17 DE MAIO: DÍA CONTRA A LGTBIFOBIA

O 17 de maio, ademais de celebrar o día das Letras Galegas, comemórase en todo o mundo o día internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia (LGTBIfobia). O obxectivo deste día é denunciar a discriminación que sofren en todo o mundo as persoas LGTBIQA+, co obxectivo de avanzar na realidade efectiva dos seus dereitos en todo o mundo.

Co obxecto de traballar nas vosas aulas a diversidade afectivo-sexual, dende igualdade proponse para este ano, entre outras actividades, o visionado da película "Carmen e Lola". Despois do visionado da película proponse a seguinte ficha para traballar co alumnado: