Skip to Content

Secretaría

LISTAXES COA ASIGNACIÓN DE LIBROS. FONDOLIBROS

No taboleiro situado no vestíbulo do centro pódense consultar as listaxes de Fondolibros, onde figuran os libros que se asignan a cada solicitante.

HORARIO DO CURSO 2020-2021. PRESENTACIÓNS

Durante o ano académico 2020-2021 o horario de clases para todos os grupos do centro será o mesmo que nos cursos pasados:

- de luns a venres(8.30 a 14.10)*

- tarde do luns (16.20 a 18.00)

 

A PRESENTACIÓN DO ALUMNADO SERÁ A PARTIR DO DÍA 23 DE SETEMBRO EN HORARIO E QUENDAS QUE SE PUBLICARÁN PROXIMAMENTE.

 

* a saída pode anticiparse ás 14.00 se o recreo se acorta dez minutos

AVISO: MODIFICACIÓN DOS LIBROS DE 4º

Por erro nas listaxes que se publicaron o 14 de xullo, aparecía libro de texto en Latín e en Iniciación á actividade económica e empresarial (IAEE)

En consecuencia para estas materias, non hai que mercar libro de texto.

 

As listaxes correxidas poden consultarse nesta mesma páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/node/1225

 

 

CHEQUES MATERIAL

A partir do 20 de xullo poderán recollerse os Cheques de material.

Lugar: Conserxería

Horario: de 10.00 a 13.00

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Desde o día 9 de xullo están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo de Libros.

Poden consultarse no taboleiro da entrada ao vestíbulo.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Poden consultar as listaxes DEFINITIVAS:

- coa chave 365.

- no taboleiro da entrada ao vestíbulo do centro.

Continuación do confinamento despois das vacacións de Semana Santa

Extracto do comunicado do día 13 de abril de 2020 da Consellería de Educación:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave.

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

 

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º Bach en EEUU ou Canadá (para alumnado de 4º ESO)

Becas para estudiar 1º Bacharelato en EEUU ou en Canadá durante o curso 2019-2020.

Prazo de presentación: do 24 de setembro ao 30 outubro 2018

Toda a información en 

https://becas.faortega.org/

Distribuir contido


by Dr. Radut