¿Como solicitar unha actividade?
O profesorado que desexe realizar unha actividade:
1º) Cumprimentará o formulario de proposta de actividades, que entregará en Vicedirección para a súa aprobación. No caso das familias profesionais debe contar tamén co prace da Xefatura de departamento correspondente.
2º) Unha vez aprobada a actividade pola Dirección o profesorado debe entregar en Vicedirección unha semana antes da actividade a lista de profesorado afectado, para que sexa debidamente informado.
3º) No caso dunha saída do centro o profesorado debe entregar en Vicedirección a lista de alumnado que participa na saída dous días antes da mesma. Tamén entregará ao alumnado a folla de autorización familiar cos datos da saída. Ningún alumno menor de idade pode participar na saída sen esta folla cumprimentada. Estas follas se entregarán na Vicedirección antes da saída.
Programa de actividades para o curso 2009-2010
Direccións de interese para a organización das actividades:
MARCO: Museo de arte contemporánea de Vigo
CAT: Centro de artesanía tradicional de Vigo
CEDAM: Centro de divulgación arqueolóxico municipal