Recórdase ás familias que o alumnado de 1º ESO non terá dereito ao Fondo de libros, xa que este nivel educativo entra no programa edixgal (edixgal e Fondolibros son incompatibles). Con todo, e dado que hai existencias no Banco de libros do instituto, poderanse entregar libros ao alumnado que os precise.
As familias seguen tendo dereito ao cheque escolar.
Está aberto o prazo para a solicitude de becase axudas convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2019-2020 destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e para estudar Bacharelato.
Prazos para presentar a solicitudes:
Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: do 28 de xullo de 2019 ao 26 de setembro de 2019.
Bacharelato: do 1 de agosto de 2019 ao 1 de outubro de 2019.