PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN CONTRA AS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN CONTRA AS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

O alumnado, e no seu caso as súas familias, que logo das aclaracións co profesorado persista no desacordo coa cualificación final obtida nun módulo, poderá solicitar por escrito a reclamación ante a Dirección do centro, no prazo máximo de dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación da cualificación, a través do modelo establecido ao efecto.

A Dirección emitirá resolución, en base ao informe realizado polo Departamento correspondente, e se tras esta, mantense o desacordo o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante Xefatura Teritorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación.

Os modelos e a información adicional sobre o proceso, pódense atopar no seguintes enlaces:

Modelo Centro

Modelo Xefatura Territorial

Normativa Formación Profesional