Skip to Content

Secretaría

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL. INFORMACIÓN E CALENDARIO

Enlace á información xeral sobre as probas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas

 

Enlace ao calendario de inscripción e realización das probas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9041

 

2ª entrega de mascarillas ao alumnado beneficiario

Hoxe día 1 de febreiro entregouse o segundo lote de mascarillas ao alumnado beneficiario desta axuda.

Servirán para os meses de febreiro e marzo.

 

Vacacións Semana Santa

27/03/2021
05/04/2021

Vacacións de Entroido

15/02/2021
17/02/2021

HORA DE ENTRADA E PORTAS CORRESPONDENTES A CADA GRUPO

Véxase no documento actualizado as portas de acceso e as horas de acceso correspondentes a cada curso e grupo

AVISO: desde o día 13 de outubro o horario de acceso para alumnado de 1º ESO ten algunhas modificacións (véxase o documento actualizado)

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Poden consultar as listaxes DEFINITIVAS:

- coa chave 365.

- no taboleiro da entrada ao vestíbulo do centro.

REABERTO PRAZO SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Segundo o disposto pola Consellería restablécese o prazo de presentación das solicitudes de admisión de alumnado polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.

É preferible a solicitude por vía telemática, no sitio web:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Toda a información no portal educativo da Xunta: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31015

PRAZOS:

- Presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-2021: do 11 ao 18 de maio de 2020.

NOTA: Como xa se avisou no seu momento, todo o alumnado dos centros adscritos - CEIP Díaz Pardo, CEIP Vila de Rutis e CEIP Sofía Casanova- que solicitou praza para 1º ESO foi admitido. Por tanto, non precisa entregar documentos para ser baremado

- Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo (para o caso de que o número de solicitudes exceda ao de vacantes. Avisarase a partir do 19 de maio,se é preciso ou non baremar): ata o 26 de maio.

NOTA DO 20/05/2020: dado que as solicitudes de admisión non superan o número de vacantes, non será necesario baremar.

- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 xuño.

- Reclamación contra listaxes provisionais: prazo de 3 días desde a súa publicación.

- Publicación listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño

- Formalización da matrícula ordinaria en Secundaria e Bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.

 

A Administración do centro estará aberta ao público de 10.00 a 13.00 horas.

Dado que o recinto do Parque de Acea da Ama está pechado, cando estean na porta -se esta está pechada- deben chamar ao teléfono do centro 881 96 08 01 para que o persoal do centro baixe a  abrir.

EN BENEFICIO DE TODOS, É RECOMENDABLE O USO DE MASCARILLA PARA ACCEDER AO CENTRO. MANTERASE A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

 

 

 

FONDO DE LIBROS E CHEQUES CURSO 2020-2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 19 xuño (ambos incluídos)

 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut