoria de 2018 o 78% das persoas admitidas ao procedemento chegaron á fase de avaliación e o 93% das persoas avaliadas obtiveron a acreditación nalgunha unidade de competencia. En total certificáronse un total de 4174 unidades de competencia, que foron acreditadas por 1074 persoas.

Información xeralFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Formación ProfesionalAlumnadoCentrosEmpresas
Categorías: Novas Xunta

A Consellería de Educación recoñece o labor de centros da Coruña, Sada, Fene, Burela, Chantada e Baiona cos premios ‘Desafíos Stem’

Portal Educación Xunta - Ven, 27/12/2019 - 11:55
Summary: Cada un deles percibirá 2.000 eurosOs proxectos debían estar realizados cos equipamentos repartidos pola Consellería para dar cobertura aos coñecementos STEM Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder a 6 centros educativo galegos os premios da terceira edición do certame Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D, que ten como obxectivo recoñecer o traballo realizado nos centros cos materiais e a formación recibida nestes ámbitos.

A convocatoria establece dúas categorías, con tres desafíos cada unha delas (Desafío Robots, Desafío Programación ou Desafío Impresión 3D). O premio ascende a 2.000 euros para o equipo docente dos centros gañadores nos diferentes desafíos de cada categoría.

Na primeira categoría, STEM iniciación, para proxectos sinxelos realizados por alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou Programa de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR), os centros galardoados son os seguintes:
 

Desafío Centro premiado Proxecto Desafío Robots

IES Isaac Díaz Pardo (Sada)

Moble de reciclaxe

Desafío Programación

CPI A Xunqueira (Fene)

Os órganos dos sentidos

Desafío Impresión 3D

IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)

Planos para tocar

Na segunda, STEM afondamento, para proxectos máis complexos de alumnado de 4º ESO, 1º ou 2º bacharelato, os centros gañadores son os seguintes:

Desafío Centro premiado Proxecto Desafío Robots

IES Primeiro de Marzo (Baiona)

mClon robot

Desafío Programación

IES Val do Asma (Chantada)

Sistema de alarma

Desafío Impresión 3D

IES Monte Castelo (Burela)

Pezas de xadrez

O Desafío Robots consistiu nun proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a darlle solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc; mentres que o Programación tiña que xirar arredor dun proxecto tecnolóxico que dea solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación. Pola súa banda en Desafío Impresión 3D debían presentarse proxectos tecnolóxicos onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta.

Todos os proxectos presentados debían estar elaborados enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería realizou aos centros públicos de ensino non universitario dende o curso 2016/17, tales como equipamento de robótica educativa, placas de Comunicación e Programación e equipo de Impresión 3D.

Para empregalos, o alumnado conta cos coñecementos específicos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) presentes nas aulas galegas a través das distintas materias troncais, específicas e máis concretamente nas materias de libre configuración autonómica de Programación para a educación secundaria obrigatoria e Robótica para bacharelato.

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalConselleríaCentros
Categorías: Novas Xunta

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria para a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do SUG no curso académico 2019/2020

Portal Educación Xunta - Mar, 24/12/2019 - 09:31
Idioma Gallego

Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 12 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2019/20.

  • Ampliado ata o día 15 de febreiro de 2020, incluído, o prazo de presentación de solicitudes
     
Anuncio principal: Convocatoria para a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2019/2020Tema: MásterEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: ProfesoradoAlumnado
Categorías: Novas Xunta

Educación adxudica polo procedemento de emerxencia as obras de substitución da cuberta do IES Castro de Baronceli (Verín)

Portal Educación Xunta - Lun, 23/12/2019 - 15:07
Summary: O temporal Elsa causou o levantamento total do telladoDurante a execución dos traballos a actividade lectiva concentrarase nas aulas de planta baixa para evitar molestias aos estudantes Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de adxudicar polo procedemento de emerxencia as obras de substitución da cuberta do IES Castro de Baronceli (Verín). Cómpre lembrar que o temporal Elsa causou o levantamento total do tellado.

O pasado venres a Consellería, logo de comprometerse a realizar os traballos máis inmediatos de prevención de entrada de chuvia no centro, convidou a 4 empresas con domicilio social en Ourense á realización destas obras, cun prazo de presentación de propostas que remataba hoxe ás 12 horas. Os traballos foron adxudicados á empresa Vipeca, Obras Y Servicios S.L., por importe de 252.471 euros, por ter presentado o orzamento máis completo e un menor prazo de execución.

As obras comezarán hoxe mesmo coa retirada de parte dos restos de cuberta exterior e, a partir desta semana, comezarán as tarefas previas de albanelería e acondicionamento dos soportes da cuberta, que permitirán a montaxe da estrutura metálica composta por correas e soportes tubulares de aceiro galvanizado sobre as que se aparafusarán paneis tipo sandwich. A intervención incluirá tamén a instalación dun canlón perimetral e a renovación das baixantes de fachada. Así mesmo, renovaranse os paneis de falso teito afectados polas filtracións de chuvia e substituiranse as luminarias que resultaron danadas pola entrada de auga.

As actuacións iniciaranse pola cuberta da parte sur cunha previsión de finalización do tellado o luns 13 de xaneiro. A continuación proseguirase pola parte norte, onde está situada a Dirección e a sala de profesores, cunha previsión de remate o 27 de xaneiro.

Durante a execución dos traballos a actividade lectiva concentrarase nas aulas de planta baixa para evitar molestias aos estudantes.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres no curso académico 2019/2020

Portal Educación Xunta - Lun, 23/12/2019 - 11:18
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de decembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes as especialidade do corpo de mestres.

  •  O prazo para formular alegacións será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo

 

Anuncio principal: Modificación do punto vixésimo primeiro, engadido un novo punto vixésimo segundo e engadido un punto 5 á disposición adicional primeira do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal interino e substitutoTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Educación concede 73 axudas para a matrícula de másteres universitarios para persoas en situación de desemprego

Portal Educación Xunta - Lun, 23/12/2019 - 10:02
Summary: As axudas, que teñen como obxectivo mellorar as perspectivas de incorporación destas persoas ao mercado de traballo, oscilan entre os 591 e os 1.881,60 €, en función do tipo de titulación Idioma Gallego

Un total de 73 persoas son as beneficiarias este ano das axudas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2019/2020, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

A contía de cada axuda individual cubre o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario, segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 73/2019 do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do SUG. En función do tipo de máster que curse o beneficiario o importe máximo de axuda será de 1.881,6 € e o mínimo de 591 €.

Dos 73 bolseiros, 34 cursan o máster na Universidade da Coruña, 20 na de Santiago de Compostela e 19 na de Vigo. Por sexo, 56 son mulleres e 17 son homes. Cómpre sinalar que o máster máis cursado entre os beneficiarios é o do Profesorado (28 bolsas), seguido do de Xestión e Dirección Laboral (5 bolsas) e Comercio Internacional (4 bolsas).

Para optar a esta axuda as persoas candidatas debían estar en situación de desemprego á data de presentación da solicitude, ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017 e estar matriculadas no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, convalidados ou adaptados.

Desde o inicio desta convocatoria, no curso 2013/2014, concedéronse 511 axudas, incluídas as deste ano, por un importe total de 557.210,39 €. O obxectivo desta convocatoria é apoiar os titulados universitarios en situación de desemprego co fin de mellorar as súas perspectivas de incorporación ao mercado de traballo.

Cómpre lembrar que o ano pasado a Consellería decidiu rebaixar os prezos de matrícula dos máster habilitantes ata equiparalos aos dos graos. Deste xeito, Galicia é a Comunidade Autónoma cos prezos medios máis baratos do Estado nestas titulacións -13,5 euros por crédito por debaixo da media estatal, que supera os 25 euros-.

BolsasMásterUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Universidades Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Relación de centros adscritos ás iniciativas de Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria) e Voluntariado de Lectura-A (primaria) para o curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Lun, 23/12/2019 - 09:58
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2019/2020

Achéganse as relacións de centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, ao abeiro da Resolución do 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocaba este programa para o curso 2019/2020: "Voluntariado de lectura -A",  para alumnado de 5º e 6º de Primaria, coa participaciónde 106 centros (un 29% máis que no curso anterior),  e "Voluntariado na Biblioteca Escolar" para alumnado de ensino secundario, na que participan un total de 120 centros (cun incremento do 18% con respecto ao curso 18/19). Bibliotecas Escolares Solidarias é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
 

Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut