8 de abril Día internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril celebramos no noso centro o día internacional do pobo xitano.

A esta celebración ademáis do noso alumnado e profesorado, acudiron representantes da Fundación Secretariado Xitano de Vigo, cos que traballamos día a día defendendo os dereitos do alumnado xitano e as súas familias. 
Foi unha data moi emocionante onde repartimos chapas e pulseiras feitas polo alumnado, xunto cunha breve exposición e trípticos sobre a historia, orixe, lingua, bandeira, costumes... do pobo xitano.
 
Para conmemorar este día, o alumnado de segundo curso do ciclo superior de telecomunicións durante o segundo trimestre( en colaboración con profesora de FOL Raquel e a mestra de PT atención preferente, ambas coordinadoras de contrato programa Iguálate e Inclúet respectivamente) elaborou unha unidade didáctica chamada " Que sabes do pobo xitano?", co obxectivo de dar cabida a este pobo dentro do currículum nas ensinanzas da ESO e FPB, principalmente dende as materias de Historia e Valores.
 
 
 
 
Ademáis, tamén adxuntamos unha presentación feita polo noso alumnado.
 
Por último, agardamos que desfrutedes dun pequeno vídeo resumo con fotos do propio día.
 
Todos xuntos debemos seguir loitando polos dereitos do pobo xitano! E o principal cambio é...a través dunha educación inclusiva en igualdade de oportunidades.
 
 
AdxuntoTamaño
VID-20240410-WA0000.mp415.83 MB
Formato A4 Que sabes do pobo xitano (1) (1)-comprimido.pdf1.94 MB
VID-20240410-WA0002_reducido.mp422.27 MB