Alumnado italiano de Erasmus+ no noso instituto

Durante este curso académico acollemos a 3 alumnos italianos no noso centro. Estudian "Administración, Finanzas e Marketing" e "Telecomunicacións e Sistemas Informáticos" e atópanse integrados nas nosas aulas nos grupos de Ciclos Superiores das ramas de Administración e de Electrónica.

Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.