Mella de corentena 16

 

Aquí vos deixamos un par de recomendacións literarias de María Gil (1º Bac H):

En tempos de corentena, moita xente fai máis uso da internet ca antes, debido a que estamos máis tempo na casa e necesitamos utilizala por motivos de traballo ou por ocio. Porén, non podemos deixar de lado o perigosa que pode ser a rede. Isto é do que nos falan dous libros que lin nestes días e que vos recomendo:

Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas e Mentira de Care Santos.

Ambolosdous libros tratan do tema da internet e o perigoso que este pode chegar a ser se non somos conscientes e precavidas.

Estes libros son moi distintos. Teñen dúas posturas distintas que se poden ter á hora de falar con alguén a través da rede e, sobre todo, teñen finais moi diferentes. Mais ambos están protagonizados por mozas que atopan o amor nas redes sociais.

Como xa dixen, para min ambos os libros foron moi interesantes e aprendín moito deles. O que máis aprendín foi o perigoso que pode ser internet ao falar con xente que non coñeces. Por iso vos recomendo lelos, para que tamén reparedes sobre este temas que, sen dúbida, nos interesa a todas. Anímovos a que os leades e xa me contaredes.

AdxuntoTamaño
Mentira.png117.57 KB