Entrega premios dos concursos de maios e de ilustracións
Enviado por kikestevez o Sáb, 20/05/2023 - 10:10
No día de onte, 19/5/23, o alumnado de 1º e 2º ESO do IES Ricardo Mella participou na Festa dos Maios, que se celebrou arredor do maio elaborado para este ano, e na que se procedeu ao canto das coplas realizadas para o concurso. Posteriormante realizouse tamán a entrega de premios dos concursos, saíndo vencedor@s @s seguintes traballos:
Concurso de Ilustracións de Fernández del Riego: 1º Premio, Matías (1º ESO); 2º premio, Andrea (1º ESO); 3º premio: Efraín (1º ESO)
Concurso de Coplas: 1º premio ao grupo formado por: Lucía, Mía, Melanie e Hanna (2º ESO)
Vivan as nosas Letras no IES Ricardo Mella! Viva o maio! Viva Don Paco! #edlgmella