Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para profesorado de FP

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para formación en institucións estranxeiras para profesorado de Ciclos Formativos de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa de cinco días de duración nunha institución estranxeira durante o presente curso académico 2023-24.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de decembro de 2023, inclusive.